Emma Watson

actriz, modelo e filántropa Británica

Emma Charlotte Duerre Watson, nada o 15 de abril de 1990 en París, Francia, é unha actriz e activista inglesa. É coñecida pola súa participación en producións cinematográficas de éxito mundial e filmes independentes, así como pola súa loita a favor dos dereitos da muller. O longo da súa traxectoria recibiu diversos premios e recoñecementos, entre os que destacan un Premio Young Artist e tres MTV Movie Awards. Segundo as revistas Forbes e Vanity Fair, Watson atópase entre as actrices mellor pagadas do mundo, e en 2015 a revista Time incluíuna entre as 100 persoas máis influentes do mundo dese ano.[1][2][3]

Infotaula de personaEmma Watson

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Emma Charlotte Duerre Watson Editar o valor em Wikidata
15 de abril de 1990 Editar o valor em Wikidata (34 anos)
Marais, Francia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaNova York (2019–) Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónWorcester College (en) Traducir (2011–2012)
Universidade Brown - literatura inglesa (2009–2014)
Dragon School (pt) Traducir (–2003)
Headington School (pt) Traducir
Stagecoach Theatre Arts (pt) Traducir
International School of France (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura165 cm Editar o valor em Wikidata
Cor dos ollosCastanho escuro (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cor do peloCabelo loiro escuro Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmodelo , actriz infantil , actriz de dobraxe , actriz , activista , actriz de cinema , actriz de teatro , modelo Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1999 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua inglesa e lingua francesa Editar o valor em Wikidata
Compañeiro profesionalTom Felton Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
ParellaJohnny Simmons (pt) Traducir (2011–2011)
George Craig (en) Traducir (2010–2010) Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0914612 Allocine: 65003 Rottentomatoes: celebrity/emma_watson Allmovie: p300014 Metacritic: person/emma-watson TV.com: people/emma-watson
Facebook: EmmaWatson Twitter: EmmaWatson Instagram: emmawatson Spotify: 4N3cNXg5phUzRzuJYYxQlV iTunes: 271500732 Last fm: Emma+Watson Musicbrainz: 58088880-a325-43d0-82f4-0c3783f827af Discogs: 2180954 WikiTree: Watson-16305 Genius: Emma-watson Editar o valor em Wikidata

Watson acudiu á Dragon School e recibiu formación de interpretación na Stagecoach Theatre Arts de Oxford.[4] Acadou recoñecemento internacional sendo aínda unha nena cando conseguiu o seu primeiro papel profesional interpretando a Hermione Granger na serie de filmes de Harry Potter, cando daquela só tiña experiencia en obras de teatro escolares. Tamén protagonizou en 2007 a adaptación televisiva da novela Ballet Shoes e puxo a súa voz no filme The Tale of Despereaux (2008). Despois de finalizar a saga de Harry Potter, entre 2011 e 2014, Watson compaxinou o seu tempo entre o cinema e continuar os seus estudos, graduándose en literatura inglesa en maio de 2014 pola Universidade Brown. Ese mesmo ano, foi "embaixadora de boa vontade" na axencia ONU Mulleres e axudou a lanzar a campaña HeForShe, que loita pola igualdade de xénero. En 2018, axudou no proxecto Time's Up UK como fundadora. Watson tamén participou no órgano consultor para o G7 polos dereitos das mulleres en 2019, falando con líderes sobre política exterior.

Watson tamén traballou como modelo en campañas para Burberry e Lancôme. Ademais, puxo o seu nome a unha liña de roupa sostíbel para a marca People Tree. En 2020, uniuse ao cadro de directores de Kering, unha marca de luxo na que avoga pola moda sostíbel.

Traxectoria editar

En 1999 comezaron os castings para Harry Potter e a pedra filosofal, a adaptación cinematográfica do supervendas homónimo da novelista inglesa J. K. Rowling. Os encargados do casting atoparon a Watson a través da súa profesora de teatro en Oxford e os produtores ficaron gratamente abraiados pola confianza en si mesma que tiña a rapaza. Tras oito audicións, o produtor David Heyman comunicoulles a Watson, Daniel Radcliffe e a Rupert Grint, que foran seleccionados para interpretar a Hermione Granger, Harry Potter e Ron Weasley, respectivamente. A autora da novela, Rowling, xa mostrara o seu apoio a Watson dende que viu a súa primeira proba.[5]

 
Pegadas das mans e pés de dos protagonistas da saga Harry Potter.

