Hugh Griffith
Hugh Emrys Griffith, nado en Marian-glas (Anglesey) o 30 de maio de 1912 e finado en Londres o 14 de maio de 1980 foi un actor galés de teatro, cine e televisión.
Hugh Griffith | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||
Nome completo | Hugh Emrys Griffith | ||||||
Nacemento | 30 de maio de 1912 | ||||||
Lugar | Marian-glas, Gales | ||||||
Falecemento | 14 de maio de 1980 (67 anos) | ||||||
Lugar | Londres, Inglaterra | ||||||
Causa | infarto agudo de miocardio | ||||||
Nacionalidade | ![]() | ||||||
Educado en | Royal Academy of Dramatic Art e Ysgol Gyfun Llangefni | ||||||
Cónxuxe(s) | Adelgunde Margaret Beatrice von Dechend | ||||||
Profesión | Actor | ||||||
| |||||||
Na rede | |||||||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |||||||
[ editar datos en Wikidata ] | |||||||
Traxectoria editar
Nado en Gales, Griffith tentou entrar na universidade, mais suspendeu o exame de inglés. Tratou entón facer carreira no mundo dos bancos, pasando a traballar en Londres para ter máis posibilidades de chegar a ser actor.[1] Finalmente foi admitido na Royal Academy of Dramatic Arts, mais tivo que renunciar para facer o servizo militar, servindo durante seis anos nos Royal Welch Fusiliers na India e Birmania durante a segunda guerra mundial.
En 1946 reiniciou a súa carreira como actor, recibindo boas críticas polas súas interpretacións de Falstaff, Lear e Prospero no teatro, en Londres, Nova York e Stratford. A finais da década de 1940 comezou a traballar tamén no cinema e na década seguinte apareceu tamén en filmes de Hollywood. En 1959 gañou o Oscar ao mellor actor secundario por Ben-Hur (1959).
Os últimos anos da súa carreira víronse embazados polo seu alcoholismo crónico.[2]
Filmografía editar
Notas editar
- ↑ The Welsh Academy Encyclopaedia of Wales. Cardiff: University of Wales Press. 2008. p. 335. ISBN 978-0-7083-1953-6.
- ↑ Biodrowski, Steve (2004). "Dr. Phibes Rises Again". Hollywood Gothique. Consultado o 16 de abril de 2013.
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hugh Griffith |
Ligazóns externas editar
- Hugh Griffith na IMDb (en inglés).