Historia dunha monxa
Historia dunha monxa (en inglés: The Nun's Story) é un filme estadounidense de 1959 dirixido por Fred Zinnemann e protagonizado por Audrey Hepburn, Peter Finch, Edith Evans e Peggy Ashcroft. O guión foi escrito por Robert Anderson, baseado na popular novela The Nun's Story de 1956 escrita por Kathryn Hulme. O filme é unha adaptación relativamente fiel da novela, inspirada na vida da monxa belga Marie Louise Habets. Algunhas escenas do filme foron rodadas en localizacións do Congo Belga e teñen a Finch interpretando un cínico mais coidadoso cirurxián.[2]
Historia dunha monxa | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Nun's Story |
Director | Fred Zinnemann |
Produtor | Henry Blanke |
Guión | Robert Anderson |
Baseado en | The Nun's Story, novela de Kathryn Hulme |
Intérpretes | Audrey Hepburn Peter Finch Edith Evans Peggy Ashcroft |
Música | Franz Waxman |
Fotografía | Franz Planer |
Montaxe | Walter Thompson |
Estudio | Warner Bros. |
Distribuidora | Warner Bros. |
Estrea | 18 de xullo de 1959 |
Duración | 149 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Orzamento | 3,5 millóns de dólares[1] |
Recadación | 12,8 millóns de dólares[1] |
Na rede | |
Foi estreada en galego pola Televisión de Galicia o 28 de decembro de 2002.[3]
Argumento
editarGabrielle "Gaby" Van Der Mal (Audrey Hepburn), cuxo pai Hubert (Dean Jagger) é un destacado cirurxián belga, entra nun convento como de monxas enfermeiras a finais da década de 1920, esperando servir no Congo Belga. Tras recibir o nome relixioso de irmá Luke, sofre o seu período como postulante e o seu noviciado que presaxian as súas futuras dificultades co voto de obediencia. Toma os seus primeiros votos e é enviada a unha escola de medicina tropical.
Personaxes
editar- Audrey Hepburn como Irmá Luke (Gabrielle "Gaby" Van Der Mal)
- Peter Finch como Dr. Fortunati
- Edith Evans como Rev. Nai Emmanuel
- Peggy Ashcroft como Nai Mathilde
- Dean Jagger como Dr. Hubert Van Der Mal
- Mildred Dunnock como Irmá Margharita
- Beatrice Straight como Nai Christophe
- Patricia Collinge como Irmá William
- Rosalie Crutchley como Irmá Eleanor
- Ruth White como Nai Marcella
- Barbara O'Neil como Nai Didyma
- Margaret Phillips como Irmá Pauline
- Patricia Bosworth como Simone
- Colleen Dewhurst como "Archangel Gabriel"
- Stephen Murray como Chaplain (Pai Andre)
- Lionel Jeffries como Dr. Goovaerts
- Niall MacGinnis como Pai Vermeuhlen
- Eva Kotthaus como Irmá Marie
- Molly Urquhart como Irmá Augustine
- Dorothy Alison como Irmá Aurelie
- Richard O'Sullivan como Pierre Van Der Mal
- Jeanette Sterke como Louise Van Der Mal
- Errol John como Illunga
- Orlando Martins como Kalulu
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Box Office Information for The Nun's Story. Arquivado 17 de decembro de 2013 en Wayback Machine. The Numbers. Consultado o 16 de decembro de 2013.
- ↑ "The Nun's Story (1959)". Turner Classic Movies. Consultado o 15 de outubro de 2011.
- ↑ La Voz de Galicia, 28 de decembro de 2002, páxina 58