Harry Potter e a Cámara dos Segredos
- Este artigo trata sobre o libro; para outros usos véxase a información sobre o filme e mais o videoxogo.
Harry Potter e a Cámara dos Segredos (en inglés: Harry Potter and the Chamber of Secrets) é unha novela de fantasía escrita pola autora británica J. K. Rowling. É a segunda novela da saga Harry Potter. O libro continúa a historia de Harry Potter no seu segundo ano na Escola Hogwarts de Maxia e Feiticería, durante o cal aparecen unha serie de mensaxes nas paredes do colexio advertindo de que a Cámara dos Segredos foi aberta e que o herdeiro de Slytherin ía matar a todos aqueles que non proviñesen de familias máxicas. Estas ameazas descóbrense xusto despois de ataques que deixan petrificados os residentes do colexio. Ao longo do ano, Harry e os seus amigos Ron e Hermione investigan os ataques.
Harry Potter e a Cámara dos Segredos | |
---|---|
Tipo | obra literaria ![]() |
Epónimo | Harry Potter e Cámara dos Segredos ![]() |
Forma artística | novela ![]() |
Xénero artístico | ficción xuvenil, fantasía e ficción de aventuras ![]() |
Linguas
| |
Franquía | Wizarding World ![]() |
Autoría | |
Autor/a | J. K. Rowling ![]() |
Ilustrador/a | Cliff Wright ![]() |
Temática | |
Tema principal | mago ![]() |
Ambientado en | Castelo de Hogwarts, Cámara dos Segredos, Fraga Prohibida, Escocia e terreos de Hogwarts ![]() |
Época ambientación | 1992 e 1993 ![]() |
Universo ficticio | Universo de Harry Potter ![]() |
Publicación | |
Data publicación | |
País orixe | Reino Unido ![]() |
Datas | |
Data de creación | 2 de xullo de 1998 ![]() |
Cronoloxía | |
Número de | |
Parte da serie | Harry Potter ![]() |
Premios | |
Premios
| |
Obra derivada | |
Derivados
| |
Edicións | |
Identificadores | |
Goodreads | 6231171 ![]() |
Open Library | OL82537W ![]() |
[ Wikidata ] |
O libro publicouse no Reino Unido o 2 de xullo de 1998 por Bloomsbury e máis tarde nos Estados Unidos o 2 de xuño de 1999 por Scholastic Inc. Publicouse traducido ao galego no mes de novembro de 2002 pola Editorial Galaxia coa tradución de Eva Almazán. Aínda que Rowling declarou que lle resultou difícil rematar o libro, obtivo grandes eloxios e premios da crítica, dos lectores novos e da industria do libro, aínda que algúns críticos pensaron que a historia quizais era demasiado aterradora para os máis pequenos. Do mesmo xeito que con outras novelas da serie, Harry Potter e a Cámara dos Segredos desencadeou debates relixiosos; algunhas autoridades relixiosas condenaron o seu uso de temas máxicos, mentres que outras eloxiaron a súa énfase no sacrificio propio e na forma en que o carácter é o resultado das eleccións.
Varios comentaristas sinalaron que a identidade persoal é un tema importante no libro e que recolle cuestións de racismo a través do tratamento de persoas non humanas, non máxicas e non vivas. Algúns comentaristas consideran que o diario máxico que responde é unha advertencia contra a aceptación acrítica de información procedente de fontes cuxos motivos e fiabilidade non se poden comprobar. A autoridade institucional preséntase como egoísta e incompetente.
A versión cinematográfica, estreada en 2002, converteuse (naquela época) no quinto filme con maior recadación da historia e recibiu valoracións positivas por parte da crítica. Tamén se lanzaron videoxogos baseados libremente en Harry Potter e a Cámara dos Segredos para varias plataformas, e a maioría deles obtiveron críticas favorables.
Sinopse
editarMentres pasa o verán cos Dursley, Harry Potter, de doce anos, recibe a visita de Dobby, un elfo doméstico. Dobby di que Harry está en perigo e debe prometer non volver a Hogwarts. Cando Harry se nega, Dobby usa a maxia para destruír un pudin feito pola tía Petunia. Crendo que Harry creou a lea, o tío Vernon encérrao no seu cuarto. O Ministerio de Maxia envía un aviso acusando a Harry de realizar maxia sendo menor de idade e ameazando con expulsalo de Hogwarts.
Os irmáns Weasley Ron, Fred, e George chegan no coche voador do seu pai e levan a Harry á súa casa. Cando Harry e os Weasley van a Travesa Diagon a buscar material escolar, coñecen a Gilderoy Lockhart, un autor famoso que é o novo profesor de Defensa contra a Maxia Negra. Na Estación de King's Cross, Harry e Ron non poden entrar na Plataforma 9¾ para abordar o Hogwarts Express, polo que voan a Hogwarts no coche encantado.
Durante o curso escolar, Harry escoita unha voz estraña que sae dos muros do castelo. O gato de Argus Filch atópase petrificado, xunto cunha advertencia na parede que di que a Cámara dos Segredos fora reaberta e que o herdeiro de Slytherin mataría todos os alumnos cuxos pais fosen muggles. Harry descobre que a Cámara supostamente contén un monstro que ataca os estudantes fillos de muggles, e que só o Herdeiro de Slytherin pode controlar. Durante un partido de quidditch, unha bludger maliciosa golpea a Harry, rompéndolle o brazo. O profesor Lockhart fracasa nun intento de reparalo, o que envía a Harry ao hospital. Dobby visita a Harry e revélalle que foi el quen enmeigou a bludger e selou o portal de King's Cross. Tamén di a Harry que os elfos domésticos están obrigados a servir a un amo e que non poden ser liberados a menos que o seu amo lles dea unha peza de roupa.
Despois doutro ataque do monstro, os estudantes asisten a unha clase de duelo. Durante a clase, Harry mostra a rara habilidade de falar pársel, a lingua das serpes. Myrtle a Choricas, unha pantasma do baño das rapazas, móstralle a Harry e aos seus amigos un diario que algúen lle tirou. Pertencía a Tom Riddle, un estudante que foi testemuña da morte doutro estudante cando se abriu a Cámara por última vez. Durante o seguinte ataque do monstro, Hermione Granger queda petrificada.
Harry e Ron descobren que o monstro é un basilisco, unha serpe xigantesca que pode matar as súas vítimas cunha mirada directa e petrificalas cunha mirada indirecta. Harry decátase conta de que o Basilisco está a producir a voz que escoita nas paredes. Despois de que a irmá de Ron, Ginny, sexa secuestrada e levada á Cámara, Harry e Ron descobren a entrada da Cámara no baño de Myrtle. Cando obrigan a Lockhart a entrar con eles, confesa que as historias que contaba das súas heroicas aventuras son inventos. Intenta borrar as lembranzas dos rapaces, pero o seu feitizo falla e borra a súa propia memoria.
Harry atopa unha Ginny inconsciente na Cámara. Aparece unha manifestación de Tom Riddle e revela que é Lord Voldemort e o Herdeiro de Slytherin. Despois de explicar que abriu a Cámara, Riddle convoca o basilisco para que mate a Harry. Chega o fénix de Dumbledore Fawkes, traendo a Harry o Sombreiro Escolledor. Mentres Fawkes cega o basilisco, Harry saca a Espada de Gryffindor do Sombreiro. Mata a serpe, despois apuñala o diario cun cairo de basilisco, destruíndoo xunto coa manifestación de Riddle. Máis tarde, Harry libera a Dobby enganando ao seu amo para que lle dea roupa. Ao final da novela, os estudantes Petrificados son curados e Gryffindor gaña a Copa das Casas.
Publicación e acollida
editarDesenvolvemento
editarJ.K Rowling tivo dificultades para rematar Harry Potter e a Cámara dos Segredos porque tiña medo de que non cumprise as expectativas alcanzadas despois de Harry Potter e a pedra filosofal. Despois de entregar a tempo o manuscrito a Bloomsbury, revisouno de novo durante seis semanas.[1]
Nos primeiros bosquexos do libro, a pantasma de Nick Case Decapitado cantaba unha canción composta por el que explicaba a súa condición e as circunstancias da súa morte. Esta parte foi suprimida por petición do editor, pero publicouse como material extra na páxina web oficial de J. K. Rowling.[2] A historia da familia de Dean Thomas tamén foi eliminada porque Rowling e os editores a consideraron unha "digresión innecesaria", á vez que considerou que a propia viaxe de descubrimento de Neville Longbottom era "máis importante para a trama central".[3]
O personaxe de Gilderoy Lockhart inspirouse nun coñecido de Rowling que, segundo as súas palabras, era "aínda máis censurable que o seu homólogo ficticio" e "adoitaba contar unhas fantásticas falacias sobre a súa vida pasada, todas elas deseñadas para demostrar que era unha persoa marabillosa, valente e brillante".[4]
Publicación
editarHarry Potter e a Cámara dos Segredos publicouse no Reino Unido o 2 de xullo de 1998 e nos Estados Unidos o 2 de xuño de 1999.[5][6] Inmediatamente ocupou o primeiro lugar nas listas dos máis vendidos do Reino Unido, desprazando a autores populares como John Grisham, Tom Clancy[1] e Terry Pratchett,[7] e convertendo a Rowling na primeira autora en gañar os Premio British Book ao Libro Infantil do Ano durante dous anos consecutivos.[8] En xuño de 1999, pasou directamente ao primeiro lugar das tres listas dos máis vendidos dos Estados Unidos,[9] incluíndo The New York Times.[10]
As impresións da primeira edición tiñan varios erros, que foron corrixidos en reimpresións posteriores.[11] Inicialmente, Dumbledore dixo que Voldemort era o derradeiro devanceiro que quedaba de Salazar Slytherin no canto do seu descendente.[11] O libro de Gilderoy Lockhart sobre os lobishome titúlase Weekends with Werewolves nun momento e Wanderings with Werewolves máis tarde no libro.[12]
Resposta da crítica
editarHarry Potter e a Cámara dos Segredos recibiu unha aclamación case universal. En BookBrowse, unha páxina que recolle recensións de libros como recensións de medios de comunicación, o libro recibiu unha cualificación de a partir da "opinión dos críticos".[13]
En The Times, Deborah Loudon describiuno como un libro para nenos que sería "relido ata a idade adulta" e destacou os seus "argumentos fortes, personaxes atractivos, excelentes brincadeiras e unha mensaxe moral que flúe naturalmente da historia".[14] O autor de fantasía Charles de Lint estivo de acordo e considerou que o segundo libro de Harry Potter era tan bo como Harry Potter e a pedra filosofal, un logro raro entre as series de libros.[15] Thomas Wagner considerou a trama moi semellante á do primeiro libro, baseada na procura dun segredo agochado baixo a escola. Porén, gostou da parodia das celebridades e dos seus seareiros que se centra en Gilderoy Lockhart, e aprobou o manexo do racismo no libro.[16] Tammy Nezol describiu o libro como máis perturbador ca o seu predecesor, particularmente no comportamento temerario de Harry e os seus amigos despois de que Harry ocultase información a Dumbledore, e no comportamento humano das mandrágoras utilizadas para facer unha poción que cura a petrificación. Porén, considerou a segunda historia tan agradable como a primeira.
Mary Stuart pensou que o conflito final con Tom Riddle na Cámara era case tan arrepiante como nalgunhas das obras de Stephen King, e quizais demasiado forte para nenos pequenos ou tímidos. Comentou que "hai sorpresas e detalles imaxinativos abondos como para encher normalmente cinco libros menores". Do mesmo xeito ca outros críticos, pensou que o libro compracería tanto aos lectores infantís como adultos.[17] Segundo Philip Nel, as primeiras recensións do libro eloxiárono sen disimulo, mentres que as posteriores incluíron algunhas críticas, aínda que todas coincidieron en que o libro era excelente.[18]
Graeme Davis, quen escribiu críticas dos sete libros da saga logo de que foran publicados, considerou Harry Potter e a Cámara dos Segredos como o máis débil da serie, e coincidiu en que a estrutura da trama é moi semellante á de Harry Potter e a pedra filosofal. Tamén describiu a aparición de Fawkes en axuda de Harry como un deus ex machina: dixo que o libro non explica como Fawkes sabía onde atopar a Harry; e o momento de aparición de Fawkes tiña que ser moi preciso, xa que chegar antes probablemente impediría a batalla co basilisco, mentres que chegar máis tarde sería fatal para Harry e Ginny.[19]
Premios e recoñecementos
editarHarry Potter e a Cámara dos Segredos de Rowling recibiu varios premios.[20] A Asociación de Bibliotecas dos Estados Unidos de América incluíu a novela entre os seus 2000 Notable Children's Books,[21] así como entre os mellores libros para mozos.[22] En 1999, Booklist nomeou Harry Potter e a Cámara dos Segredos como unha das opcións dos seus editores,[23] e como unha das súas dez mellores novelas fantásticas para a xuventude.[20] O Centro Cooperativo de Libros Infantís incluíu a novela como CCBC Choice do ano 2000 na categoría "Ficción para nenos".[24] A novela tamén gañou o Premio ao Libro Infantil Británico do Ano,[25] e foi preseleccionado para o Premio Guardian Infantil de 1998 e o Premio Carnegie de 1998.[20]
Harry Potter e a Cámara dos Segredos gañou o Nestlé Smarties Book Prize de 1998, a Medalla de Ouro na división de 9 a 11 anos.[25] Rowling tamén gañou outros dous premios Nestlé Smarties por Harry Potter e a pedra filosofal e Harry Potter e o preso de Azkaban. O Scottish Arts Council concedeu o seu primeiro premio de libro infantil á novela en 1999,[26] e tamén foi galardoado co Premio Whitaker's Platinum Book en 2001.[20][27] En 2003, a novela figuraba no número 23 da enquisa da BBC The Big Read.[28]
Temas principais
editarHarry Potter e a Cámara dos Segredos segue examinando o que fai que unha persoa sexa quen é, tema que comezou no primeiro libro. Ademais de manter que a identidade de Harry está formada polas súas decisións e non por calquera aspecto do seu nacemento,[29] Harry Potter e a Cámara dos Segredos ofrece personaxes contrastados que tratan de ocultar a súa verdadeira personalidade: como di Tammy Nezol, Gilderoy Lockhart "carece de identidade real" porque non é máis que un mentireiro encantador. Riddle tamén complica a loita de Harry para entenderse a si mesmo sinalando as semellanzas entre os dous: "ambos mestizos, orfos criados por muggles, probablemente os dous únicos falantes de pársel que viñeron a Hogwarts dende o gran Slytherin".[30]
A oposición ás clases sociais, a morte e as súas consecuencias, a experiencia da adolescencia, o sacrificio, o amor, a amizade, a lealdade, os prexuízos e o racismo son temas constantes da serie. En Harry Potter e a Cámara dos Segredos, a consideración e o respecto de Harry polos demais esténdese ao humilde e non humano Dobby e á pantasma Nick Case Decapitado.[31] Segundo Marguerite Krause, os logros na novela dependen máis do enxeño e do traballo duro que dos talentos naturais.[32]
Edward Duffy, profesor asociado da Universidade Marquette, di que un dos personaxes centrais da Cámara dos Segredos é o diario encantado de Tom Riddle, que toma o control de Ginny Weasley, tal e como Riddle artellaba. Duffy suxire que Rowling pretendía isto como unha advertencia contra o consumo pasivo de información de fontes que teñen as súas propias axendas.[33] Aínda que Bronwyn Williams e Amy Zenger consideran o diario como un sistema de mensaxería instantánea ou sala de chat, coinciden nos perigos de depender demasiado da palabra escrita, que pode camuflar o autor, e destacan como un exemplo cómico, os libros de autopromoción de Lockhart.[34]
