Que veñen os rusos

filme de 1966 dirixido por Norman Jewison

Que veñen os rusos (en inglés: The Russians Are Coming, the Russians Are Coming) é unha comedia estadounidense de 1966 dirixida por Norman Jewison en Panavision. Está baseada na novela de Nathaniel Benchley The Off-Islanders, e foi adaptada ao cinema por William Rose.

Que veñen os rusos
Ficha técnica
Título orixinalThe Russians Are Coming,
the Russians Are Coming
DirectorNorman Jewison
ProdutorNorman Jewison
GuiónWilliam Rose
Baseado enThe Off-Islanders, de Nathaniel Benchley (1961)
IntérpretesCarl Reiner
Eva Marie Saint
Alan Arkin
Brian Keith
Jonathan Winters
Theodore Bikel
Paul Ford
MúsicaJohnny Mandel, Bonia Shur
FotografíaJoseph F. Biroc
MontaxeHal Ashby, J. Terry Williams
EstudioThe Mirisch Corporation
DistribuidoraUnited Artists
Estrea25 de maio de 1966
Duración126 min
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Orzamento3,9 millóns de dólares[1]
Recadación21 693 114[2]

O filme mostra o caos que segue á chegada do submarino soviético Спрут ("polbo") a unha pequena illa de Nova Inglaterra durante a guerra fría. O filme está protagonizado por Carl Reiner, Eva Marie Saint, Alan Arkin no seu primeiro papel importante, Brian Keith, Theodore Bikel, Jonathan Winters e Paul Ford.

Foi estreado en galego pola Televisión de Galicia o 23 de novembro de 2001.[3]

ArgumentoEditar

Un submarino da mariña soviética chamado Спрут achégase demasiado á costa de Nova Inglaterra unha mañá de setembro cando o seu capitán (Theodore Bikel) quere botar un ollo aos Estados Unidos e embarranca nun banco de area preto da ficticia illa de Gloucester, en Massachusetts, cunha importante poboación de turistas no verán, pero agora reducida a douscentos habitantes. En vez de pedir axuda por radio e arriscarse a un vergoñento incidente internacional, o capitán envía unha partida de sete homes liderada polo seu zampolit o tenente Yuri Rozanov (Alan Arkin), para que atope un motor que axude a liberar o submarino. Os homes chegan á casa de Walt Whittaker (Carl Reiner), dramaturgo neoiorquino de vacacións.

PersonaxesEditar

ProduciónEditar

 
Vista aérea de Noyo Harbor en California, onde se rodou parte do filme

Aínda que o filme está ambientado na ficticia illa de Gloucester na costa de Massachusetts, foi rodado na costa norte de California, principalmente en Mendocino. As escenas do porto foron filmadas en Noyo Harbor en Fort Bragg, California, unhas sete millas ao norte de Mendocino. A causa da rodaxe na costa oeste, as escenas do amencer do comezo do filme foron rodadas realmente ao solpor empregando un filtro rosa.[4]

O submarino empregado era falso. A mariña estadounidense rexeitou emprestar un para a produción e prohibiu que o estudio trouxese un submarino ruso real.[5] A Mirisch Company alugou unha maqueta dun submarino que xa fora usada no filme de 1965 Morituri.[6]

Os avións eran F-101 Voodoo reais do 84th Fighter-Interceptor Squadron, da próxima Hamilton Air Force Base.

RecepciónEditar

O filme foi un éxito de crítica e público. Segundo Norman Jewison, o filme (estreado en plena guerra fría) tivo un impacto considerable tanto en Washington como en Moscova. Foi un dos poucos filmes estadounidenses da época en que aparecía unha visión positiva dos rusos. O senador Ernest Gruening menciounou o filme nun discurso no Congreso, e proxectouse unha copia do filme no Kremlin. Segundo Jewison, cando se presentou na unión de escritores cinematográficos soviéticos, Sergei Bondarchuk rompeu a chorar.[7]

NotasEditar

  1. Tino Balio, United Artists: The Company That Changed the Film Industry, University of Wisconsin Press, 1987 p. 186
  2. "The Russians are Coming, the Russians are Coming!, Box Office Information". The Numbers. Consultado o 16 de abril de 2012. 
  3. Programación de televisión
  4. "Filmed in Mendocino". 
  5. Place, Hill (21 de febreiro de 2016). "Hill Place: "Flat Top" to "The Great Escape" to "Midway": An Interview with Producer Walter Mirisch". 
  6. Mirisch, Walter I Thought We Were Making Movies, Not History Univ of Wisconsin Press, 10 de abril de 2008, pp. 241-242
  7. "The Russians Are Coming to Hollywood", (DVD featurette), 2002.