Carl Reiner
Carl Reiner, nado o 20 de marzo de 1922[1] en Nova York e finado o 29 de xuño de 2020 en California, foi un actor, director, produtor, guionista e humorista estadounidense, pai do realizador Rob Reiner.
Carl Reiner | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 20 de marzo de 1922 |
Lugar | Bronx |
Falecemento | 29 de xuño de 2020 |
Lugar | Beverly Hills |
Soterrado | Mount Sinai Memorial Park |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Etnia | xudeus estadounidenses |
Relixión | ateísmo |
Educado en | Universidade de Georgetown e Walsh School of Foreign Service |
Cónxuxe(s) | Estelle Reiner |
Fillos | Rob Reiner, Annie Reiner e Lucas Reiner |
Profesión | actor, director de cinema, guionista, produtor de cinema, produtor de televisión, escritor, actor de dobraxe, humorista e realizador |
Na rede | |
https://www.randomcontent.com/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Reiner comezou a actuar en musicais de Broadway en 1948. A partir de 1950 apareceu regularmente no programa de televisión Your Show of Show, do que tamén era un dos guionistas, e desde 1954 na súa continuación Caesar's Hour. En 1960 en The Steve Allen Show axuntouse con Mel Brooks para formar un dúo cómico. En 1961 creou, produciu e protagonizou a súa propia comedia de situación, The Dick Van Dyke Show, que se mantivo en emisión ata 1966, alí dirixiu algúns episodios e en 1967 realizou o seu primeiro filme Enter Laughing, e máis tarde dirixiu varias comedias do actor Steve Martin como The Jerk (1979), Dead Men Don't Wear Plaid (1982), The Man with Two Brains (1983), e All of Me (1984). Reiner gañou nove Emmy e yb Grammy durante a súa carreira, e foi a única persoa en aparecer nas cinco encarnacións de The Tonight Show. De 2004 a 2005, Reiner deu voz a Sarmoti en Father of the Pride.
Notas Editar
- ↑ St. James Encyclopedia of Popular Culture, St. James Press, (2000)
Véxase tamén Editar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Carl Reiner |
Ligazóns externas Editar
- Carl Reiner na IMDb (en inglés).
- Sitio de Carl Reiner (en inglés)