William Wyler

William Wyler, nado en Mulhouse (Alsacia) o 1 de xullo de 1902 e finado nos Ánxeles o 27 de xuño de 1981 foi un director de cine, produtor e guionista estadounidense.

William Wyler
William Wyler portrait.jpg
Nacemento1 de xullo de 1902
LugarMulhouse
Falecemento27 de xullo de 1981
LugarOs Ánxeles
Causainfarto agudo de miocardio
SoterradoForest Lawn Memorial Park (Glendale)
NacionalidadeEstados Unidos de América e Suíza
Relixiónxudaísmo
Educado enConservatorio de París
Cónxuxe(s)Margaret Sullavan e Margaret Tallichet
FillosCatherine Wyler
Profesiónguionista, produtor de cinema, actor de cinema, director de cinema e actor
Na rede
IMDB: nm0943758 Allocine: 768 Rottentomatoes: celebrity/william_wyler Allmovie: p117452 TV.com: people/william-wyler
Discogs: 2507226 WikiTree: Wyler-65 Find a Grave: 5005 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Fillo de suízo e alemá, naceu en Alsacia, entón pertencente a Alemaña. Despois de ser expulsado de varias escolas por mal comportamento, a súa nai falou co seu curmán Carl Laemmle, fundador de Universal Pictures, para que lle buscara traballo no cine. En 1923 Wyler chegou aos Estados Unidos baixo nacionalidade suíza.

Comezou a traballar como axudante de dirección, pero xa en 1925 converteuse no director máis novo da Universal. Tres anos despois conseguiu a nacionalidade estadounidense.

Tras abandonar a Universal comezou unha longa colaboración con Samuel Goldwyn, co que dirixiría moitos dos seus clásicos. Durante a segunda guerra mundial tamén realizou documentais.

PremiosEditar

Ás películas de Wyler foron moi recoñecidas nos Óscar. É o director máis nomeado da historia, con doce candidaturas ao mellor director, gañando tres veces, por Mrs. Miniver, Os mellores anos da nosa vida e Ben-Hur. Esta última ademais gañou once Óscars, o que non foi igualado ata case corenta anos despois por Titanic (e máis adiante por The Lord of the Rings: The Return of the King).

Ao longo da súa carreira trece das súas películas foron nomeadas ao Óscar ó mellor filme, máis que ningún outro director. E tamén ten o récord de ter máis actores que gañaran o Óscar baixo a súa dirección: trece (Walter Brennan en dúas ocasións, Bette Davis, Fay Bainter, Greer Garson, Teresa Wright, Fredric March, Harold Russell, Olivia de Havilland, Audrey Hepburn, Burl Ives, Charlton Heston, Hugh Griffith e Barbra Streisand).

Ademais, Wyler gañou a Palma de Ouro no Festival de Cannes con Friendly Persuasion.

FilmografíaEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar