Harry Potter e a pedra filosofal (filme)

película de 2001

Harry Potter e a pedra filosofal (en inglés: Harry Potter and the Philosopher's Stone) é un filme de fantasía[1] dirixido por Chris Columbus e baseado na novela homónima escrita por J. K. Rowling. O filme foi o primeiro da serie de filmes de Harry Potter. Foi escrito por Steve Kloves e producido por David Heyman. A historia presenta a Harry Potter, un neno que descobre que é meigo o día do seu undécimo aniversario e acode á Escola Hogwarts de Maxia e Feiticería para comezar a súa educación máxica. A película está protagonizada por Daniel Radcliffe como Harry Potter, con Rupert Grint e Emma Watson como os mellores amigos de Harry, Ron Weasley e Hermione Granger. O resto do elenco inclúe a Richard Harris, Maggie Smith, Robbie Coltrane, Alan Rickman e Ian Hart.

Harry Potter e a pedra filosofal

Tipofilme Editar o valor en Wikidata
Forma artísticalongametraxe Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticofilme de fantasía, cinema de aventuras, cinema fantástico, filme infantil e filme baseado nunha novela Editar o valor en Wikidata
Lingua orixinallingua inglesa Editar o valor en Wikidata
FranquíaWizarding World Editar o valor en Wikidata
Autoría
Director/aChris Columbus Editar o valor en Wikidata
Compositor/aJohn Williams Editar o valor en Wikidata
GuionistaSteve Kloves e J. K. Rowling Editar o valor en Wikidata
Director/a fotografíaJohn Seale Editar o valor en Wikidata
Editor/a de cineRichard Francis-Bruce Editar o valor en Wikidata
Deseñador/a produciónStuart Craig Editar o valor en Wikidata
Deseñador/a vestiarioJudianna Makovsky Editar o valor en Wikidata
Temática
Ambientado enLondres e Inglaterra Editar o valor en Wikidata
Baseado enHarry Potter e a pedra filosofal Editar o valor en Wikidata
Inspirado na obra deJ. K. Rowling Editar o valor en Wikidata
Época ambientación1991 e 1981 Editar o valor en Wikidata
Universo ficticioUniverso de Harry Potter Editar o valor en Wikidata
Publicación
Data publicación
País orixeReino Unido e Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Produtor/aDavid Heyman Editar o valor en Wikidata
Produtor/a executivoMichael Barnathan, Chris Columbus, Mark Radcliffe e Duncan Henderson Editar o valor en Wikidata
Compañía produtoraHeyday Films, 1492 Pictures e Warner Bros. Editar o valor en Wikidata
Distribuidor/aWarner Bros., Netflix e iTunes Editar o valor en Wikidata
Data estrea 4 de novembro de 2001
Galicia 5 de xaneiro de 2005 (TVG)
Recadación978.087.613 $, 317.557.891 $, 48.137.835 $ e 65.216.953 Kč Editar o valor en Wikidata
Custo125.000.000 $ Editar o valor en Wikidata
Formato de distribucióndescarga dixital e vídeo baixo demanda Editar o valor en Wikidata
Número de
Parte da serieHarry Potter Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Duración2 horas e 32 minutos Editar o valor en Wikidata
Localización
Localización rodaxecastelo de Alnwick, Catedral de Gloucester, Warner Bros. Studios, Leavesden, estación de ferrocarril de Goathland, Catedral de Durham, Zoolóxico de Londres, Glen Nevis, Leadenhall Market, Harrow School e Christ Church College Editar o valor en Wikidata
Premios
Obra derivada
Puntuación da crítica
Videoxogo
Contacto
Páxina WEBwarnerbros.com… Editar o valor en Wikidata
RedesIMDB: tt0241527 Filmaffinity: 423821 Allocine: 29276 Rottentomatoes: m/harry_potter_and_the_sorcerers_stone Mojo: harrypotter Allmovie: v255538 TCM: 451961 Metacritic: movie/harry-potter-and-the-sorcerers-stone TV.com: movies/harry-potter-and-the-sorcerers-stone Netlix: 60004478 Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Warner Bros. mercou os dereitos do libro para facer a versión fílmica no ano 1999. A produción comezou en 2000, coa elección de Columbus como director despois de seleccionalo dunha pequena lista de directores entre os que estaban Steven Spielberg e Rob Reiner. J. K. Rowling insistiu en que todo o elenco fose británico ou irlandés, gardando a integridade cultural do libro e do filme. J. K. Rowling aprobou o guión, escrito por Kloves. O filme gravouse principalmente nos Leavesden Film Studios, así como en edificios históricos de Gran Bretaña.

O filme tivo a súa estrea no Reino Unido e os Estados Unidos en novembro de 2001. Recibiu boas críticas e tres candidaturas aos Premios Oscar. A recadación nas salas internacionais ascende a máis de 974 millóns de dólares estadounidense.