Antonello Fabio Caterino, un lingüista e filólogo forense italiano, afirmou que as conversas que Harry e Voldemort mantiveron a través do diario poderían considerarse unha "transposición moderna" do Secretum de Petrarca, un texto que moitas veces se compara cun diario, que detalla un diálogo imaxinario entre o escritor e Agostiño de Hipona. Caterino analizou as semellanzas entre os temas atopados en ambos os libros, partindo da idea dunha alma fragmentada: Harry e Voldemort están á procura dos Horcruxes de Voldemort, que son fragmentos da súa alma, e Petrarca tamén se centra no concepto animae fragmenta, que significa fragmentos da alma.[35]
A inmoralidade e a representación da autoridade como negativas son temas significativos na novela. Marguerite Krause afirma que hai poucas regras morais absolutas no mundo de Harry Potter, por exemplo Harry prefire dicir a verdade, pero mente sempre que o considera necesario, de xeito semellante ao seu inimigo Draco Malfoy.[32] Ao final de Harry Potter e a Cámara dos Segredos, Dumbledore retráctase da súa promesa de castigar a Harry e Ron se incumprían máis regras da escola, despois de que a Profesora McGonagall estimase que incumpriran máis de 100 normas, e recompénsaos xenerosamente por acabar coa ameaza da Cámara dos Segredos.[36] Krause afirma ademais que as figuras de autoridade e as institucións políticas reciben pouco respecto por parte de Rowling.[32] William MacNeil da Universidade Griffith, Queensland, en Australia, afirma que o Ministro de Maxia é representado como unha mediocridade.[37] No seu artigo "Harry Potter and the Secular City", Ken Jacobson suxire que o Ministerio no seu conxunto é retratado como unha maraña de imperios burocráticos, dicindo que "Os funcionarios do ministerio están ocupados con minucias (por exemplo, estandarizando o grosor do caldeiro) e acuñando eufemismos politicamente correctos como "comunidade non máxicas" (para referirse á comunidade muggle) e "modificación da memoria" (para lavado máxico de cerebro)".[29]
Esta novela implica que comeza en 1992: a torta para a festa número 500 do día da morte de Nick Case Decapitado leva as palabras "Sir Nicholas De Mimsy Porpington morreu o 31 de outubro de 1492".[38][39]
Conexión con Harry Potter e o misterio do príncipe
editarHarry Potter e a Cámara dos Segredos ten moitas ligazóns co sexto libro da serie, Harry Potter e o misterio do príncipe. De feito, o Misterio do príncipe era o título provisional da Cámara dos Segredos e Rowling di que orixinalmente tiña a intención de presentar algunhas "información cruciais" no segundo libro, pero finalmente considerou que "o fogar adecuado desta información era o sexto libro".[40] Algúns obxectos que desempeñan papeis significativos no Misterio do príncipe aparecen por primeira vez na Cámara dos Segredos: a man de gloria e o colar de ópalos que están á venda en Borgin and Burkes; un gabinete evanescente de Hogwarts que está danado por mor de Peeves; e o diario de Tom Riddle, que máis tarde se revela que é un Horcrux.[41] Ademais, estas dúas novelas son as que máis se centran na relación de Harry con Ginny Weasley.
Adaptacións
editarCinema
editar- Artigo principal: Harry Potter e a Cámara dos Segredos (filme).
A versión cinematográfica de Harry Potter e a Cámara dos Segredos estreouse en 2002.[42] Chris Columbus dirixiu o filme,[43] e o guión foi escrito por Steve Kloves. Converteuse no terceiro filme en superar os 600 millóns de dólares estadounidenses nas salas internacionais, precedida por Titanic (1997) e Harry Potter e a pedra filosofal (2001).[44] O filme foi nomeado a un Premio Saturn como mellor filme de fantasía.[44][45] A versión cinematográfica da Cámara dos Segredos recibiu críticas xeralmente positivas, tanto de Metacritic, cunha puntuación media de 63%,[46] como de Rotten Tomatoes, cunha puntuación do 82%.[43]
Videoxogos
editar- Artigo principal: Harry Potter and the Chamber of Secrets (videoxogo).
Electronic Arts publicou cinco videoxogos únicos de diferentes desenvolvedores entre 2002 e 2003, baseados libremente no libro:
Desenvolvedor | Data de estrea | Platforma | Xénero | GameRankings | Metacritic | Notas |
---|---|---|---|---|---|---|
KnowWonder | 14 de novembro de 2002 | Microsoft Windows | Aventura/crebacabezas | 71,46%[47] | 77/100[48] | |
Argonaut | PlayStation | Acción e aventura | 70,50%[49] | 74/100[50] | ||
Griptonite | Game Boy Color | Rol | 77,33%[51] | — | ||
Eurocom | Game Boy Advance | Acción e crebacabezas | 73,44%[52] | 76/100[53] | ||
GameCube | Acción e aventura | 73,29%[54] | 77/100[55] | |||
PlayStation 2 | 70,44%[56] | 71/100[57] | ||||
Xbox | 74,58%[58] | 77/100[59] | ||||
Aspyr | 10 de abril de 2003 | Mac OS X | Aventura/crebacabezas | — | — | Versión do porto de Windows |
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Sexton, Colleen (2007). "Pottermania". J. K. Rowling. Twenty-First Century Books. pp. 77–78. ISBN 978-0-8225-7949-6. Consultado o 25 de maio de 2009.
- ↑ Rowling, J.K. (2009). "Nearly Headless Nick". Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2009. Consultado o 25 de maio de 2009.
- ↑ Rowling, J.K. (2009). "Dean Thomas's background (Chamber of Secrets)". Arquivado dende o orixinal o 2 de maio de 2009. Consultado o 25 de maio de 2009.
- ↑ Rowling, J. K. "Gilderoy Lockhart". J. K. Rowling Official Site. Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2007. Consultado o 4 de xaneiro de 2019.
- ↑ "A Potter timeline for muggles". Toronto Star. 14 de xullo de 2007. Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2008. Consultado o 27 de setembro de 2008.
- ↑ "Harry Potter: Meet J.K. Rowling". Scholastic Inc. Arquivado dende o orixinal o 6 de xaneiro de 2010. Consultado o 27 de setembro de 2008.
- ↑ "Digested read: Harry Potter and the Chamber of Secrets". The Guardian (Londres). 25 de agosto de 1998. Arquivado dende o orixinal o 23 de agosto de 2013. Consultado o 25 de maio de 2009.
- ↑ Beckett, Sandra (2008). "Child-to-Adult Crossover Fiction". Crossover Fiction. Taylor & Francis. pp. 112–115. ISBN 978-0-415-98033-3. Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2023. Consultado o 16 de maio de 2009.
- ↑ Pais, Arthur (20 de xuño de 2003). "Harry Potter: The mania continues...". Rediff.com India Limited. Arquivado dende o orixinal o 10 de febreiro de 2009. Consultado o 25 de maio de 2009.
- ↑ "Best Sellers Plus". The New York Times. 20 de xuño de 1999. Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2001. Consultado o 25 de maio de 2009.
- ↑ 11,0 11,1 Brians, Paul. "Errors: Ancestor / Descendant". Washington State University. Arquivado dende o orixinal o 18 de marzo de 2009. Consultado o 25 de maio de 2009.
- ↑ Rowling, J.K. (1998). Harry Potter and the Chamber of Secrets. Londres: Bloomsbury. pp. 38, 78. ISBN 0-7475-3848-4.
- ↑ "Harry Potter and The Chamber of Secrets". BookBrowse (en inglés). 2023-10-04. Consultado o 2023-10-04.
- ↑ Loudon, Deborah (18 de setembro de 1998). "Harry Potter and the Chamber of Secrets – Children's Books". The Times (Londres). Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2010. Consultado o 26 de maio de 2009.
- ↑ de Lint, Charles (xaneiro de 2000). "Books To Look For". Fantasy & Science Fiction. Arquivado dende o orixinal o 23 de xaneiro de 2010. Consultado o 26 de maio de 2009.
- ↑ Wagner, Thomas (2000). "Harry Potter and the Chamber of Secrets". Thomas M. Wagner. Arquivado dende o orixinal o 5 de xaneiro de 2009. Consultado o 26 de maio de 2009.
- ↑ Stuart, Mary. "Harry Potter and the Chamber of Secrets". curledup.com. Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2009. Consultado o 26 de maio de 2009.
- ↑ Nel, Phillip (2001). "Reviews of the Novels". J.K. Rowling's Harry Potter novels: a reader's guide. Continuum International. p. 55. ISBN 0-8264-5232-9. Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2023. Consultado o 26 de maio de 2009.
- ↑ Davis, Graeme (2008). "Re-reading Harry Potter and the Chamber of Secrets". Re-Read Harry Potter and the Chamber of Secrets Today! an Unauthorized Guide. Nimble Books LLC. p. 1. ISBN 978-1-934840-72-6. Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2023. Consultado o 25 de maio de 2009.
