Harry Potter e a Cámara dos Segredos (filme)
Harry Potter e a Cámara dos Segredos (en inglés: Harry Potter and the Chamber of Secrets) é un filme de fantasía[2] dirixido por Chris Columbus e baseado na novela homónima escrita por J. K. Rowling. É o segundo filme da serie de filmes de Harry Potter. Foi escrito por Steve Kloves e producido por David Heyman. A historia céntrase no segundo ano de Harry Potter na Escola Hogwarts de Maxia e Feiticería, durante o que o herdeiro de Salazar Slytherin reabre a Cámara dos Segredos para liberar un monstro que petrifica os alumnos do castelo. A película está protagonizada por Daniel Radcliffe como Harry Potter, con Rupert Grint e Emma Watson como os mellores amigos de Harry, Ron Weasley e Hermione Granger. O resto do elenco inclúe a Richard Harris, Kenneth Branagh, Jason Isaacs, Christian Coulson e Robbie Coltrane.
Harry Potter e a Cámara dos Segredos | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Harry Potter and the Chamber of Secrets |
Director | Chris Columbus |
Produtor | David Heyman |
Guión | Steve Kloves |
Baseado en | Harry Potter e a Cámara dos Segredos de J. K. Rowling |
Intérpretes | Daniel Radcliffe Rupert Grint Emma Watson Richard Harris Kenneth Branagh Jason Isaacs Christian Coulson Robbie Coltrane |
Música | John Williams |
Fotografía | Roger Pratt |
Montaxe | Peter Honess |
Estudio | Heyday Films 1492 Pictures |
Distribuidora | Warner Bros. |
Estrea | 3 de novembro de 2002 2006 (TVG) |
Duración | 161 minutos |
Orixe | Reino Unido Estados Unidos |
Xénero | Fantasía |
Orzamento | $100 000 000[1] |
Recadación | $879 000 000 |
Filme anterior | Harry Potter e a pedra filosofal |
Filme seguinte | Harry Potter e o preso de Azkaban |
Na rede | |
http://www.harrypotter.com | |
O filme tivo a súa estrea no Reino Unido e os Estados Unidos o 15 de novembro de 2002. A recadación nas salas internacionais ascende a 879 millóns de dólares estadounidense.[2] Recibiu tres candidaturas aos Premios BAFTA en 2003.
Sinopse
editar- Véxase tamén: Harry Potter e a Cámara dos Segredos.
Harry, Ron e Hermione regresan a Hogwarts para cursar o seu segundo ano. Axiña aparece unha mensaxe nunha das paredes do castelo informando de que a Cámara dos Segredos fora aberta polo herdeiro de Slytherin. Asemade, varios estudantes, fillos de muggles, aparecen petrificados por causa do monstro que habitaba a Cámara. Harry descobre que pode falar a lingua pársel e as propiedades dun misterioso diario pertencente a Tom Riddle.
Elenco
editar- Daniel Radcliffe como Harry Potter, protagonista do filme.
- Rupert Grint como Ron Weasley, mellor amigo de Harry.
- Emma Watson como Hermione Granger, mellor amiga de Harry.
- Kenneth Branagh como Gilderoy Lockhart, un célebre e sobranceiro autor e o novo profesor de Defensa contra a Maxia Negra en Hogwarts.
- John Cleese como Nick Case Decapitado, a pantasma da Casa Gryffindor.
- Robbie Coltrane como Rubeus Hagrid, o gardabosques de Hogwarts.
- Christian Coulson como Tom Riddle, a encarnación moza de Lord Voldemort.
- Warwick Davis como Filius Flitwick, o profesor de Esconxuros en Hogwarts e xefe da Casa Ravenclaw.
- Richard Griffiths como Vernon Dursley, tío muggle de Harry.
- Richard Harris como Albus Dumbledore, o director de Hogwarts e un dos mellores meigos da historia. O actor Richard Harris morreu pouco antes da estrea da película.
- Jason Isaacs como Lucius Malfoy, pai de Draco.
- Alan Rickman como Severus Snape, o profesor de Apócemas de Hogwarts e xefe da Casa Slytherin.
- Fiona Shaw como Petunia Dursley, tía muggle de Harry.
- Maggie Smith como Minerva McGonagall, a profesora de Transfiguración e xefa da Casa Gryffindor.
- Julie Walters como Molly Weasley, a matriarca dos Weasley e figura maternal para Harry.