Estreouse en galego na TVG o 6 de xaneiro de 2005, e foi visto por 290.000 persoas, o que o converteu no filme máis visto na historia da cadea autonómica.[2]

Sinopse

editar

Harry Potter é un neno orfo que medrou cos seus tíos. Á idade de once anos, o semixigante Rubeus Hagrid infórmao de que é meigo. Harry descobre que os seus pais foran asasinados polo Señor Escuro, Lord Voldemort, e que Voldemort tamén intentara matalo esa mesma noite, cando tiña un ano. No entanto, a maldición asasina rebotara misteriosamente e debilitara enormemente ao meigo escuro. Harry descobre que por este motivo é un meigo amplamente famoso no mundo máxico; comeza a estudar na Escola Hogwarts de Maxia e Feiticería onde coñece os seus mellores amigos: Ron Weasley e Hermione Granger. Durante o ano, os tres enguedéllanse no misterio sobre a pedra filosofal, que está agochada na escola.

Elenco

editar

Rowling insistiu persoalmente en ter un elenco británico.[3] Susie Figgis designouse como directora de casting e traballou con Columbus e Rowling nas audicións para os papeis principais de Harry, Ron e Hermione.[4] O 11 de xullo de 2000 Figgis deixou a produción, laiándose de que Columbus non considerara ningún dos miles que superaran as audicións e que ela determinara como posibles candidatos.[5] O 8 de agosto de 2000 fíxose a selección de Daniel Radcliffe, Emma Watson e Rupert Grint para realizar os personaxes de Harry Potter, Hermione Granger e Ron Weasley, respectivamente.[6]

Rik Mayall filmou algunhas escenas como o mencho Peeves, pero finalmente foron cortadas do filme.[7]

Banda sonora

editar

A banda sonora de Harry Potter e a pedra filosofal lanzouse ao mercado o 30 de outubro de 2001. As pezas musicais foron compostas e dirixidas por John Williams. A banda sonora recibiu unha candidatura aos Premios Oscar na categoría de Oscar á mellor banda sonora, premio que finalmente levou Howard Shore por The Lord of the Rings: The Fellowship of the Ring. O filme introduce moitos temas específicos para cada personaxe empregados tamén máis adiante nalgunha das secuelas, aínda que a maioría deles se usaron de novo n’a Cámara dos Segredos. O tema principal, chamado "Hedwig's Theme", utilízase en case todas as películas e converteuse en identificativo da serie.

A pista número 18, "Leaving Hogwarts", emprégase tamén durante o epílogo de Harry Potter e as reliquias da morte (2ª parte) como tributo a Williams e o final da saga.

Lista de pistas
  1. "Prologue" - 2:12
  2. "Harry's Wondrous World" - 5:21
  3. "The Arrival of Baby Harry" - 4:25
  4. "Visit to the Zoo and Letters from Hogwarts" - 3:23
  5. "Diagon Alley and the Gringotts Vault" - 4:06
  6. "Platform Nine-and-Three-Quarters and the Journey to Hogwarts" - 3:14
  7. "Entry into the Great Hall and the Banquet" - 3:42
  8. "Mr. Longbottom Flies" - 3:35
  9. "Hogwarts Forever! and the Moving Stairs" - 3:47
  10. "The Norwegian Ridgeback and a Change of Season" - 2:47
  11. "The Quidditch Match" - 8:29
  12. "Christmas at Hogwarts" - 2:56
  13. "The Invisibility Cloak and the Library Scene" - 3:16
  14. "Fluffy's Harp" - 2:39
  15. "In the Devil's Snare and the Flying Keys" - 2:21
  16. "The Chess Game" - 3:49
  17. "The Face of Voldemort" - 6:10
  18. "Leaving Hogwarts" - 2:14
  19. "Hedwig's Theme" - 5:11
  1. "Harry Potter and the Sorcerer's Stone". Box Office Mojo. Consultado o 29 de maio de 2007. 
  2. "Harry Potter e a pedra filosofal na TVG". La Voz de Galicia. 7 de xaneiro de 2005. Consultado o 8 de abril de 2013. 
  3. "Harry Potter and the Philosopher's Stone". Guardian Unlimited. 16 de novembro de 2001. Consultado o 26 de maio de 2007. 
  4. Linder, Brian (30 de marzo de 2000). "Chris Columbus Talks Potter". IGN. Arquivado dende o orixinal o 06 de decembro de 2008. Consultado o 8 de xullo de 2007. 
  5. Lindner, Brian (11 de xullo de 2000). "Trouble Brewing with Potter Casting?". IGN. Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2012. Consultado o 7 de febreiro de 2010. 
  6. "Daniel Radcliffe, Rupert Grint and Emma Watson Bring Harry, Ron and Hermione to Life for Warner Bros. Pictures Harry Potter and the Sorcerer's Stone". Warner Bros. 21 de agosto de 2000. Arquivado dende o orixinal o 04 de abril de 2007. Consultado o 26 de maio de 2007. 
  7. Schmitz, Greg Dean. "Harry Potter and the Sorcerer's Stone (2001)". Yahoo!. Arquivado dende o orixinal o 15 de decembro de 2007. Consultado o 9 de agosto de 2008. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar