Munich é un filme estadounidense estreado no 2005, dirixido por Steven Spielberg e escrito por Tony Kushner e Eric Roth. Baséase na novela Vengeance: The True Story of an Israeli Counter-Terrorist Team de George Jonas.

Munich
Ficha técnica
Título orixinalMunich
DirectorSteven Spielberg
ProdutorSteven Spielberg
¡Kathleen Kennedy
Barry Mendel
Colin Wilson
GuiónTony Kushner
Eric Roth
Baseado enVengeance: The True Story of an Israeli Counter-Terrorist Team de George Jonas
IntérpretesEric Bana
Daniel Craig
Ciarán Hinds
Mathieu Kassovitz
Hanns Zischler
Geoffrey Rush
MúsicaJohn Williams
FotografíaJanusz Kamiński
MontaxeMichael Kahn
EstudioAmblin Entertainment
The Kennedy/Marshall Company
Alliance Atlantis
DistribuidoraUniversal Studios (Estados Unidos)
DreamWorks (Internacional)
Estrea2005
Duración164 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroDrama
Orzamento$70.000.000[1]
Na rede
IMDB: tt0408306 Filmaffinity: 764214 Allocine: 57432 Rottentomatoes: m/munich Mojo: munich Allmovie: v329301 TCM: 630437 Metacritic: movie/munich TV.com: movies/munich Netlix: 70038133 Editar o valor en Wikidata

Sinopse

editar

A historia transcorre nos meses posteriores ao masacre xudeu nos Xogos Olímpicos de Múnic 1972, e conta a historia dun comando do Mossad, dirixido por un axente secreto novo israelí Avner (Eric Bana), ao que ordenan a procura e asasinato de 11 palestinos, algúns deles membros da organización terrorista Setembro Negro, responsable da morte dos 11 membros do equipo olímpico israelí. Para isto, terá que abandonar a súa muller embarazada, cambiar de identidade e, canda outros axentes, localizar, buscar e matar ás persoas que segundo o Mossad foron parte responsable do masacre. Os seus compañeiros serán Steve (Daniel Craig), un xudeu de orixe surafricana, Carl (Ciarán Hinds), encargado da limpeza posterior a cada acción, Hans (Hanns Zischler), experto falsificador alemán, e Robert (Mathieu Kassovitz), fabricante belga de xoguetes transformado en artilleiro (fabricante de explosivos).

Personaxes

editar

Galardóns

editar
Ano Categoría Persoa Resultado
2005 Mellor filme Candidato
2005 Mellor director Steven Spielberg Candidato
2005 Mellor guión adaptado Tony Kushner
Eric Roth
Candidatos
2005 Mellor montaxe Michael Kahn Candidato
2005 Mellor banda sonora John Williams Candidato

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar