Hook, o capitán Garfo

filme dirixido por Steven Spielberg

Hook, o capitán Garfo (en inglés: Hook) é un filme estadounidense de aventuras dirixido por Steven Spielberg que se estreou en 1991. O guión é obra de James V. Hart e Malia Scotch Marmo, e está protagonizado por Robin Williams como Peter Pan/Peter Banning, Dustin Hoffman como Capitán Garfo, Julia Roberts como Campaíña, Bob Hoskins como Smee, Maggie Smith como Avoa Wendy, Caroline Goodall como Moira Banning e Charlie Korsmo como Jack Banning. O filme é unha sorte de secuela da novela de J. M. Barrie Peter and Wendy, e conta a historia dun Peter Pan adulto que esqueceu a fantasía da súa nenez. Agora coñecido como "Peter Banning", é un avogado de éxito con muller e dous fillos. Garfo secuestra ós seus nenos, e Peter debe volver a "Nunca Xamais" para recuperar o seu espírito aventureiro para poder enfrontarse ó seu inimigo.

Hook, o capitán Garfo
Tipofilme Editar o valor en Wikidata
Forma artísticalongametraxe Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticofilme de fantasía, filme de acción, cinema de comedia, filme de piratas, filme baseado nunha novela, filme de capa e espada e filme baseado nun conto de fadas Editar o valor en Wikidata
Lingua orixinallingua inglesa Editar o valor en Wikidata
Autoría
Interpretado porJohn Williams Editar o valor en Wikidata
Director/aSteven Spielberg Editar o valor en Wikidata
Compositor/aJohn Williams Editar o valor en Wikidata
GuionistaJames V. Hart, Malia Scotch Marmo (pt) Traducir, Nick Castle (pt) Traducir e James Matthew Barrie Editar o valor en Wikidata
Director/a fotografíaDean Cundey (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Editor/a de cineMichael Kahn Editar o valor en Wikidata
Deseñador/a produciónNorman Garwood Editar o valor en Wikidata
Deseñador/a vestiarioAnthony Powell Editar o valor en Wikidata
Temática
Tema principalpirataría, relación pai-fillo, resgate (pt) Traducir, Ética do trabalho (pt) Traducir, adultez, Infancia, rivalidade e equilíbrio entre o trabalho e a vida pessoal (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Inspirado enPeter Pan e Wendy Editar o valor en Wikidata
Ambientado enLondres, San Francisco e País de Nunca Xamais Editar o valor en Wikidata
Época ambientaciónSéculo XX Editar o valor en Wikidata
Publicación
País orixeEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Produtor/aKathleen Kennedy, Frank Marshall, Gerald R. Molen e James V. Hart Editar o valor en Wikidata
Produtor/a executivoDodi Al-Fayed (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Compañía produtoraAmblin Entertainment Editar o valor en Wikidata
Distribuidor/aInterCom, Netflix e Ivi.ru Editar o valor en Wikidata
Recadación300.854.823 $ Editar o valor en Wikidata
Custo70.000.000 $ Editar o valor en Wikidata
Formato de distribuciónvídeo baixo demanda Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Duración2 horas e 16 minutos Editar o valor en Wikidata
Localización
Localización rodaxeOs Ánxeles e Londres Editar o valor en Wikidata
Premios
Contacto
RedesIMDB: tt0102057 Filmaffinity: 397537 Allocine: 7280 Rottentomatoes: m/hook Mojo: hook Allmovie: v23072 TCM: 21019 Metacritic: movie/hook BNE: XX3828989 Netlix: 600346 Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] C:Commons ]

Spielberg comezou a desenvolver o filme a comezos dos anos 1980 con Walt Disney Productions e Paramount Pictures. Peter Pan entrou en pre produción en 1985, pero Spielberg abandonou o proxecto. James V. Hart creou un novo guión xunto co director Nick Castle e TriStar Pictures antes de que Spielberg decidise dirixilo en 1989. Hook foi rodado completamente en escenarios de Sony Pictures Studios en Culver City (California). Malia ter un mal recibimento por parte dos críticos, foi un éxito de recadación e foi nomeado en varias categorías da 64ª edición dos Oscar. A partir do filme realizáronse videoxogos, figuras de acción e adaptacións á banda deseñada.

Sinopse

editar

Peter Pan (Robin Williams) é un prestixioso avogado e ten unha encantadora familia, pero perdeu o contacto con algo marabilloso: a súa infancia. Porén, cando os seus fillos son secuestrados polo seu antigo inimigo, o Capitán Garfo (Dustin Hoffman), e son levados ó País de Nunca Xamais, tamén el terá que viaxar a ese reino encantado, onde, coa axuda de Campaíña (Julia Roberts), poderá recuperar non só ós seus fillos, senón tamén ó neno que un día foi.

Personaxes

editar

Galardóns e nomeamentos

editar

1991: 5 nomeamentos ó Oscar: dirección artística, canción, vestiario, maquillaxe e efectos visuais. 1991: Nomeada ó Globo de Ouro: Mellor actor comedia ou musical (Dustin Hoffman).

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar