O violinista no tellado
O violinista no tellado (en inglés: Fiddler on the Roof) é un filme estadounidense de 1971 producido e dirixido por Norman Jewison. É unha adaptación do musical homónimo de Broadway de 1964, con música composta por Jerry Bock, letras de Sheldon Harnick, e guión de Joseph Stein e baséase nas historias de Sholem Aleichem. Está protagonizado por Topol, Norma Crane, Leonard Frey, Molly Picon e Paul Mann, e conta a historia de Tevye, o pai de cinco fillas, e os seus intentos de manter as tradicións e a relixión xudías fronte ás influencias externas coas que se atopa toda a familia. Debe lidar coas fortes vontades das súas tres fillas maiores, que queren casar por amor cada unha cun esposo que cada vez se afasta máis dos costumes da súa fe, e co edicto do tsar Nicolao II de Rusia que expulsa os xudeus de Anatevka.
O violinista no tellado | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Fiddler on the Roof |
Director | Norman Jewison |
Produtor |
|
Guión | Joseph Stein |
Baseado en | Tevye and His Daughters de Sholem Aleichem |
Intérpretes | |
Música |
|
Fotografía | Oswald Morris |
Montaxe | |
Estudio | The Mirisch Production Company |
Distribuidora | United Artists |
Estrea | 3 de novembro de 1971 9 de xaneiro de 1991 (TVG) |
Duración | 179 minutos[1] |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Musical |
Orzamento | 9 millóns de dólares |
Recadación | 83.3 millóns de dólares[2] |
Na rede | |
Estreouse en galego o 9 de xaneiro de 1991 a través da TVG.[3]
Personaxes
editar- Chaim Topol como Τevye
- Norma Crane como Golde
- Rosalind Harris cini Tzeitel
- Michele Marsh como Hodel
- Neva Small como Chava
- Molly Picon como Yente
- Paul Mann como Lazar Wolf
- Leonard Frey como Motel Kamzoil
- Paul Michael Glaser (acreditado como Michael Glaser) como Perchik
- Raymond Lovelock como Fyedka
- Elaine Edwards como Shprintze
- Candy Bonstein como Bielke
- Shimen Rushkin como Mordcha
- Zvee Scooler como Rabino
- Louis Zorich como Constable
- Alfie Scopp como Avram
- Howard Goorney como Nachum
- Barry Dennen como Mendel
- Ruth Madoc como Fruma-Sarah
- Patience Collier como avoa Tzeitel
- Tutte Lemkow como violinista
- Marika Rivera como Rifka
- Aharon Ipale como Sheftel
- Roger Lloyd Pack como Sexton
- Vernon Dobtcheff como oficial ruso
- Kenneth Waller como home na secuencia do soño de Tevye (sen acreditar)[4]
- Norman Jewison: (sen acreditar) como a voz do Rabino (dobrado despois da rodaxe) na secuencia do soño de Tevye (cantando "Mazel Tov")
Notas
editar- ↑ British Board of Film Classification, ed. (19 de agosto de 1971). "Fiddler on the Roof (U)". Arquivado dende o orixinal o 21 de abril de 2014. Consultado o 21 de abril de 2013.
- ↑ Movie Box Office Figures. LDS Film. Consultado o 15 de maio de 2013.
- ↑ La Voz de Galicia, 9 de xaneiro de 1991. Páx. 62
- ↑ Walker, Craig (2011). On The Buses: The Complete Story. Andrews UK Limited. ISBN 978-1908382849.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Cine |
Bibliografía
editar- Bial, Henry (2005). Acting Jewish: Negotiating Ethnicity on the American Stage & Screen. University of Michigan Press. ISBN 047206908X.
- Isenberg, Barbara (2014). Tradition!: The Highly Improbable, Ultimately Triumphant Broadway-to-Hollywood Story of Fiddler on the Roof, the World's Most Beloved Musical. St. Martin's Press. p. ix. ISBN 1466862521.
Ligazóns externas
editar- O violinista no tellado na IMDb (en inglés).
- Páxina en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)
- Ficha en AllMovie (en inglés)