Kremlin de Moscova
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
O Kremlin de Moscova (ruso: Московский Кремль, transliterado: Moskovskiy Kreml') é un conxunto de edificios civís e relixiosos situado no centro da cidade de Moscova, na beira do río Moscova que pasa polo sur, da Praza Vermella no leste e do Xardín de Alexandre no oeste.
Kremlin de Moscova | |
---|---|
federal cultural heritage site in Russia e parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade | |
![]() | |
Concello | Moscova |
Provincia | Moscova |
Comunidade autónoma | Rexión de Moscova |
Coordenadas | 55°45′06″N 37°37′04″L / 55.751666666667, 37.617777777778Coordenadas: 55°45′06″N 37°37′04″L / 55.751666666667, 37.617777777778 |
Estilo arquitectónico | |
Estilo orixinal | mestura (orixe: século XII-séculos XV e XVII) |
Estilo actual | mestura, elementos |
Estado actual | Restaurado. Visitábel |
Véxase tamén | |
Castelos de Rusia | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Kremlin e a Praza Vermella de Moscova | |
---|---|
![]() Vista aérea do Kremlin | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | ![]() |
Tipo | Cultural |
Criterios | I, II, IV, VI |
Inscrición | 1990 (14ª sesión) |
Rexión da UNESCO | Europa e América do Norte |
Identificador | 545 |
O máis coñecido dos kremlins rusos e inclúe catro palacios e catro catedrais, agrupados no interior dun recinto delimitado pola muralla do Kremlin, que inclúe as torres do Kremlin. O seu nome transformouse dende a época da Unión Soviética en sinónimo do goberno de Rusia, de xeito semellante a coma ocorre coa Casa Branca para o goberno dos Estados Unidos de América.
HistoriaEditar
Nos séculos XI e XII era un poboamento eslavo, cunha pequena cidadela, a morada fortificada do boiardo da localidade Kuchka. Na antigüidade a palabra "kreml" úsabase para denominar a parte amurallada no centro dunha vila. En 1147 fíxose mención de Moscova por vez primeira, polo 1156 escavouse un foso e erixiuse unha muralla de terra. Para finais do século XII construíuse un forte amurallado arredor da colonia de mercadores e artesáns que se congregaban en Moscova coma nun refuxio. Daquela, toda Moscova ocupaba unha terceira parte da área do actual Kremlin. En 1238 a cidade púxose ás hordas mongois e no século XIII, mentres o país se recuperaba da devastación feita polos tártaros e os mongois, Moscova gañaba prominencia.
A comezos do século XIV Moscova acada a posición de capital do principado. No Kremlin constrúese unha fortaleza de pedra branca e pasa por un período de reconstrucións radicais:
- Érguese unha nova e sólida muralla arredor da fortaleza dun perímetro de máis de 1.600 metros e se escava un foso cara o leste, fronte a chaira (1339-1340).
- O Kremlin convértese na residencia do príncipe e mais da familia real de Moscova.
- Construíronse as catedrais de pedra branca na parte sur do outeiro do Kremlin: a catedral da Asunción (1326), a Igrexa de Noso Salvador (1330), a Catedral do Arcanxo San Miguel (1333), e no centro do Kremlin foi levantada unha atalaia, coñecida como a torre do campanario do Santo Iván (1329).
De 1344 a 1346 decoráronse todas as igrexas con frescos e iconas. Baixo as ordes do príncipe Dmitri Donskoi ergueuse a xigantesca fortaleza de pedra branca con nove torres. A construción rematou en dous anos. A finais do século XV o Kremlin converteuse no centro da cultura rusa. O principado converteuse no Moscovia. Os douscentos anos de loita para unificar a Rusia culminaron co nacemento do estado centralizado máis grande de Europa. Durante os séculos XV e XVII construíronse os monumentos arquitectónicos que se conservan até os nosos días. A construción transformou o Kremlin, dándolle unha imaxe senlleira e tan común a todo o mundo:
- 2,25 quilómetros de muralla ameada e 19 grandes torres, arrodeados por un foso e polo río Neglínnaya, cuxo nivel de auga foi elevado por medio de diques (1485-1495).
- A Catedral da Asunción (1475-1479), construída por Aristótele Fioravanti, converteuse na catedral central do estado ruso.