- ↑ 20,0 20,1 20,2 20,3 "Harry Potter and the Chamber of Secrets". Arthur A. Levine Books. 2001–2005. Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2006. Consultado o 18 de xullo de 2009.
- ↑ "ALA Notable Children's Books All Ages 2000". Scholastic Inc. 11 de xuño de 2007. Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2011. Consultado o 18 de xullo de 2009.
- ↑ "Best Books for Young Adults". Asociación de Bibliotecas dos Estados Unidos de América. 2000. Arquivado dende o orixinal o 1 de maio de 2009. Consultado o 18 de xullo de 2009.
- ↑ Estes, Sally; Susan Dove Lempke (1999). Books for Youth – Fiction. Booklist. Consultado o 18 de xullo de 2009.
- ↑ "Harry Potter Reviews". CCBC. 2009. Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2010. Consultado o 18 de xullo de 2009.
- ↑ 25,0 25,1 "ABOUT J.K. ROWLING". Raincoast Books. 2009. Arquivado dende o orixinal o 21 de decembro de 2007. Consultado o 18 de xullo de 2009.
- ↑ "Scottish Arts Council Children's Book Awards". Scottish Arts Council. 30 de maio de 2001. Arquivado dende o orixinal o 4 de novembro de 2008. Consultado o 18 de xullo de 2009.
- ↑ "Potter goes platinum". RTÉ. 2009. Arquivado dende o orixinal o 21 de xaneiro de 2005. Consultado o 18 de xullo de 2009.
- ↑ "BBC – The Big Read" Arquivado 31 de outubro de 2012 en Wayback Machine.. BBC, abril de 2003, consultado o 12 de decembro de 2013
- ↑ 29,0 29,1 Jacobsen, Ken (2004). "Harry Potter and the Secular City: The Dialectical Religious Vision of J.K. Rowling" (PDF). Animus 9: 79–104. Arquivado (PDF) dende o orixinal o 8 de xaneiro de 2010. Consultado o 27 de maio de 2009.
- ↑ Cockrell, Amanda (2004). "Harry Potter and the Secret Password". En Whited, L. The ivory tower and Harry Potter. University of Missouri Press. pp. 20–26. ISBN 0-8262-1549-1. Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2023. Consultado o 27 de maio de 2009.
- ↑ Knapp, Nancy (2003). "In Defense of Harry Potter: An Apologia" (PDF). School Libraries Worldwide (International Association of School Librarianship) 9 (1): 78–91. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 9 de marzo de 2011. Consultado o 14 de maio de 2009.
- ↑ 32,0 32,1 32,2 Krause, Marguerite (2006). "Harry Potter and the End of Religion". En Lackey, M.; Wilson, L. Mapping the world of Harry Potter. BenBella Books. pp. 55–63. ISBN 1-932100-59-8. Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2023. Consultado o 27 de maio de 2009.
- ↑ Duffy, Edward (2002). "Sentences in Harry Potter, Students in Future Writing Classes" (PDF). Rhetoric Review (Lawrence Erlbaum Associates, Inc.) 21 (2): 170–187. doi:10.1207/S15327981RR2102_03. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 20 de xullo de 2011. Consultado o 27 de maio de 2009.
- ↑ Williams, Bronwyn; Zenger, Amy (2007). Popular culture and representations of literacy. A.A. Routledge. pp. 113–117, 119–121. ISBN 978-0-415-36095-1. Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2023. Consultado o 27 de maio de 2009.
- ↑ Liverani, Elena; Caterino, Antonello Fabio, eds. (2023). Cantare le glorie di eroi: da Omero a oggi: studi per Eleonora Cavallini. Alessandria: Edizioni dell'Orso. ISBN 978-88-3613-390-1.
- ↑ Rowling, J.K. (1998). "Dobby's Reward". Harry Potter and the Chamber of Secrets. Londres: Bloomsbury. pp. 241–243. ISBN 0-7475-3848-4.
- ↑ MacNeil, William (2002). ""Kidlit" as "Law-And-Lit": Harry Potter and the Scales of Justice" (PDF). Law and Literature (University of California) 14 (3): 545–564. doi:10.1525/lal.2002.14.3.545. hdl:10072/6871. Arquivado (PDF) dende o orixinal o 5 de outubro de 2009. Consultado o 27 de maio de 2009.
