Norman Jewison
Norman Frederick Jewison, nado en Toronto o 21 de xullo de 1926 é un director de cinema canadense.
Norman Jewison | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Jewison en 2012 | |||||||
Nome completo | Norman Frederick Jewison | ||||||
Nacemento | 21 de xullo de 1926 (97 anos) | ||||||
Lugar | Toronto, Canadá | ||||||
Nacionalidade | ![]() | ||||||
Educado en | Universidade de Toronto, Malvern Collegiate Institute, Conservatório Real de Música e Aiglon College | ||||||
Cónxuxe(s) | Margaret Ann Dixon (1953–2004) Lynne St. David (2010) | ||||||
Profesión | Director, produtor | ||||||
| |||||||
Na rede | |||||||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |||||||
[ editar datos en Wikidata ] | |||||||
Traxectoria editar
Comezou a amosar o seu talento para o teatro na escola. Durante a segunda guerra mundial serviu na Royal Canadian Navy (1944–1945) e tras acabar a contenda viaxou por Suramérica, onde descubriu a segregación que influiría no seu traballo posterior.
Tras graduarse na universidade en 1949 marchou a Londres, traballando como guionista para un espectáculo infantil e como actor para a BBC. Volveu ao seu país en 1951, para preparar o lanzamento da CBC Television, na que foi guionista, director e produtor.
En 1958 foi contratado pola CBS en Nova York. O actor Tony Curtis, nunha visita ao estudio, suxeriulle que dirixise un filme. Jewison non volveu á televisión ata a década de 1990. Debutou no cinema con Forty Pounds of Trouble (1962), protagonizada por Curtis. Os seus seguintes filmes foron tamén comedias lixeiras, ata que decidiu apartarse do xénero a mediados de década de 1960.
En 1967 dirixiu Na calor da noite, que gañou o Óscar ó mellor filme.
Filmografía editar
- 40 Pounds of Trouble (1963)
- The Thrill of It All (1963)
- Send Me No Flowers (1964)
- The Art of Love (1965)
- O rei do xogo (1965)
- Que veñen os rusos (1966)
- Na calor da noite (1967)
- O caso Thomas Crown (1968)
- Gaily, Gaily (1969)
- O violinista no tellado (1971)
- Jesus Christ Superstar (1973)
- Rollerball (1975)
- F.I.S.T. (1978)
- Xustiza para todos (1979)
- Best Friends (1982)
- A Soldier's Story (1984)
- Agnes of God (1985)
- Feitizo de lúa (1987)
- In Country (1989)
- Other People's Money (1991)
- Só ti (1994)
- Bogus (1996)
- The Hurricane (1999)
- A sentenza (2003)
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Norman Jewison |