The Book Thief (filme)

filme de 2013 dirixido por Brian Percival

The Book Thief é un filme xermano-estadounidense de 2013 dirixido por Brian Percival e protagonizado por Geoffrey Rush, Emily Watson e Sophie Nélisse. O filme baséase na novela homónima de 2005 escrita por Markus Zusak, e foi adaptada por Michael Petroni. Conta a historia dunha nena que vive coa súa familia adoptiva durante a Alemaña nazi. Logo de aprender a ler grazas ó seu novo pai, a nena comeza a "tomar prestados" libros que comparte co refuxiado xudeu que se agocha na casa dos seus pais. A banda sonora foi composta por John Williams.

The Book Thief
Ficha técnica
Título orixinalThe Book Thief
DirectorBrian Percival
Produtor
  • Karen Rosenfelt
  • Ken Blancato
GuiónMichael Petroni
Baseado enThe Book Thief de Markus Zusak
Intérpretes
MúsicaJohn Williams[1]
FotografíaFlorian Ballhaus
MontaxeJohn Wilson
EstudioFox 2000 Pictures
Sunswept Entertainment
Studio Babelsberg
TSG Entertainment
Distribuidora20th Century Fox
EstreaFestival de Mill Valley
8 de novembro de 2013
Duración130 minutos[2]
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Alemaña Alemaña
XéneroDrama e bélico
Orzamento19 millóns de dólares[3]
Recadación76,6 millóns de dólares[4]
Na rede
http://www.thebookthief.com/
IMDB: tt0816442 Filmaffinity: 824161 Allocine: 204237 Rottentomatoes: m/the_book_thief Mojo: bookthief Allmovie: v584977 TCM: 2004721 Metacritic: movie/the-book-thief TV.com: movies/the-book-thief Netlix: 70286248Editar o valor em Wikidata

The Book Thief estreouse no Festival de Cinema de Mill Valley o 31 de outubro de 2013, e nos cinemas dos Estados Unidos o 8 de novembro de 2013. Recibiu valoracións dispares por parte da crítica, con eloxios á súa "fresca perspectiva da guerra" e o seu foco no "consistente fío de humanidade" durante a historia,[5] mais outros críticos salientaron a "narrativa ilusoria" do filme.[6] Cun orzamento de 19 millóns de dólares,[3] o filme foi un éxito de recadación, conseguindo máis de 76 millóns de dólares.[4]

The Book Thief recibiu nomeamentos ós Óscar, Globos de Ouro e BAFTA pola súa banda sonora. Pola súa interpretación no filme, Sophie Nélisse gañou o Premio Spotlight no Festival de Cinema de Hollywood, o Premio Newcomer Satellite e o Premio da Sociedade de Críticos de Cinema de Phoenix. O filme estreouse en Blu-ray e DVD o 11 de marzo de 2014.[7]

Personaxes editar

  • Geoffrey Rush como Hans Hubermann
  • Sophie Nélisse como Liesel Meminger
  • Emily Watson como Rosa Hubermann
  • Nico Liersch como Rudy Steiner
  • Ben Schnetzer como Max Vanderburg
  • Heike Makatsch como a nai de Liesel
  • Barbara Auer como Ilsa Hermann
  • Roger Allam como a morte
  • Sandra Nedeleff como Sarah
  • Hildegard Schroedter como Frau Becker
  • Rafael Gareisen como Walter Kugler
  • Gotthard Lange como o enterrador
  • Godehard Giese como policía no tren
  • Oliver Stokowski como Alex Steiner
  • Levin Liam como Franz Deutscher
  • Carina Wiese como Barbara Steiner
  • Julian Lehmann como Werner Meminger
  • Martin Ontrop como Herr Lehman

Notas editar

  1. "John Williams to Score 'The Book Thief'". Film Music Reporter. 6 de agosto de 2013. Consultado o 6 de agosto de 2013. 
  2. "The Book Thief (12A)". 20th Century Fox. British Board of Film Classification. Consultado o 27 de novembro de 2013. 
  3. 3,0 3,1 "The Book Thief". The Numbers. 5 de xaneiro de 2014. Consultado o 6 de xaneiro de 2014. 
  4. 4,0 4,1 "The Book Thief". Box Office Mojo. 6 de febreiro de 2014. Consultado o 10 de febreiro de 2014. 
  5. Roche, Mairéad (28 de febreiro de 2014). "In Review: The Book Thief". New Empress Magazine. Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2014. Consultado o 27 de marzo de 2014. 
  6. Abele, Robert (8 de novembro de 2013). "Review: 'The Book Thief' robs the truth from an evil time". Los Angeles Times. Consultado o 23 de febreiro de 2014. 
  7. "The Book Thief (2013): Releases". AllMovie. Consultado o 27 de marzo de 2014. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar