Abrir o menú principal

Franz Wachsmann, nado en Königshütte (Chorzów) (hoxe en Polonia) o 24 de decembro de 1906 e finado nos Ánxeles o 24 de febreiro de 1967 foi un compositor xermano-estadounidense coñecido como Franz Waxman. Destacou especialmente polo seu traballo no mundo do cinema.

Franz Wachsmann
Nacemento24 de decembro de 1906
 Königshütte, Imperio Alemán
Falecemento24 de febreiro de 1967 (60 anos)
 Hollywood, Os Ánxeles
Causacancro
SoterradoHollywood Forever Cemetery
NacionalidadeAlemaña
PremiosOscar á mellor banda sonora
1950 - Sunset Boulevard
1951 - A Place in the Sun
Globo de Ouro á mellor banda sonora
1950 - Sunset Boulevard
http://www.franzwaxman.com/
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Waxman naceu no reino de Prusia (hoxe Silesia) nunha familia de orixe xudía. Aos tres anos sufriu unha ferida nun ollo con auga fervendo que lle deixou secuelas permanentes. En 1923 entrou na Academia Musical de Dresden, onde estudou composición e dirección. Nesa época vivía dos cartos que facía tocando música popular.[1] Mentres traballaba como pianista cos Weintraub Syncopaters coñeceu a Frederick Hollander, que o presentou ao célebre director Bruno Walter.

Waxman traballou como orquestrador para a industria cinematográfica alemá, incluíndo a banda sonora de Hollander para Der blaue Engel en 1930. A súa primeira composición para o cinema foi en 1934 no filme Liliom. Ese ano recibiu unha grave malleira duns simpatizantes nazis en Berlín que o levaron a abandonar Alemña e marchar coa súa dona primeiro a París e logo a Hollywood.

En Hollywood coñeceu a James Whale, que coñecía o seu traballo en Liliom. O éxito da súa música para A noiva de Frankenstein (1935) converteuno en xefe musical dos Universal Studios. Porén, estaba máis interesado en compoñer ca en dirixir, polo que deixou a Universal para entrar na MGM como compositor. Estivo no estudio ata que en 1943 pasou á Warner Bros., onde traballou con outros grandes compositores, como Max Steiner e Erich Wolfgang Korngold.

En 1947 fundou o Los Angeles Music Festival. Ese mesmo ano fíxose músico autónomo e gañou dous Oscars consecutivos en 1950 e 1951. Traballou en máis de 1950 filmes e tamén na televisión.

FilmografíaEditar

ConcertosEditar

  • Carmen Fantasie, (1946) para violín e orquestra
  • Tristan and Isolde Fantasy, para violín, piano e orquestra
  • Auld Lang Syne Variations (1947), para violín e conxunto de cámara
  • The Song of Terezín (1964–65), baseada en poemas de nenos do campos de concentración de Theresienstadt
  • "Joshua" (1959), oratorio

NotasEditar

  1. Thomas, Tony. “Franz Waxman.” Chap. 4 in Film Score: The Art & Craft of Movie Music. Burbank, CA: Riverwood Press, 1991, 35.

Véxase taménEditar