Victor Young
Victor Young, nado en Chicago (Illinois) o 8 de agosto de 1900 e finado en Palm Springs (California) o 10 de novembro de 1956[1][2] foi un compositor, violinista e director de orquestra estadounidense.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Albert Victor Young 8 de agosto de 1900 Chicago, Estados Unidos de América |
Morte | 10 de novembro de 1956 (56 anos) Palm Springs, Estados Unidos de América |
Causa da morte | hemorraxia cerebral |
Lugar de sepultura | Cemiterio Hollywood Forever |
Actividade | |
Ocupación | compositor, violinista, compositor de bandas sonoras, líder de banda, director de orquestra, compositor de cancións, actor |
Período de actividade | 1920 - |
Membro de | |
Instrumento | Violín e piano |
Selo discográfico | Decca Records |
Obra | |
Arquivos en | |
Premios | |
| |
|
Traxectoria
editarYoung naceu nunha familia de músicos, pois o seu pai foi membro da compañía de ópera de Joseph Sheehan. Comezou a tocar o violín aos seis anos e mandárono a Polonia con dez anos para quedar co seu avó e estudar no Conservatorio Imperial de Varsovia. Estudou piano con Isidor Philipp en París e sendo un adolescente iniciou unha carreira como violinista de concertos coa Filharmónica de Varsovia.
En San Petersburgo coñeceu o tsar Nicolao, que quedou tan impresionado que lle deu moitos regalos, mais o seu éxito acabou coa revolución. Foi perseguido polos bolxeviques, e foi condenado a morte. Tras unha fuxida chegou a Varsovia, logo a París e por fin aos Estados Unidos.[3]
Volveu a Chicago en 1920 e uniuse á orquestra do Central Park Casino. Marchou logo aos Ánxeles coa súa moza polaca, atopando traballo como violinista para Sid Grauman e logo con Paramount-Publix Theatres. Tras volver a Chicago volveu a Hollywood a mediados da década de 1930 onde se concentrou no seu traballo cinematográfico e compoñendo para cantantes populares como Bing Crosby. Entre as súas cancións destacaron "When I Fall In Love", "Moonlight Serenade (Summer Love)" e "My Foolish Heart".
Young finou en Palm Springs (California por mor dunha hemorraxia cerebral aos 56 anos. Gañou postumamente o Oscar á mellor banda sonora.
Filmografía
editar- Anything Goes (1936)
- The Big Broadcast of 1937 (1936)
- Artists and Models (1937)
- The Gladiator (1938)
- Golden Boy (1939)
- For Whom the Bell Tolls (1943)
- The Uninvited (1944)
- Love Letters (1945)
- So Evil My Love (1948)
- The Emperor Waltz (1948)
- The Paleface (1948)
- Samson and Delilah (1949)
- Our Very Own (1950)
- My Favorite Spy (1951)
- Payment on Demand (1951)
- O home tranquilo (1952)
- Scaramouche (1952)
- Something to Live For (1952)
- Raíces profundas (1953)
- The Country Girl (1954)
- A Man Alone (1955)
- Written on the Wind (1956)
- A volta ao mundo en oitenta días (1956, gañador póstumo do Oscar á mellor banda sonora)
- Omar Khayyam (1957)
- China Gate (1957, finalizada polo seu amigo Max Steiner)
Notas
editar- ↑ "Victor Young, Composer, Dies of Heart Attack", Oakland Tribune, 12 de novembro de 1956.
- ↑ Slonimsky, Nicolas (1978). "Young, Victor". En Schirmer Books. Baker's Biographical Dictionary of Musicians (6th ed.). Nova York. p. 1929. ISBN 0028702409.
- ↑ "A New Jewish Violin Genius" Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine., Daily Jewish Courier, 14 de outubro de 1920.