Harry Potter e as reliquias da morte (2ª parte)

Harry Potter e as reliquias da morte (2ª parte) é unha película de fantasía e drama[3] dirixida por David Yates e a segunda das dúas baseadas na novela homónima escrita por J. K. Rowling. É o oitavo e último filme da serie de filmes de Harry Potter. Foi escrito por Steve Kloves e producido por David Heyman, David Barron e Rowling. A historia céntrase na busca que emprende Harry Potter co obxectivo de atopar e destruír os restantes Horcrux creados por Lord Voldemort. A película está protagonizada por Daniel Radcliffe como Harry Potter, con Rupert Grint e Emma Watson como os mellores amigos de Harry, Ron Weasley e Hermione Granger. O resto do elenco inclúe a Ralph Fiennes, Michael Gambon, Alan Rickman, Helena Bonham Carter e Maggie Smith.

Harry Potter e as reliquias da morte (2ª parte)
Ficha técnica
Título orixinalHarry Potter and the Deathly Hallows – Part 2
DirectorDavid Yates
ProdutorDavid Heyman
David Barron
J. K. Rowling
GuiónSteve Kloves
Baseado enHarry Potter e as reliquias da morte de J. K. Rowling
IntérpretesDaniel Radcliffe
Rupert Grint
Emma Watson
Ralph Fiennes
Michael Gambon
Alan Rickman
Helena Bonham Carter
Maggie Smith
MúsicaAlexandre Desplat
John Williams
FotografíaEduardo Serra
MontaxeMark Day
EstudioHeyday Films
DistribuidoraWarner Bros.
Estrea15 de xullo de 2011
Duración130 minutos[1]
OrixeReino Unido Reino Unido
Estados Unidos de América Estados Unidos
XéneroFantasía
Drama
Orzamento$250 000 000
(xunto á 1ª parte)[2]
Recadación$1 341 511 219
Filme anteriorHarry Potter e as reliquias da morte (1ª parte)
Na rede
http://www.harrypotterwizardscollection.com/
IMDB: tt1201607 Filmaffinity: 392189 Allocine: 134925 Rottentomatoes: m/harry_potter_and_the_deathly_hallows_part_2 Mojo: harrypotter72 Allmovie: v434402 TCM: 826288 Metacritic: movie/harry-potter-and-the-deathly-hallows-part-2 TV.com: movies/harry-potter-and-the-deathly-hallows-part-2 Netlix: 70120085 Editar o valor en Wikidata

O filme tivo a súa estrea en cines 3D, así como tamén en formatos 2D e IMAX, o 15 de xullo de 2010.[4][5][6][7] A produción do filme comezou o 19 de febreiro de 2009 e rematou o 12 de xuño de 2010;[8] o 21 de decembro de 2010 fixéronse regravacións que puxeron fin a dez anos de rodaxe da saga.[9]

Sinopse

editar

Despois de destruír un Horcrux e descubrir o significado das tres reliquias da morte, Harry, Ron e Hermione continúan na procura dos Horcrux restantes para intentar acabar con Voldemort. Non obstante, o Señor Escuro obtén a Variña de Bieiteiro e pretende completar o seu último paso para alcanzar o poder absoluto e lanza un ataque contra Hogwarts. A escola máxica será o lugar onde se desenvolva a batalla final na que as forzas do mal ameazan con dominar os mundos máxico e muggle.

Elenco

editar
  1. "BBFC issue runtime, 130 mins". BBFC. Consultado o 1 de xullo de 2011. 
  2. Frankel, Daniel (17 de novembro de 2010). "Get Ready for the Biggest 'Potter' Opening Yet". The Wrap. Arquivado dende o orixinal o 18 de xullo de 2019. Consultado o 21 de novembro de 2010. 
  3. "Harry Potter and the Deathly Hallows Part 2". Box Office Mojo. Consultado o 2 de xuño de 2011. 
  4. "Release Date Set for Harry Potter 7: Part I". Comingsoon.net. 25 de abril de 2008. Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2008. Consultado o 24 de maio de 2008. 
  5. "IFCO: Irish Film Classification Office – Reviews of Harry Potter and the Deathly Hallows: Part 1". Ifco.ie. Arquivado dende o orixinal o 11 de xuño de 2015. Consultado o 6 de decembro de 2010. 
  6. "WB Sets Lots of New Release Dates!". Comingsoon.net. 25 de febreiro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 26 de febreiro de 2009. Consultado o 25 de febreiro de 2009. 
  7. Tyler, Josh (8 de outubro de 2010). "Part 1 Not in 3D". Cinema Blend. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 12 de novembro de 2010. 
  8. Schwartz, Alison (14 de xuño de 2010). "Daniel Radcliffe Calls Wrapping Up Harry Potter Devastating". People. Arquivado dende o orixinal o 08 de febreiro de 2011. Consultado o 9 de febreiro de 2011. 
  9. Magrath, Andrea (9 de decembro de 2010). "Better get to the wig store! Emma Watson and Harry Potter co-stars to re-shoot crucial final Deathly Hallows scenes". Daily Mail (Londres). Consultado o 9 de febreiro de 2011. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar