Abrir o menú principal

Transformers: Revenge of the Fallen

Transformers: Revenge of the Fallen é un filme norteamericano de ciencia ficción que tivo a súa estrea o 19 de xuño de 2009 no Reino Unido e o 24 de xuño nos Estados Unidos. É unha secuela do filme de 2007, Transformers. Michael Bay e Steven Spielberg volveron a dirixir e producir, respectivamente, este segundo filme da serie con Shia LaBeouf no papel de Sam Witwicky, o humano que se ve involucrado na guerra entre autobots e decepticons, tamén actúan Megan Fox, Josh Duhamel, Tyrese Gibson e John Turturro. Nesta entrega o número de transformers aumenta significativamente, situándose gran parte da acción en Exipto, aínda que a rodaxe que comezou en maio de 2008 realizouse sobre todo nos Estados Unidos.