Alfred Newman

compositor estadounidense

Alfred Newman, nado en New Haven (Connecticut) o 17 de marzo de 1901 e finado en Hollywood o 17 de febreiro de 1970 foi un compositor e director de música cinematográfica estadounidense.

Alfred Newman
Nacemento17 de marzo de 1901
 New Haven, Connecticut
Falecemento17 de febreiro de 1970
 Hollywood, Os Ánxeles
CausaEnfisema pulmonar
SoterradoForest Lawn Memorial Park (Glendale)
NacionalidadeEstados Unidos de América
Relixiónxudaísmo
Parella/sMartha Louise Montgomery (1947-1970)
FillosDavid Newman (n. 1954)
Thomas Newman (n. 1955)
Maria Newman (n. 1962)
Tim Newman
IrmánsEmil Newman e Lionel Newman
PremiosMellor música
1938 - Alexander Ragtime’s Band
1940 - Tim Pan Alley
1943 - The Song of Bernadette
1955 - Love Is a Many-Splendored Thing
Mellor banda sonora de musical
1947 - Mother Wore Tights
1952 - With a Song in My Heart
1953 - Call Me Madam
1956 - The King and I
1967 - Camelot
Na rede
IMDB: nm0000055 Allmovie: p104370 TCM: 140480 IBDB: 91675
Facebook: alfrednewmanhollywood Musicbrainz: dbe22c4f-6a21-4b7c-ad09-e4048d1065bc Discogs: 283107 Allmusic: mn0000002130 WikiTree: Newman-12607 Find a Grave: 2080 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Newman naceu en New Haven, sendo o maior de dez irmáns. Prodixio musical, comezou a estudar piano con cinco anos con Sigismund Stojowski, e camiñaba dez millas cada día para practicar no piano dun veciño.[1] Puido axudar á súa pobre familia co diñeiro que gañaba por tocar en teatros e restaurantes. Traballou en vodevís e estudou composición e aos vinte anos estaba en Broadway, compoñendo e dirixindo musicais George Gershwin, Richard Rodgers e Jerome Kern. En 1930 acompañou a Irving Berlin a Hollywood,[2] onde recibiu clases privadas de Arnold Schoenberg.

Tras traballar con Berlin no filme Reaching for the Moon, atopou traballo con Samuel Goldwyn e United Artists, escribindo a súa primeira banda sonora completa, Street Scene. En 1940 comezou unha carreira de vinte anos como director musical da 20th Century-Fox, para a que compuxo a fanfarra que acompaña o logotipo. Newman estivo en activo ata a fin da súa vida, compoñendo a súa última banda sonora, Airport (1970) pouco antes da súa morte, producida por un enfisema.

Filmografía editar

Entre 1930 e 1970 Newman escribiu a música de máis de 200 filmes. Newman gañou nove premios Oscar, terceiro tras Walt Disney e Cedric Gibbons. Foi o compositor con máis candidaturas aos premios (corenta e cinco) ata que John Williams o igualou en 2006 e o superou en 2012. Foi candidato ao Oscar polo menos unha vez cada ano entre 1938 e 1957.

Algúns das súas obras principais son:

Familia Newman editar

Newman foi o cabeza de familia dunha longa saga de compositores cinematográficos, entre os que destacan os seus irmáns Lionel e Emil; os seus fillos David, Thomas e Maria; o seu sobriño Randy e os seus sobriños Joey Newman e Jaclyn Newman Dorn.

Notas editar

  1. "Alfred Newman (1901-1970) - head of a musical dynasty", mfiles U.K.
  2. Biography of Alfred Newman, Virginia Tech Multimedia Music Dictionary

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar