Harold Russell
Harold John Russell, nado en North Sydney (Nova Escocia) o 14 de xaneiro de 1914 e finado en Needham (Massachusetts) o 29 de xaneiro de 2002 foi un veterano canadense-estadounidense da segunda guerra mundial que, como actor afeccionado gañou dous Oscar.
Harold Russell | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Russell en 1946 | |||||||
Nome completo | Harold John Russell | ||||||
Nacemento | 14 de xaneiro de 1914 | ||||||
Lugar | North Sydney, Nova Escocia | ||||||
Falecemento | 29 de xaneiro de 2002 | ||||||
Lugar | Needham, Massachusetts | ||||||
Causa | infarto agudo de miocardio | ||||||
Nacionalidade | ![]() | ||||||
Educado en | Universidade de Boston e Cambridge Rindge and Latin School | ||||||
Cónxuxe(s) | Rita Russell-Nixon (1944-1978) Betty Marshalsea (1981-2002) | ||||||
Profesión | Actor | ||||||
| |||||||
Na rede | |||||||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |||||||
[ editar datos en Wikidata ] | |||||||
Traxectoria Editar
Nado no Canadá, mudouse coa súa familia a Massachusetts en 1933. Profundamente afectado polo ataque a Pearl Harbor, alistouse no exército estadounidense o día seguinte.
Sendo instrutor do exército, o 6 de xuño de 1944 estouroulle un explosivo que estaba manexando mentres realizaba un filme de adestramento.[1] Como resultado perdeu as dúas mans e colocáronlle dous ganchos prostéticos. Tras recuperarse, mentres estudaba na Universidade de Boston apareceu nun filme militar titulado Diary of a Sergeant sobre a rehabilitación dos veteranos de guerra. Cando o director William Wyler viu a Russell no filme contratouno para Os mellores anos da nosa vida con Fredric March e Dana Andrews.
Polo seu papel, Russell gañou o Oscar ao mellor actor secundario en 1947. Na mesma cerimonia recibira un Oscar honorífico por “traer esperanza e carraxe aos seus compañeiros veteranos”.[2] O premio especial fora creado porque a Academia quería recoñecer a Russell, actor non profesional, pero consideraba que tiña poucas posibilidades de gañar na súa categoría competitiva. É a única ocasión en que unha persoa gañou dous Oscar pola mesma interpretación.
Trala rodaxe do filme, Wyler dixo a Russell que volvese aos estudos, porque “non había moitos papeis para actores sen mans”. Finalmente graduouse en finanzas en 1949.
Tan só apareceu en dous filmes máis, Inside Moves en 1980 e Dogtown en 1997. Tamén apareceu nun episodio das series Trapper John, M.D. en 1981 e China Beach en 1989.
En 1992, necesitado de diñeiro para os gastos médicos da súa muller vendeu o seu Oscar ao mellor actor secundario nunha poxa en Nova York. Comprouno un coleccionista privado por 60.500 dólares. Russell defendeu a súa acción dicindo que “a saúde da miña muller é moito máis importante cás razóns sentimentais. O filme estará aí, aínda que o Oscar non estea.”[3]
Filmografía Editar
Ano | Filme |
---|---|
1946 | Os mellores anos da nosa vida |
1980 | Inside Moves |
1981 | Trapper John, M.D. |
1989 | China Beach |
1997 | Dogtown |
Notas Editar
- ↑ New York Times (ed.). "Harold Russell Dies at 88; Veteran and Oscar Winner".
- ↑ "Bringing hope and courage to his fellow veterans."
- ↑ Bergan, Ronald (6 de febreiro de 2002). "Harold Russell; Brave actor whose artificial hands helped him win two Oscars". The Guardian. Consultado o 5 de febreiro de 2008.
Véxase tamén Editar
Ligazóns externas Editar
- Harold Russell na IMDb (en inglés).