- Devon Murray como Seamus Finnigan, amigo de Harry.
Produción
editarA produción de Harry Potter e a Cámara dos Segredos comezou só tres días despois da estrea do primeiro filme. Foi filmada en varias localizacións de Londres. A rodaxe rematou no verán de 2002.
Dise que Hugh Grant era a primeira escolla para o papel de Gilderoy Lockhart pero que finalmente non puidera dar vida ao personaxe debido a conflitos coa súa axenda.[3] O 25 de outubro de 2001, Kenneth Branagh foi seleccionado como o substituto de Grant.[4]
Banda sonora
editarHarry Potter e a Cámara dos Segredos | ||||
---|---|---|---|---|
Banda sonora de John Williams | ||||
12 de novembro de 2002 | ||||
Duración | 70:08 | |||
Xénero | Banda sonora | |||
Selo discográfico | Atlantic | |||
Cronoloxía | ||||
|
A banda sonora de Harry Potter e a Cámara dos Segredos lanzouse ao mercado o 12 de novembro de 2002. As pezas musicais ían ser dirixidas completamente por John Williams, pero debido a conflitos de programación coa música de Catch Me If You Can de Steven Spielberg, William Ross encargouse da dirección no canto de Williams. A banda sonora recibiu unha candidatura aos Premios Grammy na categoría de mellor álbum de banda sonora para unha película en 2003.
- Lista de pistas
- "Prologue: Book II and the Escape from the Dursleys" - 3:31
- "Fawkes the Phoenix" - 3:45
- "The Chamber of Secrets" - 3:49
- "Gilderoy Lockhart" - 2:05
- "The Flying Car" - 4:08
- "Knockturn Alley" - 1:47
- "Introducing Colin" - 1:49
- "The Dueling Club" - 4:08
- "Dobby the House Elf" - 3:27
- "The Spiders" - 4:32
- "Moaning Myrtle" - 2:05
- "Meeting Aragog" - 3:18
- "Fawkes Is Reborn" - 3:19
- "Meeting Tom Riddle" - 3:38
- "Cornish Pixies" - 2:13
- "Polyjuice Potion" - 3:52
- "Cakes for Crabbe and Goyle" - 3:30
- "Dueling the Basilisk" - 5:02
- "Reunion of Friends" - 5:08
- "Harry's Wondrous World" - 5:02
Dobraxe en galego
editarA dobraxe en galego realizouse no ano 2005 e estreouse na TVG no 2006. A directora de dobraxe e axustadora foi Charo Pena.
Actor orixinal | Actor de dobraxe | Personaxe |
---|---|---|
Daniel Radcliffe | Luisa Fernández Miranda | Harry Potter |
Rupert Grint | Teresa Santamaría | Ron Weasley |
Enma Watson | Ana Ouro | Hermione Granger |
Richard Harris | Miguel Pernas | Albus Dumbledore |
Robbie Coltrane | Antón Cancelas | Rubeus Hagrid |
Alan Rickman | Severus Snape | |
Maggie Smith | Lucía Cid | Minerva McConagall |
Kenneth Branagh | Antón Ja | Gilderoy Lockhart |
Tom Felton | Ana Lemos | Draco Malfoy |
Richard Griffiths | Alfonso Valiño | Vernon Dursley |
Fiona Shaw | Petunia Dursley | |
Harry Melling | Dudley Dursley | |
Mark Williams | Antón Rubal | Arthur Weasley |
Julie Walters | Beatriz García | Molly Weasley |
James Phelps | Gaspar Somoza | Fred Weasley |
Matthew Lewis | Neville Longbottom | |
Warwick Davis | Filius Flitwick | |
John Cleese | Nick | |
Hugh Mitchell | Helena Amoedo | Collin Creevey |
Shirley Henderson | Chelo Díaz | Myrtle |
Toby Jones | Manuel Pombal | Dobby |
Petter O'Farell | Tacho González | Xornalista |
Notas
editar- ↑ BoxOfficeMojo.com
- ↑ 2,0 2,1 "Harry Potter and the Chamber of Secrets (2002)". Box Office Mojo. Consultado o 5 de febreiro de 2009.
- ↑ Reiter, Amy (1 de outubro de 2001). "Hugh can't always get what you want". Salon.com. Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2007. Consultado o 26 de setembro de 2007.
- ↑ "Gilderoy Lockhart actor found for Potter 2". Newsround. 25 de outubro de 2001. Consultado o 26 de setembro de 2007.