Lillian Gish
Lillian Diana de Giche, nada en Springfield (Ohio) o 14 de outubro de 1893 e finada en Nova York o 27 de febreiro de 1993, foi unha actriz estadounidense.
Lillian Gish | |
---|---|
![]() Lillian Gish en 1921. | |
Nome completo | Lillian Diana Gish |
Nacemento | 14 de outubro de 1893 |
Lugar | Springfield, Ohio, ![]() |
Falecemento | 27 de febreiro de 1993 (99 anos) |
Lugar | Nova York, Estado de Nova York, ![]() |
Causa | Insuficiencia cardíaca e Doenza cardiovascular |
Soterrado | Church of the Heavenly Rest |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Nai | Mary Gish |
Profesión | Actriz |
http://www.lilliangish.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
BiografíaEditar
Filla de Mary Robinson McConnell e James Leigh Gish, Lillian Diana de Giche comezou a traballar como modelo xunto á súa irmá menor, Dorothy, despois de que o pai, que sufría de alcoholismo, abandonase á familia deixándoa nunha precaria situación. En 1899, con apenas seis anos, Lillian empezou a actuar no teatro, e estaría sobre o escenario, sempre xunto á súa irmá, ata 1912. Foi nesa data cando a moza Lillian coñeceu a David Wark Griffith grazas á relación das irmás coa estrela Mary Pickford.
Griffith quedou impresionado polo talento das dúas irmás, especialmente polo de Lillian, máis agraciada fisicamente cá súa irmá ademais. An Unseen Enemy foi a primeira película de Lillian ás ordes do director, á que seguirían doce máis tan só nese ano. A fama definitiva, así a todo, chegou tres anos despois, con The Birth of a Nation.
Axiña Lillian foi catalogada como unha das grandes heroínas da pantalla, e en 1920 probou como directora en Remodeling Her Husband, na que a súa irmá Dorothy era protagonista. Comentábase por aquel entón a posibilidade dunha relación amorosa con Griffith, que en realidade xamais existiu. De feito, as relacións da actriz sempre se manterían nun respectuoso silenzo, á marxe do seu coñecido affaire co produtor Charles Duell, con quen estivo prometida, o actor Robert Harron e o editor George Jean Nathan. Lillian nunca casou.
Cando en 1926 asinou un contrato coa MGM, conseguiu ser unha das poucas actrices con poder sobre as cámaras e o director. Á chegada do sonoro, o seu convencemento de que esta nova técnica xamais triunfaría afastouna do cine e fíxoa volver ao teatro, aínda que axiña -trala morte de DW Griffith, a quen axudou economicamente nos seus últimos anos de vida, cando fora relegado do mundo do cine- reaparecería no celuloide. En 1946, o seu papel como Laura Belle McCanles en Duel in the Sun faríalle merecedora dun nomeamento ao Oscar como mellor actriz secundaria.
Non o conseguiu naquel momento, pero a súa total dedicación valeulle un Oscar honorífico en 1971, tres anos logo da morte da súa irmá Dorothy. Dezaseis anos despois, á idade de 93 anos, Lillian protagonizou a súa última película, The Whales of August (As baleas de agosto) xunto a Bette Davis.
Morreu en 1993, poucos meses antes de cumprir cen anos.
