Abrir o menú principal

The Hurricane (filme de 1999)

filme de 1999 dirixido por Norman Jewison

The Hurricane é un filme estadounidense biográfico dirixido por Norman Jewison que foi estreado en 1999. Está protagonizado por Denzel Washington. O guión foi adaptado por Armyan Bernstein e Dan Gordon a partir dos libros Lazarus and the Hurricane: The Freeing of Rubin "Hurricane" Carter (publicado en 1991), e The Sixteenth Round: From Number 1 Contender To #45472 (publicado en 1974). O filme conta a historia dun ex campión de boxeo condenado por un triplo asasinato nun bar de Paterson, Nova Jersey. Tamén describe a súa vida en prisión e a súa posta en liberdade grazas ó amor e compaixón dun adolescente de Brooklyn chamado Lesra Martin e a súa familia de acollida canadense.[2]

The Hurricane
Ficha técnica
Título orixinalThe Hurricane
DirectorNorman Jewison
ProdutorNorman Jewison
Marc Abraham
Armyan Bernstein
Thomas Bliss
John Ketcham
GuiónArmyan Bernstein
Dan Gordon
Baseado enLazarus and the Hurricane (Sam Chaiton & Terry Swinton)
The Sixteenth Round (Rubin "Hurricane" Carter)
IntérpretesDenzel Washington
Vicellous Reon Shannon
Deborah Kara Unger
Liev Schreiber
MúsicaChristopher Young
FotografíaRoger Deakins
MontaxeStephen E. Rivkin
EstudioBeacon Pictures
DistribuidoraUniversal Studios (USA)
Buena Vista International (internacional)
Estrea29 de decembro de 1999
Duración145 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroBiográfico
Orzamento$50 000 000[1]
Recadación$73 956 241

O filme recibiu críticas positivas, mais tamén foron criticadas algunhas inexactitudes por parte dalgúns medios e de participantes no xuízo a Carter.

ArgumentoEditar

Rubin "Furacán" Carter era un boxeador negro que se sobrepuxo á súa difícil xuventude e converteuse en aspirante ó título dos pesos medios. Porén, os seus soños véñense abaixo cando, en xuño de 1966, foi inxustamente acusado dun triplo asasinato ocorrido nun bar de Nova Jersey. Nun xuízo cheo de erros, Carter foi condenado a tres cadeas perpetuas.

PersonaxesEditar

Galardóns e nomeamentosEditar

NotasEditar

  1. BoxOfficeMojo.com
  2. Deming, Mark. "The Hurricane". Answers.com. Consultado o 27 de outubro de 2012. 

Véxase taménEditar