American Graffiti

American Graffiti é unha película estadounidense do ano 1973 dirixida por George Lucas. En 1995 a Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América considerou a película como «culturalmente, historicamente ou esteticamente relevante» e foi elixida para a súa preservación no National Film Registry. Fíxose unha secuela da película en 1979, Máis American Graffiti.[2]

American Graffiti
Ficha técnica
DirectorGeorge Lucas
ProdutorFrancis Ford Coppola
Gary Kurtz
Guión
  • George Lucas
  • Gloria Katz
  • Willard Huyck
Intérpretes
FotografíaRon Eveslage
Jan D'Alquen
MontaxeVerna Fields
Marcia Lucas
EstudioUniversal Studios
DistribuidoraUniversal Studios
EstreaSuíza 2 de agosto de 1973 (Locarno)
11 de agosto de 1973
Duración112 min.
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroComedia dramática
Orzamento777 000 $[1]
Recadación140 000 000 $[1]
Filme seguinteMáis American Graffiti
Na rede
http://lucasfilm.com/american-graffiti
IMDB: tt0069704 Filmaffinity: 563823 Allocine: 37040 Rottentomatoes: m/american_graffiti Mojo: americangraffiti Allmovie: v1971 TCM: 19449 Metacritic: movie/american-graffiti TV.com: movies/american-graffiti Netlix: 70019013Editar o valor em Wikidata

Argumento editar

Un grupo de adolescentes de Modesto, California saen de xolda a última noite de verán de 1962 xa que ó día seguinte cada un deles emprenderá un camiño diferente, afrontando as súas responsabilidades como adultos.

Personaxes editar

  • Richard Dreyfuss como Curt Henderson
  • Ron Howard como Steve Bolander
  • Paul Le Mat como John Milner
  • Candy Clark como Debbie Dunham
  • Mackenzie Phillips como Carol Morrison
  • Cindy Williams como Laurie Henderson
  • Wolfman Jack como el mesmo
  • Bo Hopkins como Joe Young
  • Manuel Padilla Jr. como Carlos
  • Harrison Ford como Bob Falfa
  • Lynne Marie Stewart como Bobbie Tucker
  • Terry McGovern como Sr. Wolfe
  • Kathleen Quinlan como Peg
  • Scott Beach como Sr. Gordon
  • Susan Richardson como Judy
  • Kay Lenz como Jane
  • Joe Spano como Vic
  • Debralee Scott como a moza de Falfa
  • Suzanne Somers como a loura no T-Bird

Galardóns e nomeamentos editar

A película ganou dous Globos de Ouro en 1974 a mellor película - comedia ou musical e mellor actor revelación, concedido a Paul Le Mat, foi nomeada tamén a mellor director e a mellor actor - comedia ou musical (Richard Dreyfuss). Tamén obtivo cinco nomeamentos ós Premios Óscar; a mellor película, mellor director, mellor actriz secundaria (Candy Clark), mellor guión orixinal e mellor montaxe. Outros nomeamentos destacados son mellor actriz secundaria para Cindy Williams nos BAFTA, Goerge Lucas para o Directors Guild of America Award for Outstanding Directing e mellor comedia orixinal para o Writers Guild of America. Foi escollida polo American Film Institute como unha das mellores películas de cine estadounidense, nunha lista elaborada para conmemorar os 100 anos do cinema en 1998.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "American Graffiti (1973) - Financial Information". The Numbers. Consultado o 18-01-2019. 
  2. "Televisión - Canales autonómicos". ABC (en castelán). 09-03-1992. p. 134. Consultado o 19-01-2019. 

Véxase tamén editar