Laurence Kerr Olivier, barón Olivier, nado en Dorking o 22 de maio de 1907 e finado en Steyning o 11 de xullo de 1989, foi un actor e director de cine británico.

Modelo:BiografíaLaurence Olivier

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Laurence Kerr Olivier Editar o valor en Wikidata
22 de maio de 1907 Editar o valor en Wikidata
Dorking, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte11 de xullo de 1989 Editar o valor en Wikidata (82 anos)
West Sussex, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinsuficiencia renal Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaAbadía de Westminster Editar o valor en Wikidata
Membro da Cámara dos Lords
5 de marzo de 1971 – 11 de xullo de 1989 (finado no cargo) Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónCentral School of Speech and Drama
St Edward's School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Londres
Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónactor de cinema, actor de televisión, actor de teatro, actor, realizador, dramaturgo, actor de xénero, produtor de cinema, director teatral, guionista, director de cinema, político, produtor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1926 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoComedia shakespeariana Editar o valor en Wikidata
ProfesoresElsie Fogerty Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rama militarRoyal Navy Editar o valor en Wikidata
Conflitosegunda guerra mundial Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Outro
TítuloBarón Editar o valor en Wikidata
CónxuxeJoan Plowright (1961–1989)
Vivien Leigh (1940–1960)
Jill Esmond (1930–1940) Editar o valor en Wikidata
FillosSimon Tarquin Olivier
 () Jill Esmond
Richard Olivier
 () Joan Plowright
Tamsin Olivier
 () Joan Plowright
Julie-Kate Olivier
 () Joan Plowright Editar o valor en Wikidata
PaisGerald Kerr Olivier Editar o valor en Wikidata  e Agnes Louise Crookenden Editar o valor en Wikidata
Premios

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Оливье Лоренс)
Obálky knih,
Enciclopedia soviética armenia, volume 12, (p.528) Editar o valor en Wikidata
Sitio weblaurenceolivier.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0000059 Allocine: 769 Rottentomatoes: celebrity/laurence_olivier Allmovie: p105057 96060 TV.com: people/laurence-olivier IBDB: 15809
BNE: XX999789 Musicbrainz: efbc067e-d225-4ec9-93b0-8f012df85ed2 Discogs: 401702 WikiTree: Olivier-832 Find a Grave: 1668 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Fillo dun pastor protestante, aos 10 anos chama a atención ao interpretar a Bruto na representación teatral de Xulio César de William Shakespeare. Sete anos máis tarde interrompe os seus estudos en Oxford, para estudar Arte dramática en Londres. A finais dos anos 20, debuta como actor de teatro e non tarda en converterse nun gran especialista en Shakespeare. Durante a década do trinta chega a ser unha das principais figuras da compañía do famoso Old Vic Theatre, mentres desenvolve unha carreira como actor de cinema en varias películas británicas. Chega a Hollywood e convértese nun actor de películas románticas debido á súa Heathcliff de Cumes Borrascosas de 1939, dirixido por William Wyler e ao seu Max de Winter en Rebeca de Alfred Hitchcock.

A segunda guerra mundial interrompe esta ascendente traxectoria e lévalle a intervir en diferentes películas de propaganda bélica, o documental Os conquistadores do aire dos irmáns Korda, a obra de ficción Lady Hamilton ou Os invasores de Michael Powell. En 1946 dirixe Henrique IV, persoal visión da traxedia de Shakespeare e pola que consegue varios Óscar. O seu éxito axúdalle a dirixir e protagonizar Hamlet (1948) un novo éxito que lle fai gañar o León de Ouro no Festival de Venecia, o Óscar á mellor película e ao mellor actor. Nos anos 50 dirixe o Old Vic Theatre e dedica o seu tempo ao teatro, aínda que volve a Hollywood para protagonizar Carrie de William Wyler e para terminar a súa triloxía shakesperiana con Ricardo III, que non logra o éxito das anteriores.

No sesenta dirixe a England's National Theatre Company e pecha a súa carreira como director con O príncipe e a corista, unha comedia con Marilyn Monroe como protagonista e el como partenaire ; e Tres irmás, unha adaptación do clásico de Anton Chekhov. Ademais intervén como actor en películas entre as que destacan Espartaco, onde dá vida ao cónsul Craso e é dirixido por Stanley Kubrick; O animador, de Tony Richardson; As sandalias do pescador, con Anthony Quinn ou O rapto de Bunny Lake, de Otto Preminger. Tras conseguir todo tipo de honras e ser un mito do teatro británico, nos anos setenta e oitenta limítase a facer papeis secundarios en películas de renome como A pegada, na que ten un enorme duelo interpretativo con Michael Caine, Marathon Man de John Schlesinger ou Os nenos do Brasil de Franklin J. Schaffner, inquietante película sobre o doutor nazi Josef Mengele (interpretado por Gregory Peck), no que interpreta a un cazanazis retirado (inspirado na figura de Simon Wiesenthal).

Véxase tamén

editar