- ↑ Rowling, J.K. (1998). Harry Potter and the Chamber of Secrets. Londres: Bloomsbury. p. 102. ISBN 0-7475-3848-4.
- ↑ Whited, L. (2006). "1492, 1942, 1992: The Theme of Race in the Harry Potter Series". The Looking Glass: New Perspectives on Children's Literature 1 (1). Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2009. Consultado o 20 de agosto de 2009.
- ↑ Rowling, J.K. (29 de xuño de 2004). "Title of Book Six: The Truth". Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2009. Consultado o 25 de maio de 2009.
- ↑ Davis, Graeme (2008). "Re-reading The Very Secret Diary". Re-Read Harry Potter and the Chamber of Secrets Today! an Unauthorized Guide. Nimble Books LLC. p. 74. ISBN 978-1-934840-72-6. Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2023. Consultado o 25 de maio de 2009.
- ↑ Schwarzbaum, Lisa (13 de novembro de 2002). "Harry Potter and the Chamber of Secrets (2002)". Entertainment Weekly. Arquivado dende o orixinal o 12 de agosto de 2009. Consultado o 8 de agosto de 2009.
- ↑ 43,0 43,1 "Harry Potter and the Chamber of Secrets (2002)". Rotten Tomatoes. Flixster. Arquivado dende o orixinal o 4 de febreiro de 2009. Consultado o 26 de maio de 2009.
- ↑ 44,0 44,1 "SF Site – News: 25 March 2003". Arquivado dende o orixinal o 29 de abril de 2008. Consultado o 26 de maio de 2009.
- ↑ "Past Saturn Awards". Academy of Science Fiction, Fantasy & Horror Films. 2006. Arquivado dende o orixinal o 12 de maio de 2011. Consultado o 26 de maio de 2009.
- ↑ Metacritic (ed.). "Harry Potter and the Chamber of Secrets (2002): Reviews". Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2009. Consultado o 26 de maio de 2009.
- ↑ "Harry Potter and the Chamber of Secrets for PC". GameRankings. Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2012. Consultado o 2014-01-27.
- ↑ "Harry Potter and the Chamber of Secrets Critic Reviews for PC". Metacritic. Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2014. Consultado o 2014-01-27.
- ↑ "Harry Potter and the Chamber of Secrets for PlayStation". GameRankings. Arquivado dende o orixinal o 2 de febreiro de 2012. Consultado o 2014-01-27.
- ↑ "Harry Potter and the Chamber of Secrets for PlayStation Reviews". Metacritic. Arquivado dende o orixinal o 6 de abril de 2014. Consultado o 2014-01-27.
- ↑ "Harry Potter and the Chamber of Secrets for Game Boy Color". GameRankings. Arquivado dende o orixinal o 31 de decembro de 2012. Consultado o 2014-01-27.
- ↑ "Harry Potter and the Chamber of Secrets for Game Boy Advance". GameRankings. Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2012. Consultado o 2014-01-27.
- ↑ "Harry Potter and the Chamber of Secrets Critic Reviews for Game Boy Advance". Metacritic. Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2014. Consultado o 2014-01-27.
- ↑ "Harry Potter and the Chamber of Secrets for GameCube". GameRankings. Arquivado dende o orixinal o 31 de decembro de 2012. Consultado o 2014-01-27.
- ↑ "Harry Potter and the Chamber of Secrets Critic Reviews for GameCube". Metacritic. Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2014. Consultado o 2014-01-27.
- ↑ "Harry Potter and the Chamber of Secrets for PlayStation 2". GameRankings. Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2012. Consultado o 2014-01-27.
- ↑ "Harry Potter and the Chamber of Secrets Critic Reviews for PlayStation 2". Metacritic. Arquivado dende o orixinal o 9 de xaneiro de 2014. Consultado o 2014-01-27.
- ↑ "Harry Potter and the Chamber of Secrets for Xbox". GameRankings. Arquivado dende o orixinal o 8 de xuño de 2012. Consultado o 2014-01-27.
- ↑ "Harry Potter and the Chamber of Secrets Critic Reviews for Xbox". Metacritic. Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2014. Consultado o 2014-01-27.