O debut de Watson como Hermione Granger chegou en 2001, coa estrea de Harry Potter e a pedra filosofal, película que bateu récords de público durante a súa primeira fin de semana, sendo a produción máis exitosa dese ano. A crítica eloxiou, maioritariamente, o traballo da tríade protagonista, facendo fincapé na interpretación de Watson. O xornal inglés The Daily Telegraph describiu o seu traballo como «admirable», e IGN afirmou «fíxose dona da función». Watson foi nomeada a cinco premios polo seu traballo, acadando o Young Artist á Mellor interpretación xuvenil-Protagonista (Young Artist Award for Leading Young Actress).

 
Watson na estrea de Harry Potter e o Cáliz de fogo en novembro de 2005.

Ó ano seguinte, Watson retomou o papel de Hermione en Harry Potter e a Cámara dos Segredos, a segunda entrega da serie. Aínda que o filme recibiu diversas críticas mixtas, en xeral, valorouse positivamente o traballo do elenco e Watson recibiu un premio Otto polo seu labor, outorgado pola revista alemá Die Welt.

En 2004 estreouse Harry Potter e o preso de Azkaban. Watson destacou a personaxe de Hermione nesta terceira entrega, que definiu como "carismático" e "un gran papel para interpretar".[6] A pesar de que a crítica comezou a cuestionar o traballo do protagonista Daniel Radcliffe, Watson continuou recibindo críticas positivas; The New York Times eloxiou a súa interpretación, destacando que "afortunadamente o insípido traballo do señor Radcliffe queda compensado pola aguda impaciencia e rapidez da señorita Watson". Aínda que Harry Potter e o preso de Azkaban permanece, a xaneiro de 2008, como o filme con menos público da serie, representou o maior éxito de Watson, recibindo dous premios Otto e o premio á Actuación xuvenil do ano da revista Total Film (Child Performance of the Year).

Coa estrea en 2005 de Harry Potter e o Cáliz de fogo, tanto Watson como a serie superaron tódolos rexistros anteriores. A película bateu récords de público na súa primeira fin de semana, tanto nos Estados Unidos como no Reino Unido. Nomeada en tres premios polo Cáliz de fogo, Watson foi galardoada cun Otto de bronce. No 2006 interpretou a Hermione en The Queen´s Handbag, un mini episodio especial de Harry Potter para celebrar o oitenta aniversario da raíña Sabela II.

A quinta entrega, Harry Potter e a Orde do Fénix, estreada en 2007, foi todo un éxito financeiro: estableceu a cifra récord, a nivel mundial, de $333,7 millóns na súa primeira fin de semana. Watson gañou o primeiro National Movie Award á mellor interpretación feminina e o premio á mellor actriz nos Nickelodeon Kids' Choice Awards. En xullo de 2007, Watson e os seus compañeiros Daniel Radcliffe e Rupert Grint, deixaron as pegadas das súas mans, pés e variñas fronte ó Grauman's Chinese Theatre en Hollywood.

A gravación do sexto título da serie de filmes de Harry Potter comezou a finais de 2007.[7][8] Harry Potter e o misterio do príncipe estreouse o 15 de xullo de 2009,[9], aínda que a súa estrea estaba prevista para novembro de 2008.[10] The Washington Post publicou que Watson dera "[a súa] mellor actuación até o momento",[11] mentres que The Daily Telegraph indicou que os actores principais estiveran "novamente liberados e con enerxía, con ganas de dalo todo para o que resta da saga".[12]

A gravación do final da saga comezou o 18 de febreiro de 2009[13] e rematou o 12 de xuño de 2010.[14] Por motivos financeiros e de guión, o libro orixinal foi dividido en dous filmes que se gravaron de xeito consecutivo.[15][16] Harry Potter e as reliquias da morte (1ª parte) estreouse en novembro de 2010, mentres que Harry Potter e as reliquias da morte (2ª parte) fíxoo en xullo de 2011.[17] Harry Potter e as reliquias da morte (2ª parte) foi un éxito comercial e recibiu moi boas críticas, sendo o filme con maior éxito no que participou Watson até o momento.[18]

Filmografía editar

 
Watson en 2012.

Cinema editar

Ano Título Personaxe Notas
2001 Harry Potter e a pedra filosofal Hermione Granger
2002 Harry Potter e a Cámara dos Segredos
2004 Harry Potter e o preso de Azkaban
2005 Harry Potter e o Cáliz de fogo
2007 Harry Potter e a Orde do Fénix
2008 The Tale of Despereaux Princesa Pea Voz
2009 Harry Potter e o misterio do príncipe Hermione Granger
2010 Harry Potter e as reliquias da morte (1ª parte)
2011 Harry Potter e as reliquias da morte (2ª parte)
My Week with Marilyn Lucy
2012 The Perks of Being a Wallflower Samantha "Sam" Button
2013 The Bling Ring Nicki Moore
This Is the End Emma Watson
2014 Noah Ila
2015 Colonia Lena
Regression Angela Gray
2017 Beauty and the Beast Belle
The Circle Mae Holland
2019 Little Women Margaret "Meg" March

Televisión editar

Ano Título Personaxe Notas
2007 Ballet Shoes Pauline Fossil Telefilme
2015 The Vicar of Dibley Iris Episodio: "The Bishop of Dibley"
2022 Harry Potter 20th Anniversary: Return to Hogwarts Emma Watson Episodio especial (reunión)

Vídeos musicais editar

Ano Título Personaxe Artista
2010 "Say You Don't Want It" Dama One Night Only

Notas editar

  1. Abramson, Jill (15 de abril de 2015). "Emma Watson by Jill Abramson: TIME 100". TIME. Arquivado dende o orixinal o 27 de novembro de 2020. Consultado o 7 de marzo de 2022. 
  2. "Emma Watson is named Hollywood's highest paid female actor". The Guardian. 10 de febreiro de 2010. Consultado o 28 de decembro de 2020. 
  3. "Emma Watson: $14 million". Consultado o 28 de decembro de 2020. 
  4. Reece, Damian (4 de novembro de 2001). "Harry Potter drama school to float". The Daily Telegraph (Reino Unido). Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2010. Consultado o 8 de marzo de 2010. 
  5. Watson, Emma. "Emma". Emma Watson's Official Website. Arquivado dende o orixinal o 2 de agosto de 2007. Consultado o 3 de agosto de 2007. 
  6. Trout, Jonathon (1 de xuño de 2004). "Daniel Radcliffe, Rupert Grint, Emma Watson". BBC. Arquivado dende o orixinal o 18 de xullo de 2007. Consultado o 3 de agosto de 2007. 
  7. Watson, Emma (28 de novembro de 2007). "Ballet Shoes interviews". Emma Watson's official website news. Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2009. Consultado o 12 de abril de 2009. 
  8. Watson, Emma (22 de maio de 2008). "Ballet Shoes interviews". Emma Watson's official website news. Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2009. Consultado o 12 de abril de 2009. 
  9. "Harry Potter and the Half-Blood Prince Global Release Dates". Warner Bros. Pictures. Arquivado dende o orixinal o 16 de agosto de 2010. Consultado o 14 de agosto de 2010. 
  10. "Potter film release date delayed". BBC News. 15 de agosto de 2008. Arquivado dende o orixinal o 18 de febreiro de 2009. Consultado o 28 de xullo de 2009. 
  11. Kois, Dan (14 de xullo de 2009). "Critic Review for Harry Potter and the Half-Blood Prince". The Washington Post. Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2011. Consultado o 28 de xullo de 2009. 
  12. Sandhu, Sukhdev (16 de xullo de 2009). "Harry Potter and the Half-Blood Prince, review". The Daily Telegraph (Reino Unido). Arquivado dende o orixinal o 2 de decembro de 2014. 
  13. Watson, Emma (17 de febreiro de 2009). "Filming begins". Emma Watson's official website news. Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2009. Consultado o 12 de abril de 2009. 
  14. Schwartz, Alison (14 de xuño de 2010). "Daniel Radcliffe Calls Wrapping Up Harry Potter Devastating". People. Arquivado dende o orixinal o 8 de febreiro de 2011. Consultado o 9 de febreiro de 2011. 
  15. Malvern, Jack (14 de marzo de 2008). "Longer spell at box office for Harry Potter". The Times (Reino Unido). 
  16. Richards, Olly (14 de marzo de 2008). "Potter Producer Talks Deathly Hallows". Empire. Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2011. Consultado o 14 de marzo de 2008. 
  17. Ebert, Roger (13 de xullo de 2011). "Harry Potter and the Deathly Hallows: Part 2". Chicago Sun-Times. Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2012. Consultado o 15 de novembro de 2018. 
  18. "Harry Potter and the Deathly Hallows: Part 2". Box Office Mojo. Consultado o 25 de maio de 2020. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar