Steven Spielberg

director de cine estadounidense

Steven Allan Spielberg, nado en Cincinnati (Ohio) o 18 de decembro de 1946, é un director de cine estadounidense. Foi sete veces candidato ao Óscar ó mellor director, obténdoo en dúas ocasións, cos filmes A lista de Schindler (1993) e Saving Private Ryan (1998). Tres das súas películas lograron converterse no filme de maior recadación no seu momento: Tiburón (1975), E.T. the Extra-Terrestrial (1982) e Parque Xurásico (1993). Foi condecorado coa Orde do Imperio Británico e a National Humanities Medal.

Modelo:BiografíaSteven Spielberg

(2023) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Steven Allan Spielberg Editar o valor en Wikidata
18 de decembro de 1946 Editar o valor en Wikidata (77 anos)
Cincinnati (Estados Unidos de América) Editar o valor en Wikidata
Presidente do xurado do Festival de Cannes

← Nanni MorettiJane Campion → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónXudaísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónCalifornia State University, Long Beach (en) Traducir (–2002)
Saratoga High School (en) Traducir (–1965)
Arcadia High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura170 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilme, dirección de cine, Produción de cinema e guión cinematográfico Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Hollywood Editar o valor en Wikidata
Ocupacióndirector de cinema, produtor de televisión, montador, produtor delegado, realizador, escritor, produtor, emprendedor, actor de cinema, empresario, guionista, escritor de ciencia ficción, produtor de cinema, coleccionista de arte, actor, guionista de cinema Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1969 Editar o valor en Wikidata -
Partido políticoPartido Demócrata Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoFilme de suspense, cinema dramático, cinema de ciencia ficción, Cinema de terror, filme de acción, cinema de aventuras, cinema de terror psicolóxico, cinema bélico, filme sobre crime, cinema de suspense psicolóxico, filme de fantasía, cinema de comedia, natural horror film (en) Traducir, science fiction horror film (en) Traducir e filme de misterio Editar o valor en Wikidata
Participou en
2016commencement at the Harvard University (en) Traducir
Reto do balde de xeo Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeKate Capshaw (1991–)
Amy Irving (1985–1989) Editar o valor en Wikidata
FillosJessica Capshaw
 () Kate Capshaw
Max Spielberg
 () Amy Irving
Theo Spielberg
 () Kate Capshaw
Sasha Spielberg
 () Kate Capshaw
Sawyer Spielberg
 () Kate Capshaw
Destry Allyn Spielberg
 () Kate Capshaw Editar o valor en Wikidata
PaiArnold Spielberg Editar o valor en Wikidata
IrmánsAnne Spielberg Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteLentapedia
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
Sitio webamblin.com… Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0000229 Allocine: 471 Rottentomatoes: celebrity/steve_spielberg Allmovie: an3386 0 Metacritic: person/steven-spielberg TV.com: people/steven-spielberg IBDB: 82244
BNE: XX911658 Last fm: Steven+Spielberg Musicbrainz: b3721f66-4379-44d1-947a-79d1c95b6b9f Discogs: 918431 Allmusic: mn0001018438 WikiTree: Spielberg-15 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Criouse nos suburbios de Haddonfield (Nova Jersey) e Scottsdale (Arizona). Spielberg estivo sempre abraiado coa industria do cine. De neno, cobraba entradas para as súas películas caseiras (que incluían accidentes de trens que el representaba co seu xogo de trens Lionel). Con 12 anos xa tiña rematada a súa primeira produción con guión e actores incluídos. Un ano despois, Spielberg gañou un premio por unha película de guerra de 40 minutos de duración titulada Escape to Nowhere. En 1963, con 16 anos, a súa produción de 140 minutos Firelight, que tempo despois lle inspiraría para realizar Encontros na terceira fase, foi presentada no teatro local e deulle 100$ de ganancias.

Logo de que se lle negara a entrada a escolas cinematográficas tradicionais, Spielberg entrou na universidade de California en Long Beach para estudar inglés. Posteriormente obtivo un Bachelor of Arts en inglés e estudou cine. A súa carreira cinematográfica comezou cando baixou dun bus turístico nos estudios Universal en Hollywood e deambulou ata atopar unhas oficinas abandonadas e que converteu en súas. Co paso do tempo ata os gardas de seguridade saudábano sen preguntar quen era.

Inicios da carreira profesional

editar

Co tempo, Spielberg comezou a producir Amblin'. Esta película de só 24 minutos converteuno no director máis novo en obter un contrato co estudio de Hollywood máis grande (Universal). A película tivo un orzamento de 15.000$ postos por un amigo. Amblin gañou varios premios en diferentes festivais e incluso foi presentada no Festival de cine de Atlanta en 1969. Daquela Spielberg xa tiña firmado un contrato de 7 anos para a división de televisión. Despois de catro anos e varios programas de televisión, dirixiu unha película para televisión chea de suspense chamada O demo sobre rodas, que foi aclamada tanto por críticos como pola audiencia. Finalmente, a película estreouse nos cines.

Porén, Spielberg non acadou a entrada definitiva na industria do cine ata dirixir Viaxe a Sugarland en 1974. Foi Tiburón (Jaws) a película que o converteu nun dos directores máis famosos e importantes do mundo. En 1977 dirixe Encontros na terceira fase, película pola que obtivo un nomeamento ó Óscar como mellor director.

Malia os seus primeiros éxitos, Spielberg fracasa ó dirixir 1941, unha comedia sobre a segunda guerra mundial. Despois disto, únese co seu amigo George Lucas para rodar Na busca da arca perdida, coa personaxe de Indiana Jones encarnada por Harrison Ford. A película deulle outro nomeamento ó Óscar como mellor director.

Volvendo a ciencia ficción e a exploración de vida extraterrestre, Spielberg dirixe en 1982 E.T. the Extra-Terrestrial, converténdose na película máis exitosa do momento e nun clásico do cine. Por esta película recibiu premios coma o da Sociedade Nacional de Críticos de Cine (National Society of Film Critics) como mellor director e tamén por parte da Asociación de Críticos de Cine dos Ánxeles.

Despois de dirixir as continuacións de Indiana Jones, Indiana Jones e o templo maldito e Indiana Jones e a última cruzada, Spielberg dirixiu A cor púrpura (The Color Purple) en 1985, en resposta a aqueles que pensaban que non podería dirixir un drama. A pesar de non ser unha película de éxito na billeteira, recibiu 11 nomeamentos ós premios Óscar.

En 1987 rodou O imperio do sol, mentres que Always, para sempre foi lanzada en 1989, seguíndolle dous anos máis tarde Hook, o capitán Garfo, todas elas películas de pouco éxito.

En 1993 Spielberg sorprendeu ó mundo con Parque Xurásico (Jurassic Park), unha historia de dinosauros creados por manipulación xenética, e cunha película tributo a Oskar Schindler, A lista de Schindler. Mentres que a primeira recadou 100 millóns de dólares en tan só 9 días, coa segunda obtivo o Óscar a mellor película e ó mellor director.

En 1997 Spielberg estreou a segunda parte de Parque Xurásico, The Lost World: Jurassic Park, e tamén dirixiu Amistad, pola que recibiu unha nomeamento ó Globo de Ouro ó mellor director. En 1998 dirixiu Salvar ó soldado Ryan (Saving Private Ryan), un drama protagonizado por Tom Hanks e Matt Damon. Por esta película conseguiu outro Óscar ó mellor director.

En 2001 dirixe A.I. Artificial Intelligence, con Jude Law e Haley Joel Osment, película baseada na posibilidade de que os robots poden ser tan reais como para ter a capacidade de sentir coma os humanos. En 2002 estreou Minority Report, con Tom Cruise, outra película futurista na que se combina a tecnoloxía co fantástico. O seu argumento trata dunha tecnoloxía que pode descubrir a asasinos antes de que cometan os seus crimes.

En 2002 dirixe Catch Me If You Can, coas actuacións de Leonardo DiCaprio e Tom Hanks, baseada na historia real dun home que estafou e enganou a moita xente facéndose pasar por multitude de persoas.

Producións

editar
 
Steven Allan Spielberg.

Spielberg produciu Poltergeist, Back to the Future, Os Picapedra, Casper, Men in Black (Homes de negro), Deep Impact e A máscara do Zorro, entre outras.

Tamén durante a década dos noventa produciu debuxos animados coma As aventuras dos Tiny Toons e Animaníacos.

Ademais de fundar a súa propia produtora (Amblin Entertainment), Spielberg fundou DreamWorks SKG con Jeffrey Katzenberg e David Geffen en 1994. Este estudio é responsable de películas como American Beauty, Gladiator, Cast Away e a de animación por ordenador Shrek, entre outras.

Entre a lista de premios que Spielberg recibiu están: o Distinguished Public Service Award da Mariña dos Estados Unidos por Saving Private Ryan e o Premio ós logros dunha vida do American Film Institute.

Spielberg non é soamente recoñecido polo seu traballo como director, senón tamén polas súas accións de caridade para organizacións da segunda guerra mundial e a Righteous Persons Foundation (a cal concede diñeiro a varios proxectos xudeus, especialmente organizacións en memoria do Holocausto. Tamén forma parte da Xunta de Conselleiros da Escola de Cine-Televisión da Universidade do Estado de California.

Steven Spielberg está casado coa actriz Cate Capshaw, a quen coñeceu durante as audicións para a película Indiana Jones e o templo maldito.

Filmografía

editar

Cinema

editar
Ano Título Director Produtor Guionista Actor
1959 The Last Gun Si Si
1961 Fighter Squad Si Si
Escape to Nowhere Si Si Si
1964 Firelight Si Si
1968 Amblin' Si Si
1971 Duel Si
1972 O influxo do mal Si
1974 Viaxe a Sugarland Si Si
1975 Tiburón Si
1977 Encontros na terceira fase Si Si
1978 I Wanna Hold Your Hand Si
1979 1941 Si
1980 The Blues Brothers Si
Used Cars Si
1981 Continental Divide Si
Na busca da arca perdida Si
1982 E.T. the Extra-Terrestrial Si Si
Poltergeist Si Si
1983 Twilight Zone: The Movie Si Si
1984 Gremlins Si Si
Indiana Jones e o templo maldito Si
Room 666 Si
1985 Fandango Si
Back to the Future Si Si
A cor púrpura Si Si
Os Goonies Si Si
Young Sherlock Holmes Si
1986 Fievel e o novo mundo Si
The Money Pit Si
1987 Os nosos marabillosos aliados Si
O imperio do sol Si Si
Bigfoot Si
Innerspace Si
Three O'Clock High Si
1988 The Land Before Time Si
Quen enganou a Roger Rabbit? Si
1989 Always, para sempre Si Si
Regreso ó futuro II Si
Dad Si
Indiana Jones e a última cruzada Si
1990 Arachnophobia Si
Dreams Si
Back to the Future Part III Si
Gremlins 2: The New Batch Si
Joe Versus the Volcano Si
Roller Coaster Rabbit Si
1991 A Wish for Wings That Work Si
An American Tail: Fievel Goes West Si
Cape Fear Si
Hook, o capitán Garfo Si
Tiny Toon Adventures: How I Spent My Vacation Si
A Brief History of Time Si
1993 Parque Xurásico Si Si
We're Back! A Dinosaur's Story Si
A lista de Schindler Si Si
1994 The Flintstones Si
1995 Casper Si
Balto Si
1996 Twister Si
1997 The Lost World: Jurassic Park Si Si
Men in Black Si
Amistad Si Si
1998 Saving Private Ryan Si Si
The Last Days Si
A máscara do Zorro Si
Deep Impact Si
1999 Wakko's Wish Si
2000 Shooting War Si
2001 A.I. Artificial Intelligence Si Si Si
Jurassic Park III Si
Stanley Kubrick: A Life in Pictures Si
Vanilla Sky Si
2002 Minority Report Si
Homes de negro II Si
Austin Powers in Goldmember Si
Catch Me If You Can Si Si
2003 Double Dare Si
2004 The Cutting Edge: The Magic of Movie Editing Si
The Terminal Si Si
2005 Directed by John Ford Si
War of the Worlds Si
The Legend of Zorro Si
Memorias dunha gueixa Si
Munich Si Si
2006 Bandeiras de nosos pais Si
Cartas de Iwo Jima Si
Monster House Si
The Shark Is Still Working Si
2007 Transformers Si
2008 Indiana Jones and the Kingdom of the Crystal Skull Si
Eagle Eye Si
2009 Transformers: Revenge of the Fallen Si
The Lovely Bones Si
2010 Hollywood Don't Surf! Si
Alén da vida Si
Valor de lei Si
2011 Paul Si
Super 8 Si
Transformers: Dark of the Moon Si
Cowboys & Aliens Si
Real Steel Si
The Adventures of Tintin Si Si
War Horse Si Si
2012 Men in Black 3 Si
Lincoln Si
2013 The Delivery Man Si
2014 Jurassic Park IV Si
Transformers: a era da extinción Si Si
2015 The Adventures of Tintin: Prisoners of the Sun Si
Jurassic World Si
Bridge of Spies Si Si
2016 The BFG Si Si
Finding Oscar Si
2017 Transformers: o último cabaleiro Si
Os arquivos do Pentágono Si Si
2018 Ready Player One Si Si
Jurassic World: Fallen Kingdom Si
Bumblebee Si
2021 West Side Story Si Si
2022 The Fabelmans Si Si Si

Televisión

editar

Filmografía sen acreditar

editar

Spielberg ten traballado como produtor ou como produtor executivo en sete producións cinematográficas nas que non saíu nos créditos.[1][2]

Ano Título Notas
1998 The Prince of Egypt
1999 The Haunting
2001 Shrek
2001 Evolution
2002 Road to Perdition
2005 Just Like Heaven
2007 Disturbia

Filmes máis rendíbeis

editar

Esta é unha listaxe dos dez filmes máis rendíbeis dirixidos por Spielberg. Os filmes de Spielberg teñen acumulado máis de $8,5 billóns cunha media de $236 millóns por filme.

Clasificación Título Recadación mundial Ano
1 Parque Xurásico $915 millóns 1993
2 E.T. the Extra-Terrestrial $793 millóns 1982
3 Indiana Jones and the Kingdom of the Crystal Skull $787 millóns 2008
4 The Lost World: Jurassic Park $619 millóns 1997
5 War of the Worlds $592 millóns 2005
6 Saving Private Ryan $482 millóns 1998
7 Indiana Jones e a última cruzada $474 millóns 1989
8 Tiburón $471 millóns 1975
9 Na busca da arca perdida $390 millóns 1981
10 The Adventures of Tintin $374 millóns 2011

Galardóns e nomeamentos

editar
Ano Título Nomeamentos
ós
Óscar
Premios
Óscar
Nomeamentos
ós
Globos de Ouro
Premios
Globos de Ouro
Nomeamentos
ós
BAFTA
Premios
BAFTA
1975 Tiburón 4 3 4 1 3 1
1977 Encontros na terceira fase 8 2 4
1979 1941 3
1981 Na busca da arca perdida 9 5 1 2
1982 E.T. the Extra-Terrestrial 9 4 5 1 2
1984 Indiana Jones e o templo maldito 2 1 1
1985 A cor púrpura 11 5 1
1987 O imperio do sol 6 2 6 3
1989 Indiana Jones e a última cruzada 3 1 1 3
1991 Hook, o capitán Garfo 5 1
1993 Parque Xurásico 3 3 2 1
1993 A lista de Schindler 12 7 6 3 11 7
1997 The Lost World: Jurassic Park 1
1997 Amistad 4 4
1998 Saving Private Ryan 11 5 5 3 10 2
2001 A.I. Artificial Intelligence 2 3 1
2002 Minority Report 1 1
2002 Catch Me If You Can 2 1 4 1
2005 War of the Worlds 3
2005 Munich 5 2
2008 Indiana Jones and the Kingdom of the Crystal Skull 1
2011 The Adventures of Tintin 1 1 1 1
2011 War Horse 6 2 5
2012 Lincoln 12 2 7 1 10 1
Total 123 33 54 11 62 16

Véxase tamén

editar