Mrs. Miniver

filme de 1942 dirixido por William Wyler

Mrs. Miniver é un filme estadounidense dirixido por William Wyler que se estreou en 1942. Está protagonizado por Greer Garson e Walter Pidgeon. Inspirouse na novela de 1940 Mrs. Miniver de Jan Struther,[3] e amosa de que xeito a vida dunha muller da Inglaterra rural é afectada pola segunda guerra mundial.

Mrs. Miniver
Póster do filme.
Ficha técnica
Título orixinalMrs. Miniver
DirectorWilliam Wyler
ProdutorSidney Franklin
GuiónArthur Wimperis
George Froeschel
James Hilton
Claudine West
Baseado enMrs. Miniver
libro de Jan Struther
IntérpretesGreer Garson
Walter Pidgeon
MúsicaHerbert Stothart
Daniele Amfitheatrof
FotografíaJoseph Ruttenberg
MontaxeHarold F. Kress
EstudioMetro-Goldwyn-Mayer
DistribuidoraMetro-Goldwyn-Mayer
Estrea 4 de xuño de 1942
Duración133 minutos[1]
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroDrama
Orzamento$1 340 000[2]
Recadación$8 878 000[2]
Na rede
IMDB: tt0035093 Filmaffinity: 725262 Allocine: 25311 Rottentomatoes: m/mrs_miniver Allmovie: v33719 TCM: 329 TV.com: movies/mrs-miniver Netlix: 60010679Editar o valor em Wikidata

Producida e distribuída por Metro-Goldwyn-Mayer, conta cun nutrido grupo de actores secundarios entre os que se inclúen a Teresa Wright, Dame May Whitty, Reginald Owen, Henry Travers, Richard Ney e Henry Wilcoxon.[4]

Mrs. Miniver gañou seis Premios Oscar, incluíndo mellor filme, mellor director (William Wyler), mellor actriz (Greer Garson) e mellor actriz secundaria (Teresa Wright).[5][6] En 1950, estreouse a secuela The Miniver Story con Greer Garson e Walter Pidgeon nos seus respectivos papeis.[4]

En 2006, o filme foi clasificado no número 40 da lista do American Film Institute, como un dos máis inspiradores filmes de tódolos tempos. En 2009, foi escollido para a súa preservación no National Film Registry da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América por ser "cultural, histórica ou esteticamente" significativo.[7]

Personaxes editar

Notas editar

  1. British Board of Film Classification, ed. (J29 de xuño de 1942). "MRS. MINIVER (U)". Arquivado dende o orixinal o 10 de novembro de 2014. Consultado o 9 de novembro de 2014. 
  2. 2,0 2,1 The Eddie Mannix Ledger. Os Ánxeles: Margaret Herrick Library, Center for Motion Picture Study. .
  3. Struther, Jan (1940). Mrs. Miniver. Nova York: Harcourt, Brace & Company. ASIN B000O9ZBGA. 
  4. 4,0 4,1 The New York Times (ed.). "Mrs. Miniver (1942)". Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2007. Consultado o 16 de febreiro de 2013. 
  5. Internet Movie Database (ed.). "Awards for Mrs. Miniver". Consultado o 16 de febreiro de 2013. 
  6. Reel Classics (ed.). "Mr. Miniver (1942)". Arquivado dende o orixinal o 02 de maio de 2008. Consultado o 16 de febreiro de 2013. 
  7. Library of Congress, ed. (30 de decembro de 2009). "News from the Library of Congress". Consultado o 16 de febreiro de 2013. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar