Michael Gambon
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2022.) |
Sir Michael John Gambon, OBE, nado o 19 de outubro de 1940 en Cabra, Irlanda, é un actor británico de orixe irlandesa que traballou no teatro, televisión e no cine. É un actor moi respectado e prolífico no teatro, pero é recoñecido internacionalmente polo seu papel como Philip Marlow da serie de televisión da BBC, The Singing Detective e por encarnar a Albus Dumbledore nos filmes de Harry Potter, en substitución do xa falecido actor Richard Harris.
Michael Gambon | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||||||
Nome completo | Michael John Gambon | ||||||||||
Alcume/outros | Mike Gambon (usado ó comezo da súa carreira), O Gran Gambon | ||||||||||
Nacemento | 19 de outubro de 1940 | ||||||||||
Lugar | Dublín | ||||||||||
Nacionalidade | Irlanda e Reino Unido | ||||||||||
Educado en | Royal Academy of Dramatic Art e St Aloysius RC College | ||||||||||
Cónxuxe(s) | Anne Miller (1962-1999) (separados), Philippa Hart (2000-presente) | ||||||||||
Fillos | Fergus Gambon (1964) Michael Gambon Jr (2007) William Gambon (2009) | ||||||||||
Profesión | Actor (1962-presente) | ||||||||||
| |||||||||||
Na rede | |||||||||||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |||||||||||
[ editar datos en Wikidata ] | |||||||||||
Gañador de catro premios BAFTA e tres premios Laurence Olivier e nomeado tamén ós Globos de Ouro, ós Emmy e ós Premios Tony. A súa carreira abrangue case 5 décadas e inclúe unha gran variedade de papeis de teatro, televisión e cine.
En 1998, a raíña Sabela II nomeouno coa Orde do Imperio Británico.
TraxectoriaEditar
Gambon naceu en Cabra, un suburbio ó norte de Dublín, durante a segunda guerra mundial. O seu pai, Edward Gambon, un enxeñeiro, decidiu procurar traballo na reconstrución de Londres, e así Gambon e a súa nai, Mary Gambon (Hoare de solteira), unha costureira, trasladáronse a Mornington Crescent, ó norte de Londres, cando Gambon tiña só 5 anos.
Adquiriu a Cidadanía Británica por orde do seu pai e recibiu unha estrita educación católica. Anos máis tarde asistiu a unha escola de Kent, antes de deixar os estudos ós 15 anos. Gañou unha bolsa con Vickers Armstrong para ser enxeñeiro e así seguir as pegadas do seu pai. O tempo dedicado foi até os dezasete anos, mais logrou ser un enxeñeiro plenamente cualificado, aínda que só mantivo o posto de traballo dous anos, xa que se sentía atraído pola interpretación.
ComezosEditar
Á idade de dezanove anos graduouse na Royal Academy of Dramatic Art (RADA), en Londres e máis tarde incorporouse á compañía de teatro de Kings Cross. Cinco anos máis tarde, escribiu unha carta a Michael MacLiammoir, o empresario irlandés do Gate Theatre, en Dublín, para facer alí as súas primeiras representacións.
Fixo o seu debut profesional en 1962, con Otelo (a súa obra predilecta), comezando despois unha xira por Europa. Un ano máis tarde, fixo o seu primeiro papel protagonista en Ricardo III. Sir Laurence Olivier, tras asistir á representación de Ricardo III, ofreceulle a oportunidade de ser un dos oito membros fundadores do novo Royal National Theatre, en Londres, coñecido entón como Olivier Theatre.
Gambon foi contratado para tomar parte en diversas producións. A máis coñecida e premiada foi Hamlet, dirixida por Olivier e protagonizada por Peter O´Toole. Permaneceu durante catro anos como secundario e protagonista en moitas producións de teatro, algunhas delas coa colaboración de grandes directores como William Gakill e John Dexter. Durante eses anos fixo numerosos papeis en obras do director Alan Ayckbourn.
TraxectoriaEditar
Está considerado como un dos mellores actores do teatro británico aínda que tamén é un prolífico actor de cine e televisión. A causa do falecemento de Richard Harris no 2002, Michael Gambon foi convocado para encarnar ó mago Albus Dumbledore a pesar de que recoñeceu que non lera ningún dos libros da saga e que só tiña en conta os guións para a súa interpretación, xa que: "Non quería ser como eses actores que se queixan porque as súas escenas son máis curtas que na historia orixinal":
Gambon tamén compuxo ó director de Hogwarts cun leve acento irlandés que tanto el como o realizador consideran un tributo ó seu antecesor, que era orixinario de Irlanda.
ObraEditar
TeatroEditar
- Otelo 1962
- Hamlet 1963
- Saint Joan 1963
- The Recruiting Officer 1963
- Filoctetes 1964
- Otelo 1964
- The Royal Hunt of the Sun (Diego) 1964
- The Crucible (Herrick) 1965
- Mother Courage and Her Children (Eilif) 1965
- Love for Love (Snap) 1965
- Juno and the Paycock (Jerry Devine) 1966
- The Storm 1966
- Events While Guarding the Bofors Gun por John McGrath (Flynn) 1967
- A Severed Head (Palmer Anderson) 1967
- The Doctor's Dilemma (Patric Cullen) 1967
- Saint Joan (Cauchon) 1967
- Peer Gynt 1968
- Otelo 1968
- Macbeth 1968
- In Celebration (Andrew) 1969
- Coriolanus 1969
- The Plebeians Rehearse the Uprising (Wiebe) 1970
- Major Barbara (Charles Lomax) 1970
- Henry VIII (Surrey) 1971
- When Thou Art King (Hotspur) 1971
- The Brass Hat (Guy Holden) 1972
- Not Drowning But Waving 1973
- The Norman Conquests (Tom) 1974
- The Norman Conquests (Tom) 1975
- The Zoo Story (Gerry) 1975
- Otherwise Engaged (Simon) 1976
- Just Between Ourselves (Neil) 1977
- Alice's Boys (Bertie) 1978
- Betrayal (Jerry) 1978
- Close of Play (Henry) 1979
- Richard III 1980
- Otelo (Roderigo) 1980
- Sisterly Feelings (Patrick) 1980
- The Life of Galileo 1980
- King Lear 1982, 1983
- Antony and Cleopatra (Antony) 1982, 1983
- Tales from Hollywood 1983
- Old Times (Deeley) 1985
- A Chorus of Disapproval 1985
- Tons of Money (Sprules) 1986
- A View from the Bridge (Eddie Carbone) 1987
- A Small Family Business (Jack McCracken) 1987
- Mountain Language (Sarxento) 1988
- Uncle Vanya 1988
- Veterans' Day (Walter Kercelik) 1989
- Man of the Moment (Douglas Beechey) 1990
- Otelo 1991
- Taking Steps 1981
- Volpone 1995
- Skylight (Sarxento Tom) 1995
- Skylight (Sarxento Tom) 1996
- Tom and Clem (Tom Driberg) 1997
- The Unexpected Man 1998
- Cressida 2000
- The Caretaker (Davies) 2001
- A Number (The Father) 2002
- Endgame (Hamm) 2004
- Henry IV, Parte 1 and Henry IV, Parte 2 2005
- Celebration (Lambert) 2005
- Eh Joe (Joe) 2006
- No Man's Land (Hirst) 2008/09
- Krapp's Last Tape (Krapp) 2010