Eva Marie Saint
Eva Marie Saint, nada en Newark (Nova Jersey) o 4 de xullo de 1924 é unha actriz estadounidense.
Eva Marie Saint | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Eva Marie Saint en setembro de 1990. | |||||||||||
Nome completo | Eva Marie Saint | ||||||||||
Nacemento | 4 de xullo de 1924 (99 anos) | ||||||||||
Lugar | Newark, Nova Jersey | ||||||||||
Nacionalidade | ![]() | ||||||||||
Educada en | Actors Studio, Universidade de Bowling Green State, Bethlehem Central High School, Stella Adler Studio of Acting e HB Studio | ||||||||||
Cónxuxe(s) | Jeffrey Hayden (1951-actualidade) | ||||||||||
Profesión | Actriz | ||||||||||
| |||||||||||
Na rede | |||||||||||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |||||||||||
[ editar datos en Wikidata ] | |||||||||||
Traxectoria Editar
Estudou interpretación na Bowling Green State University, cuxo teatro recibe na actualidade o seu nome. Comezou a actuar profesionalmente na televisión a finais da década de 1940.
Nos seguintes anos continuou a desenvolver a súa carreira na radio e na televisón, ademais de no teatro, onde participou na obra The Trip to Bountiful con Lillian Gish. O seu debut no cinema chegou con A lei do silencio, de Elia Kazan, en 1954. Con este filme gañou o Oscar á mellor actriz secundaria, conseguindo grandes papeis nas décadas seguintes.
A partir da década de 1970 volveu á televisión. Neste medio interpretou a nai de Cybill Shepherd na serie Moonlighting durante tres anos.
Filmografía Editar
Ano | Filme |
---|---|
1954 | A lei do silencio |
1956 | That Certain Feeling |
1957 | A Hatful of Rain |
1957 | Raintree Country |
1959 | Coa morte nos talóns |
1960 | Éxodo |
1962 | All Fall Down |
1965 | 36 Hours |
1965 | The Sandpiper |
1966 | Que veñen os rusos |
1966 | Grand Prix |
1968 | A noite dos xigantes |
1970 | Loving |
1972 | Cancel My Reservation |
1986 | Nothing in Common |
1997 | Time to Say Goodbye? |
2000 | I Dreamed of Africa |
2005 | Because of Winn-Dixie |
2006 | Superman Returns |
2014 | Winter's Tale |
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Eva Marie Saint |
Ligazóns externas Editar
- Eva Marie Saint na IMDb (en inglés).