FilmografíaEditar
Cinema mudoEditar
- An Unseen Enemy (1912)
- Two Daughters of Eve (1912)
- In the Aisles of the Wild (1912)
- The One She Loved (1912)
- The Painted Lady (1912)
- The Musketeers of Pig Alley (1912)
- Gold and Glitter (1912)
- My Baby (1912)
- The Informer (1912)
- The New York Hat (1912)
- The Burglar’s Dilemma (1912)
- A Cry for Help (1912)
- Oil and Water (1913)
- The Unwelcome Guest (1913)
- A Misunderstood Boy (1913)
- The Left-Handed Man (1913)
- The Lady and the Mouse (1913)
- A Timely Interception (1913)
- The House of Darkness (1913)
- Just Gold (1913)
- The Mothering Heart (1913)
- During the Round-Up (1913)
- An Indian’s Loyalty (1913)
- A Woman in the Ultimate (1913)
- A Modest Hero (1913)
- So Runs the Way (1913)
- The Madonna of the Storm (1913)
- The Blue or the Gray (1913)
- The Conscience of Hassan Bey (1913)
- Just Kids (1913)
- The Stolen Bride (1913)
- Judith of Bethulia (1914)
- The Battle at Elderbush Gulch (1914)
- The Green-Eyed Devil (1914)
- The Hunchback (1914)
- The Quicksands (1914)
- The Battle of the Sexes (1914)
- Silent Sandy (1914)
- The Rebellion of Kitty Belle (1914)
- Man’s Enemy (1914)
- The Angel of Contention (1914)
- The Tear That Burned (1914)
- The Folly of Anne (1914)
- Men and Women (1914)
- The Sisters (1914)
- Home Sweet Home (1914)
- The Escape (1914)
- Lord Chumley (1914)
- The Birth of a Nation (1915)
- His Lesson (1915)
- The Lost House (1915)
- Enoch Arden (1915)
- Captain Macklin (1915)
- The Lily and the Rose (1915)
- Pathways of Life (1916)
- Daphne and the Pirate (1916)
- Sold for Marriage (1916)
- An Innocent Magdalene (1916)
- Intolerance (1916)
- Diane of the Follies (1916)
- The Children Pay (1916)
- A House Built Upon Sand (1916)
- Souls Triumphant (1917)
- Hearts of the World (1918)
- The Great Love (1918)
- Liberty Bond (1918)
- United States Fourth Liberty Loan Drive (1918)
- Canadian Victory Loan Drive (1918)
- The Greatest Thing in Life (1918)
- A Romance of Happy Valley (1919)
- Broken Blossoms (1919)
- True Heart Susie (1919)
- The Greatest Question (1919)
- Way Down East (1920)
- Orphans of the Storm (1921)
- The White Sister (1923)
- Romola (1924)
- Ben-Hur: A Tale of the Christ (1925) (uncredited extra)
- La Bohème (1926)
- The Scarlet Letter (1926)
- Annie Laurie (1927)
- The Enemy (1927)
- The Wind (1928)
Cinema sonoroEditar
- One Romantic Night (aka The Swan) (1930)
- His Double Life (1933)
- Commandos Strike at Dawn (1942)
- Top Man (aka Man of The Family) (1943)
- Miss Susie Slagle's (1946)
- Duel in the Sun (1946)
- Portrait of Jennie (aka Tidal Wave) (1948)
- The Trip to Bountiful (1953) (TV)
- Film Fun (1955) (uncredited)
- The Cobweb (1955)
- The Night of the Hunter (1955)
- Orders to Kill (1958)
- The Unforgiven (1960)
- Follow Me, Boys! (1966)
- Warning Shot (1967)
- The Comedians (1967)
- Arsenic and Old Lace (1969) (TV)
- Twin Detectives (1976) (TV)
- Sparrow (1978) (TV)
- A Wedding (1978)
- Thin Ice (1981) (TV)
- Hobson's Choice (1983) (TV)
- Hambone and Hillie (1984)
- Adventures of Huckleberry Finn (1985) (TV)
- Sweet Liberty (1986)
- The Whales of August (1987)
CuriosidadesEditar
As seccións de curiosidades e anécdotas deben ser evitadas. Axude a mellorar este artigo, integrando no corpo do texto as informacións relevantes e verificadas e retirando as superfluas ou impropias. |
- É a actriz coa carreira cinematográfica máis longa da historia ata o momento, 75 anos.
- Descendente, por liña materna, de Zachary Taylor.
- Amiga na infancia de Mary Pickford.
- O álbum Gish da banda de rock The Smashing Pumpkins recibe ese nome como homenaxe á actriz.
Véxase taménEditar
A Galicitas posúe citas sobre: Lillian Gish |