Harry Potter e a Orde do Fénix (filme)

filme británico-americano do 2007

Harry Potter e a Orde do Fénix (en inglés: Harry Potter and the Order of the Phoenix) é un filme de fantasía e drama[1] dirixido por David Yates e baseado na novela homónima escrita por J. K. Rowling. É o quinto filme da serie de filmes de Harry Potter. Foi escrito por Michael Goldenberg e producido por David Heyman e David Barron. A historia céntrase no quinto ano de Harry Potter na Escola Hogwarts de Maxia e Feiticería, durante o que o Ministerio de Maxia rexeita a idea do regreso de Lord Voldemort. A película está protagonizada por Daniel Radcliffe como Harry Potter, con Rupert Grint e Emma Watson como os mellores amigos de Harry, Ron Weasley e Hermione Granger. O resto do elenco inclúe a Ralph Fiennes, Michael Gambon, Imelda Staunton, Gary Oldman e Helena Bonham Carter.

Harry Potter e a Orde do Fénix

Tipofilme Editar o valor en Wikidata
Forma artísticalongametraxe Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticofilme de fantasía, filme familiar e filme baseado nunha novela Editar o valor en Wikidata
Lingua orixinallingua inglesa Editar o valor en Wikidata
FranquíaWizarding World Editar o valor en Wikidata
Autoría
Creador/aDavid Yates Editar o valor en Wikidata
Director/aDavid Yates Editar o valor en Wikidata
Compositor/aNicholas Hooper Editar o valor en Wikidata
GuionistaMichael Goldenberg Editar o valor en Wikidata
Director/a fotografíaSławomir Idziak Editar o valor en Wikidata
Editor/a de cineMark Day Editar o valor en Wikidata
Deseñador/a produciónStuart Craig Editar o valor en Wikidata
Temática
Ambientado enLondres, Hogwarts e Inglaterra Editar o valor en Wikidata
Baseado enHarry Potter e a Orde do Fénix Editar o valor en Wikidata
Inspirado na obra deJ. K. Rowling Editar o valor en Wikidata
Universo ficticioUniverso de Harry Potter Editar o valor en Wikidata
Publicación
Data publicación
País orixeReino Unido e Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Produtor/aDavid Heyman e David Barron Editar o valor en Wikidata
Produtor/a executivoLionel Wigram Editar o valor en Wikidata
Compañía produtoraHeyday Films e Warner Bros. Editar o valor en Wikidata
Distribuidor/aWarner Bros. Editar o valor en Wikidata
Recadación941.676.843 $ e 292.382.727 $ Editar o valor en Wikidata
Custo150.000.000 $ Editar o valor en Wikidata
Formato de distribuciónvídeo baixo demanda Editar o valor en Wikidata
Número de
Parte da serieHarry Potter Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Duración2 horas e 13 minutos Editar o valor en Wikidata
Localización
ColecciónMuseo de Arte Moderna de Nova York Editar o valor en Wikidata
Localización rodaxeLondres, Oxfordshire, Hertfordshire e Turquía Editar o valor en Wikidata
Premios
Obra derivada
Puntuación da crítica
Videoxogo
Contacto
Páxina WEBharrypotter.com Editar o valor en Wikidata
RedesIMDB: tt0373889 Filmaffinity: 336273 Allocine: 58608 Rottentomatoes: m/harry_potter_and_the_order_of_the_phoenix Mojo: harrypotter5 Allmovie: v289458 TCM: 643212 Metacritic: movie/harry-potter-and-the-order-of-the-phoenix TV.com: movies/harry-potter-and-the-order-of-the-phoenix Netlix: 70058027 Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

O filme tivo a súa estrea nos Estados Unidos o 11 de xullo de 2007 e no Reino Unido e o 12 de xullo de 2007. Foi a primeira película de Harry Potter en proxectarse en cines IMAX 3D, aínda que tamén se estreou en salas convencionais e con IMAX. A recadación nas salas internacionais ascende a 938,2 millóns de dólares estadounidenses.[2]

Sinopse

editar

O quinto ano de Harry comeza sufrindo un ataque de Dementores en Little Whinging. Máis tarde, descobre que o Ministerio de Maxia nega o regreso de Lord Voldemort; asemade Harry comeza a sufrir continuos pesadelos. Pola súa banda, o Ministerio sitúa a Dolores Umbridge como nova profesora de Defensa contra a Maxia Negra para controlar a Albus Dumbledore. Así comeza unha loita que enfronta a un grupo de estudantes da escola (o Exército de Dumbledore) e a Orde do Fénix contra o Ministerio de Maxia e os Devoradores da Morte.

Elenco

editar

Produción

editar

A gravación do filme realizouse entre febreiro e novembro de 2006 en Inglaterra e Escocia para as escenas exteriores e nos Leavesden Film Studios en Watford para as tomas interiores. A posprodución da película continuou durante varios meses para engadir os efectos visuais.

Banda sonora

editar

A banda sonora de Harry Potter e a Orde do Fénix lanzouse ao mercado o 10 de xullo de 2007. Desta volta, Nicholas Hooper foi o encargado de compoñer as pezas musicais, despois de que John Williams o fixera nas tres primeiras entregas da saga e Patrick Doyle na cuarta.

As pezas "Another Story", "The Hall of Prophecies", "The Room of Requirement" e "A Journey to Hogwarts" conteñen partes de "Hedwig's Theme", escrita por John Williams. Ademais, Alexandre Desplat empregou "The Kiss" máis adiante na súa peza "A New Beginning" para a banda sonora de Harry Potter e as reliquias da morte (2ª parte).

Lista de pistas
  1. "Fireworks" – 1:49
  2. "Professor Umbridge" – 2:35
  3. "Another Story" – 2:41
  4. "Dementors in the Underpass" – 1:45
  5. "Dumbledore's Army" – 2:42
  6. "Hall of Prophecy" – 4:27
  7. "Possession" – 3:20
  8. "The Room of Requirement" – 6:09
  9. "The Kiss" – 1:56
  10. "A Journey to Hogwarts" – 2:54
  11. "The Sirius Deception" – 2:36
  12. "Death of Sirius" – 3:58
  13. "Umbridge Spoils a Beautiful Morning" – 2:39
  14. "Darkness Takes Over" – 2:58
  15. "The Ministry of Magic" – 2:48
  16. "The Sacking of Trelawney" – 2:15
  17. "Flight of the Order of the Phoenix" – 1:34
  18. "Loved Ones and Leaving" – 3:15
  19. "Divine Crusade" – 2:43 (tema do tráiler de X-Ray Dog)
  1. "Warner Bros. Shop: Harry Potter and the Order of the Phoenix. Genre: fantasy-drama". Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2013. Consultado o 30 de xuño de 2013. 
  2. "Harry Potter and the Order of the Phoenix". Box Office Mojo. Consultado o 20 de outubro de 2007. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar