Vacacións en Roma
Vacacións en Roma (inglés: Roman Holiday) é un filme estadounidense de 1953 dirixido por William Wyler.
Vacacións en Roma | |
---|---|
Póster do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Roman Holiday |
Director | William Wyler |
Produtor | William Wyler |
Guión | Dalton Trumbo Ian McLellan Hunter John Dighton[1] |
Intérpretes | Gregory Peck Audrey Hepburn |
Música | Georges Auric Victor Young |
Fotografía | Henri Alekan Franz Planer |
Montaxe | Robert Swink |
Distribuidora | Paramount Pictures |
Estrea | 27 de agosto de 1953 |
Duración | 118 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Orzamento | 1,5 millóns de dólares |
Recadación | 12 millóns de dólares |
Na rede | |
O filme gañou tres premios Oscar, á mellor actriz (Audrey Hepburn), mellor argumento e mellor vestiario, de sete candidaturas e lanzou a súa protagonista á fama. En 1999, foi seleccionado para a súa preservación no National Film Registry da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos como "cultural, histórica ou esteticamente significativo".
Argumento
editarA princesa Anna (Audrey Hepburn) atópse en Roma en visita oficial. Cansa das súas obrigas e da soidade do seu mundo cortesán, decide escapar durante a noite e vivir a vida dun ser común, sen protocolos nin barreiras sociais.
Queda durmida na rúa e recóllea un estadounidense que a leva ao seu apartamento. O estadounidense resulta ser un xornalista chamado Joe Bradley (Gregory Peck), quen se ofrece a facer de guía para ela en Roma. Nun principio, o principal interese de Bradley cando a recoñece é conseguir unha exclusiva de 5000 dólares sen que ela se dea de conta e para iso fai que o seu amigo fotógrafo (Eddie Albert) lle tire fotografías ás agachadas para despois publicalas e facerse famoso.
Ela está encantada de coñecer a cidade como unha persoa normal. Durante o día que pasan xuntos divírtense, van a unha festa nocturna, xorde algo entre eles ata que descobren que se namoraron. Cando a ausencia da princesa xa non se pode prolongar aparece o conflito entre o deber e os sentimentos.
Elenco
editar- Audrey Hepburn como a Princesa Ann
- Gregory Peck como Joe Bradley
- Eddie Albert como Irving Radovich
- Hartley Power como o sr. Hennessy
- Harcourt Williams como embaixador
- Margaret Rawlings como condesa Vereberg
- Tullio Carminati como xeneral Provno
- Paolo Carlini como Mario Delani
- Claudio Ermelli como Giovanni
- Alfredo Rizzo como taxista
- Laura Solari como secretaria
- Heinz Hindrich como Dr. Bonnachoven
Notas
editar- ↑ Writers Guild of America (19-12-2011). "WGA Restores Blacklisted Writer Dalton Trumbo's Screen Credit On 'Roman Holiday'". Deadline Hollywood. Consultado o 19-12-2011.
- ↑ La Voz de Galicia, 4 de outubro de 1997. Páx. 87
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vacacións en Roma |