- A Igrexa da Deposición do Manto da Virxe (Conmemoración da festa da Imposición)
- A Catedral da Anunciación (1485-1489).
- A Catedral do Arcanxo Miguel (1505-1508) construída por Alevíz Novy.
- O cemiterio dos príncipes e tsares de Moscova etc.
No século XVII os vellos edificios do Kremlin modifícanse e sométense a unha restauración xeral. Durante as varias invasións a Rusia (1605-1618), enfraquecida polo chamado Tempo de Dificultades, as tropas da Mancomunidade de Polonia-Lituania tomaron Moscova e mailo Kremlin do 27 de setembro de 1610 ao 4 de novembro de 1612, até que foron expulsados polo alzamento patriótico de Rusia. De 1635 a 1656 constrúense as Cámaras do Patriarca e a pequena Igrexa dos Doce Apóstolos. O incendio de 1710 destruíu todos os edificios de madeira da parte noroeste do Kremlin.
En 1713, Moscova cede o sitio á nova capital, San Petersburgo, e o Kremlin pasa a ser residencia temporal da corte tsarista. De 1776 a 1788 ergueuse o Senado. En 1812, as forzas de Napoleón ocuparon o Kremlin. Entre 1815 e 1835 realízanse obras de restauración cos mellores arquitectos da época: O. Bové, K. Rossi e D. Gilardi. De 1838 a 1850 construíuse o Gran Palacio do Kremlin e de 1844 a 1851 ergueuse no outeiro do Kremlin la Armaría.
Logo da Gran Revolución de outubro de 1917, Moscova volveu ser a capital. En marzo de 1918 o goberno soviético trasladouse dende Petrogrado a Moscova e ocupou o Kremlin. O Kremlin fechouse aos visitantes. Os vellos mosteiros (Chúdov e da Ascensión) foron demolidos e substituídos por un edificio do goberno (1932—1934). En 1935 a aguia bicéfala foi retirada das torres do Kremlin para se substituír en 1937 polas estrelas de rubís (dimensión:3-3,75 metros).
De 1946 a 1958 restauráronse as catedrais, pazos e outros monumentos arquitectónicos do Kremlin. En 1961 construíuse o Palacio de Congresos.
Desde 1955 o Kremlin fica aberto ao público e en 1990 inclúese na listaxe de Patrimonio Mundial da Unesco.
En 1991 foi fundado o Museo Estatal de Historia e Cultura do Kremlin. Consta da Armaría, a Catedral da Asunción, a Catedral do Arcanxo Miguel, a Catedral da Anunciación,o Museo das Artes Aplicadas e Uso Corrente de Rusia do século XVII, o conxunto do Campanario de Iván o Grande e outros monumentos arquitectónicos.
No complexo arquitectónico atópanse tres edificios que son usados como residencias oficiais do presidente da Federación Rusa: o Palacio do Senado, o Gran Palacio do Kremlin e maila Escola Militar ou edificio nº 14.
Arquitectura do KremlinEditar
- Catedral da Asunción (Uspenski)
- Catedral do Arcanxo Miguel (Arjánguelski)
- Catedral da Anunciación (Blagovéschenski)
- Igrexa dos Doce Apóstolos
- Cámaras do Patriarca
- Campanario de Iván o Grande (Iván III de Rusia)
- Igrexa da Deposición do Manto da Virxe
A Praza das Catedrais é o corazón do Kremilin. Áchase arrodeada de seis edificios, incluíndo as tres catedrais:
- A Catedral da Dormición foi finalizada en 1479 e converteuse na principal sé de Moscova, ademais de ser o lugar onde todos os tsares foron coroados. A gran fachada feita en pedra calcaria, coroada por cinco cúpulas douradas, foi deseñada por Aristótele Fioravanti.
- En 1489, só un ano despois, foi construída a Catedral da Anunciación, coroada por tres cúpulas douradas, porén un século máis tarde sería remodelada, engadíndoselle seis cúpulas máis para facer un total de nove.
- No sueste da praza atópase a maior catedral das tres existentes, a Catedral do Arcanxo Miguel (1508), onde todos os monarcas moscovitas dende Ivan Kalita até Ivan V están enterrados.
Hai, ademais, dúas igrexas pertencentes aos Patriarcas Metropolitanos de Moscova:
- A Catedral dos Doce Apóstolos (1653-56)
- A Igrexa da Deposición do Manto, construída por artesáns de Pskov entre os anos 1484-88 e adornada con frescos e iconas entre 1627 e 1644.
A outra grande estrutura é o Campanario de Iván o Grande, na esquina nordés da praza, o cal marca o centro exacto de Moscova e conta cunha lapa eterna sempre acesa. Completado en 1600, ten unha altura de 81 metros. Até a Revolución Rusa, era a estrutura máis alta da cidade, xa que estaba prohibida a construción de edificios cunha altura superior á do campanario. Conta con 21 campás dispostas para soar a alarma en caso dun ataque inimigo.
A estrutura non relixiosa máis antiga do Kremlin é o Palacio das Facetas (1491), o cal contén os tronos imperiais rusos. Foi mandado construír por Iván III (o Grande). O seguinte por orde de antigüidade é o que fora o primeiro fogar da familia imperial rusa, o Palacio dos Terems. O palacio orixinal foi construído en época de Iván III, mais a maior parte do mesmo data do século XVII. O Palacio dos Terems e mailo Palacio das Facetas están ligados grazas ao Gran Palacio do Kremlin. Este foi mandado construír por Nicolao I en 1838. É a meirande estrutura do Kremlin, custou a suma de 11 millóns de rublos para a súa construción e máis dun billón de dólares para a súa renovación na década de 1990. Contén ademais do apartamento privado do tsar, o andar inferior da igrexa da Resurrección de Lázaro (1393), que é a estrutura existente máis antiga do Kremlin e de toda Moscova.
A esquina nordés da praza áchase ocupada polo Arsenal, que foi construído en época de Pedro o Grande en 1701.
A sección noroeste conta coa Armaría do Kremlin. Construída en 1851 a estilo do Neorrenacemento, sendo actualmente un museo.
Edificios administrativos e museos do KremlinEditar
- Palacio do Senado
- Arsenal do Kremlin
- Armaría do Kremlin
- Gran Palacio do Kremlin
- Palacio das Facetas
- Palacio dos Terems
- Palacio Poteshny
- Palacio Estatal do Kremlin
Monumentos
- Tsar Pushka (Canón do Tsar)
- Tsar Kólokol (Campá do Tsar)
PolíticaEditar
A verba Kremlin adóitase empregar para se referir ao goberno da Unión Soviética (1922-1991) e aos seus membros de maior rango (como xenerais, secretarios, xefes de estado, presidentes, ministros e membros do comisionado). Do mesmo xeito que Downing Street refírese ao goberno inglés, o Eliseo ao goberno francés, a Moncloa ao goberno de España, La Moneda ao goberno do Chile ou a Casa Branca fai referencia ao goberno dos Estados Unidos. Até certo punto Kremlin séguese a empregar para se referir á política de Rusia. Kremlinoloxía refírese ao estudo da política Soviética.
Galería de imaxesEditar
Giacomo Quarenghi. Vista da praza da catedral do Kremlin de Moscova. 1797. Ermitage
Kremlin de Moscova baixo Iván Kalita (Iván I de Rusia)
Kremlin de Moscova baixo Dmitri Donskói(A. Vasnetsov)
A construción do Kremlin baixo Iván III (A. Vasnetsov)
Kremlin de Moscova baixo Iván III (A. Vasnetsov)
De mañá cedo no Kremlin no século XVII (A. Vasnetsov)
O Mosteiro Choudoff, o Senado e mailo Mosteiro da Ascensión (Benoit e Obryuna, mediados do século XIX)
Torre Borovitskaya , Xoán o Bautista, o novo edificio da Armaría e o Gran Palacio do Kremlin (Benoit e Obryuna, mediados do século XIX)
Tsar Pushka. Kremlin de Moscova
O Kremlin de Moscova no século XXIII. Tarxeta postal 1914.
O Kremlin nun billete de cen rublos Unión Soviética 1961. Reverso.
Torre Salvador (Moscova)
Torre de Constantino e Helena na beira da porta principal do Kremlin. A principios do século XIX.
NotasEditar
Véxase taménEditar
A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |
Outros artigosEditar
Ligazóns externasEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Kremlin de Moscova |