George Lucas
George Walton Lucas, Jr., nado o 14 de maio de 1944 en Modesto (California), é o creador do exitoso fenómeno fílmico de "Star Wars" e posteriormente de Indiana Jones, presidente de Lucasfilm Ltd., LucasArts, e Lucas Digital Ltd, Lucas Licensing, LucasBooks e Lucas Learning Ltd.
George Lucas | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | George Walton Lucas Jr. |
Nacemento | 14 de maio de 1944 |
Lugar de nacemento | Modesto |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Alma máter | Universidade do Sur de California, Downey High School, USC School of Cinematic Arts, Thomas Downey High School e Modesto Junior College |
Ocupación | produtor de cinema, director de cinema, coleccionista de arte, montador, director de fotografía, guionista, actor, escritor, escritor de ciencia ficción, actor de cinema, produtor delegado, empresario, realizador e produtor |
Cónxuxe | Mellody Hobson e Marcia Lucas |
Coñecido por | American Graffiti, THX 1138 e A guerra das galaxias |
Premios | Salón da Fama de California, National Medal of Arts, Premio Kennedy, Disney Legends, Prémio AFI Life Achievement, Science Fiction and Fantasy Hall of Fame, Fellow of the American Academy of Arts and Sciences, Inkpot Award e Premio Hugo á mellor presentación dramática |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |

Traxectoria Editar
Lucas dirixiu a súa primeira obra cinematográfica THX 1138, en 1970. O filme foi producido por American Zoetrope e contou con Francis Ford Coppola como produtor executivo. O filme estaba baseado nunha curtametraxe do propio Lucas gañador de numerosos premios a nivel estatal. En 1971 Lucas forma a súa propia compañía, Lucasfilm Ltd, en San Rafael (California).
En 1973 Lucas dirixiu American Graffiti, un filme sobre autos e xoves. O filme gañou o Globo de Ouro, o New York Film Critics e o premio da National Society of Film Critics. Obtivo tamén 5 nomeamentos aos Oscars.
Catro anos despois, Lucas escribiu e dirixiu A guerra das galaxias (posteriormente rebautizada como Star Wars Episode IV: A New Hope), un filme que bateu tódolos récords de venda de entradas e gañou sete Oscars da academia. Lucas iniciou a historia de O imperio contraataca (Episodio V) e O retorno do Jedi (Episodio VI), das cales tamén foi produtor executivo. En 1980 escribiu e produciu Na busca da arca perdida, dirixida por Steven Spielberg, obtendo 5 premios da academia. Tamén foi co-produto e creador da historia de Indiana Jones e o templo maldito, estreada en 1984, nomeada a 2 premios da Academia e obtendo un Oscar por efectos especiais.
O último proxecto de Lucasfilm foi rematar a nova triloxía de "A Guerra das Galaxias". Star Wars: Episode I - The Phantom Menace, da nova triloxía, foi escrita, dirixida e producida por George Lucas e saíu ao público o 19 de maio de 1999. En maio de 2002 estreouse a segunda parte, Star Wars: Episode II - Attack of the Clones, tamén dirixida e producida por el. O capítulo final da nova triloxía, Star Wars: Episode III - Revenge of the Sith, que abre as portas á triloxía clásica, estreouse o 19 de maio de 2005, quedando a saga finalizada.
Filmografía Editar
- THX-1138 (1970): Director, guionista.
- American Graffiti (1973): Director, guionista.
- A guerra das galaxias (1977): Director, guionista, produtor executivo.
- O imperio contraataca (1980): Produtor executivo, guionista.
- O retorno do Jedi (1983): Produtor executivo, guionista.
- Na busca da arca perdida (1981): Produtor executivo, guionista.
- Indiana Jones e o templo maldito (1985): Produtor executivo e guionista.
- Howard o pato (1986): Produtor executivo.
- En busca do val encantado (1987): Produtor executivo.
- Willow (1988): Produtor executivo.
- Tucker (1988): Produtor executivo.
- Indiana Jones e a última cruzada (1989): Produtor executivo.
- Parque Xurásico (1993): Editor.
- Star Wars: Episode II - Attack of the Clones (1999): Director, produtor executivo, guionista.
- Parque Xurásico III (2000): Produtor executivo.
- Star Wars: Episode II - Attack of the Clones (2002): Director, produtor executivo, guionista.
- Star Wars: Episode III - Revenge of the Sith (2005): Director, produtor executivo e guionista.
George Lucas en persoa apareceu na súa última película, Star Wars: Episode III - Revenge of the Sith, interpretando un personaxe extra chamado Baron Papanoida.
Este artigo sobre cine é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |