seaQuest DSV foi unha serie televisiva de ciencia ficción creada por Rockne S. O'Bannon. Foi emitida orixinalmente pola NBC entre 1993 e 1996. Na súa última temporada o seu nome foi cambiado a seaQuest 2032.

SeaQuest DSV

Tiposerie de televisión Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticociencia ficción Editar o valor en Wikidata
Lingua orixinallingua inglesa Editar o valor en Wikidata
Autoría
Creador/aRockne S. O'Bannon Editar o valor en Wikidata
Interpretado porJohn Debney Editar o valor en Wikidata
Compositor/aDon Davis Editar o valor en Wikidata
Director/a fotografíaStephen McNutt Editar o valor en Wikidata
Temática
Universo ficticioSeaquest DSV universe (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Publicación
País orixeEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Produtor/aJohn Debney Editar o valor en Wikidata
Distribuidor/aNBCUniversal Syndication Studios Editar o valor en Wikidata
Emisora orixinalNational Broadcasting Company e La 1 Editar o valor en Wikidata
Datas
Comezo12 de setembro de 1993 e 22 de febreiro de 1995 Editar o valor en Wikidata
Remate9 de xuño de 1996 Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Duración45 minutos Editar o valor en Wikidata
Episodios57 Editar o valor en Wikidata
Tempadas3 Editar o valor en Wikidata
Composto por
Contacto
RedesIMDB: tt0106126 Filmaffinity: 239564 Allocine: 2979 Rottentomatoes: tv/seaquest_dsv Allmovie: v338510 Metacritic: tv/seaquest-dsv TV.com: shows/seaquest-dsv Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] C:Commons ]

Ambientada no "Futuro Próximo", seaQuest mesturaba ao principio drama con ciencia ficción de carácter realista. Estaba protagonizada por Roy Scheider como Nathan Bridger, capitán do submarino seaQuest DSV 4600, Jonathan Brandis como Lucas Wolenczak, un xenio dos computadores adolescente, e Stephanie Beacham como Kristin Westphalen, a oficial xefe do equipo médico e cabeza do departamento científico do seaQuest. Steven Spielberg expresou interese no proxecto e foi produtor executivo da serie durante as dúas primeiras temporadas.

A rodaxe da primeira temporada estivo marcada polas disputas entre produtores, cambios na dirección e incluso un terremoto. A serie foi o suficientemente popular para duraren dúas temporadas e media, aínda que foi bruscamente cancelada na metade da terceira.

Roy Scheider narraba o voice-over nos créditos de apertura dos episodios da primeira temporada:

O século XXI: a humanidade colonizou a última rexión inexplorada da Terra; o océano. Como capitán do seaQuest e máis a súa tripulación, somos os seus gardas. Posto que baixo a superficie encontrase o futuro.'