Mossad

servizo de intelixencia israelí

O Mosad ou Mossad (forma abreviada de HaMosad leModi'in ulTafkidim Meyuhadim, en hebreo המוסד למודיעין ולתפקידים מיוחדים, "Instituto de Intelixencia e Operacións Especiais") é unha das axencias de intelixencia de Israel, responsable da recompilación de información de intelixencia, acción encuberta, espionaxe e contraterrorismo en todo o mundo. Está considerada entre o cinco mellores axencias de intelixencia do mundo.[1] A intelixencia e o contraespionaxe dentro de Israel, Cisxordania e a Franxa de Gaza están a cargo do Shabak.

Selo do Mossad.

Organización

editar

O servizo foi creado o 13 de decembro de 1949 como o Instituto Central para a Coordinación, por recomendación do primeiro ministro David Ben-Gurion a Reuven Shiloah. Para iso encomendouse un orzamento de vinte mil libras israelís, das cales cinco mil se reservaban para misións exclusivas requiridas polo primeiro ministro.[2] Ben-Gurion quería unha institución central que coordinase a todos os servizos de seguridade existentes, é dicir, o Departamento de Intelixencia do Exército (AMAN), o Servizo Interno de Seguridade (Shin Bet) e o "Departamento Político" do Ministerio de Asuntos Exteriores.

En marzo de 1951 foi reorganizado como un servizo civil que depende directamente do primeiro ministro. Aínda que boa parte do seu persoal sirva nas forzas armadas israelís, como parte do servizo militar obrigatorio de Israel, e boa parte deles son oficiais, o Mosad non usa rangos militares. A súa sede está en Tel Aviv e conta con oito departamentos.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar