John Williams
John Towner Williams, nado en Long Island (Nova York) o 8 de febreiro de 1932, é un compositor estadounidense premiado varias veces polas súas bandas sonoras.
John Williams | |
---|---|
![]() Williams no Salón Avery Fisher en 2007. | |
Nome completo | John Towner Williams |
Nacemento | 8 de febreiro de 1932 e 1932 |
Nova York, ![]() | |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Educado en | Juilliard School, Universidade de California, Os Ánxeles, North Hollywood High School, Glendale High School, Accademia Musicale Chigiana e UCLA Herb Alpert School of Music |
Parella/s | Barbara Ruick |
Fillos | Joseph Williams |
Premios | National Medal of Arts, Grammy Award for Best Instrumental Composition, Oscar de Melhor Trilha Sonora Original, Academy Award for Best Original Dramatic Score, Óscar á mellor banda sonora, Óscar á mellor banda sonora, Óscar á mellor banda sonora, Premio Kennedy, Prémio AFI Life Achievement, Grammy Award para melhor trilha orquestrada de mídia visual, Oficial das Artes e das Letras, Premios Globo de Ouro, Saturn Award for Best Music, Premio Príncipe de Asturias das Artes e Honorary Knight Commander of the Order of the British Empire |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Amigo de Steven Spielberg, asina case todas as bandas dos seus filmes, tales como Parque Xurásico, Tiburón, A lista de Schindler, Encontros na terceira fase e Munich. Tamén é socio do cineasta George Lucas, sendo o autor das famosas bandas sonoras das series cinematográficas de éxito Star Wars e Indiana Jones. Outras bandas famosas de autoría de Williams son a da saga Harry Potter e a do filme de Superman protagonizado por Christopher Reeve. Nomeado nada menos que 45 veces ao Oscar, foi vitorioso con Jaws, E.T. the Extra-Terrestrial, Star Wars Episode VI, Schindler's List e Fiddler on the Roof.
É considerado un dos maiores compositores da actualidade.
Ademais dos seus traballos en música de filmes, é coñecido tamén polas súas obras eruditas e concertos, como: o concerto para fagot e orquestra, o concerto para violoncello e orquestra, o concerto para trompeta e orquestra, o concerto para violín, frauta e orquestra e o concerto para trompa e orquestra.
En 2020, recibiu o Premio Princesa de Asturias das Artes.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: John Williams |