Maggie Smith
Margaret Natalie Smith,[1][2] nada en Ilford (Essex) o 28 de decembro de 1934, e finada en Londres o 27 de setembro de 2024, foi unha actriz de cinema, teatro e televisión británica.
Traxectoria
editarComezou a súa carreira teatral na universidade, actuando no Oxford Playhouse en 1952, e debutou profesionalmente en Broadway en New Faces of '56. Apareceu por primeira vez no cinema en 1956, nun papel sen acreditar como convidade a unha festa no drama británico Child in the House[3] e recibiu os primeiros eloxios polo filme Nowhere to Go (1958), polo que recibiu a súa primeira candidatura aos premios da BAFTA.[4] En 1960 conseguiu a súa primeira candidatura ao óscar por interpretar a Desdémona en Othello, dirixido por Laurence Olivier.
Gañou o oscar á mellor actriz en 1969 por The Prime of Miss Jean Brodie, gañando tamén o de mellor actriz secundaria por California Suite nove anos despois.[5] Por este papel é a única persoa que gañou un óscar por interpretar a unha candidata ficticia ao óscar.[6]
Nas seguintes décadas continuou alternando traballos no teatro e no cinema, con filmes como Unha habitación con vistas, Gosford Park ou a serie de películas de Harry Potter.
En 2010 comezou a súa intervención na serie de televisión Downton Abbey.
Modelo
editarEn 2023, con 88 anos, converteuse como modelo da imaxe da colección de outono-inverno de Loewe despois de anuncialo o seu director creativo Jonathan Anderson, a través de Instagram.[5][7]
Filmografía
editarAno | Filme |
---|---|
1958 | Nowhere to Go |
1962 | Go to Blazes |
1963 | Hotel Internacional |
1964 | The Pumpkin Eater |
1965 | Othello |
1965 | Young Cassidy |
1967 | The Honey Pot |
1968 | Hot Millions |
1969 | The Prime of Miss Jean Brodie |
1969 | Oh! What a Lovely War |
1972 | Viaxes coa miña tía |
1973 | Love and Pain and the Whole Damm Thing |
1976 | Murder by Death |
1978 | Death on the Nile |
1978 | California Suite |
1981 | Quartet |
1981 | Loita de titáns |
1982 | Evil Under the Sun |
1982 | The Missionary |
1983 | Better Late Than Never |
1984 | A Private Function |
1984 | Lily in Love |
1985 | Unha habitación con vistas |
1987 | The Lonely Passion of Judith Hearne |
1991 | Hook, o capitán Garfo |
1992 | Sister Act |
1993 | Sister Act 2: Back in the Habit |
1993 | The Secret Garden |
1995 | Richard III |
1996 | The First Wives Club |
1997 | Washington Square |
1999 | Curtain Call |
1999 | The Last September |
1999 | Tea with Mussolini |
2001 | Gosford Park |
2001 | Harry Potter e a pedra filosofal |
2002 | Harry Potter e a Cámara dos Segredos |
2002 | Divine Secrets of the Ya-Ya Sisterhood |
2004 | Harry Potter e o preso de Azkaban |
2004 | Ladies in Lavender |
2005 | Keeping Mum |
2005 | Harry Potter e o cáliz de fogo |
2007 | Harry Potter e a Orde do Fénix |
2007 | Becoming Jane |
2009 | Harry Potter e o misterio do príncipe |
2009 | From Time to Time |
2010 | Nanny McPhee and the Big Bang |
2011 | Harry Potter e as reliquias da morte (2ª parte) |
2012 | The Best Exotic Marigold Hotel |
2012 | Quartet |
2014 | My Old Lady |
2015 | The Second Best Exotic Marigold Hotel |
The Lady in the Van | |
2018 | Sherlock Gnomes |
Nothing Like a Dame | |
2019 | Downton Abbey |
2021 | A Boy Called Christmas |
2022 | Downton Abbey: A New Era |
2022 | A German Life |
2022 | The Miracle Club |
Notas
editar- ↑ "Maggie Smith | British actress". Encyclopædia Britannica.
Maggie Smith, in full Dame Margaret Natalie Smith
- ↑ "Maggie Smith". biography.com (en inglés). 29 de xuño de 2020. Consultado o 25 de outubro de 2023.
- ↑ The Oxford Encyclopedia of Theatre and Performance. Oxford University Press. 2012. ISBN 978-0-19172-781-8.
- ↑ "Film in 1959". British Academy of Film and Television Arts. Consultado o 1 de xaneiro de 2014.
- ↑ 5,0 5,1 Delgado Barroso, Jesús (24 de outubro de 2023). "Maggie Smith, la sorprendente nueva imagen de Loewe". elpais.com (en castelán). Consultado o 25 de outubro de 2023.
- ↑ "Oscars 2016: Dame Maggie Smith tipped as candidate for Best Actress for role in The Lady in The Van". The Independent. 9 de novembro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2021. Consultado o 15 de febreiro de 2021.
- ↑ Nicolás, Araceli (25 de outubro de 2023). "La actriz Maggie Smith se convierte en modelo a los 88 años". abc.es (en castelán). Consultado o 25 de outubro de 2023.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Maggie Smith |
Bibliografía
editar- Maggie Smith: A Bright Particular Star por Michael Coveney, Victor Gollancz Ltd, setembro de 1992, ISBN 0-575-05188-4. Posteriormente revisado como Maggie Smith: A Biography, 2015. ISBN 978-1-250-11718-2
- Maggie Smith. A View From The Stalls por Caroline Février, The Book Guild Ltd, publicado o 28 de marzo de 2018, 330 páxinas, ISBN 978-1912083411.