Samuel Goldwyn
Schmuel Gelbfisz, coñecido como Samuel Goldwyn, nado en Varsovia o 17 de agosto de 1879[1] e finado nos Ánxeles o 31 de xaneiro de 1974 foi un produtor de cinema estadounidense de orixe polaca, fundador da compañía Metro-Goldwyn-Mayer.
Nome orixinal | (yi) שמואל געלבפֿיש (pl) Szmuel Gelbfisz |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 17 de agosto de 1882 Varsovia, Polonia |
Morte | 31 de xaneiro de 1974 (91 anos) Os Ánxeles, Estados Unidos de América |
Causa da morte | doenza |
Lugar de sepultura | Forest Lawn Memorial Park |
Actividade | |
Ocupación | produtor de cinema, escritor, produtor |
Período de actividade | 1917 - 1953 |
Compañeiro profesional | Louis B. Mayer (pt) Marcus Loew (pt) |
Familia | |
Cónxuxe | Frances Howard (1925–1974) |
Fillos | Samuel Goldwyn Jr. |
Parentes | Tony Goldwyn |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
|
Dotado de gran talento e inventiva, no seu case medio século de actividade produciu numerosos filmes de calidade, especialmente no xénero do melodrama e da comedia musical, sendo á súa vez descubridor de grandes talentos, tanto na dirección (Cecil B. DeMille ou William Wyler) como na interpretación (Gary Cooper, David Niven, Danny Kaye, Lili Damita ou Eddie Cantor).
Traxectoria
editarGoldwyn naceu en Varsovia nunha familia xudía hasídica. Os seus pais foron Aaron Dawid Gelbfisz (1852-1895), vendedor ambulante, e a súa esposa Hanna Reban (de solteira Jarecka; 1855-1924).[2] De moi novo abandonou Varsovia a pé e sen cartos. Viaxou a Birmingham, onde permaneceu con familiares durante uns anos usando o nome de Samuel Goldfish. Tiña dezaseis anos cando morreu o seu pai.
En 1898 emigrou aos Estados Unidos, mais temendo ser rexeitada a súa entrada, atracou en Nova Scotia, Canadá, antes de mudarse ao estado de Nova York en xaneiro de 1899. Atopou traballo en Gloversville, Nova York, no negocio da roupa. Axiña o seu talento para o márketing converteuno nun vendedor de éxito en Elite Glove Company. Tras catro anos, como vicepresidente de vendas, instalouse en Nova York.[3]
En 1913, xunto co seu cuñado Jesse L. Lasky, Cecil B. DeMille e Arthur Friend formou unha compñía, The Jesse L. Lasky Feature Play Company, para producir longametraxes.
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Samuel Goldwyn |