Franklin J. Schaffner
director de cinema estadounidense
Franklin James Schaffner, nado en Toquio o 30 de maio de 1930 e finado en Santa Monica (California) o 2 de xullo de 1989, foi un director de cinema estadounidense.
Traxectoria
editarNaceu no Xapón, fillo de dous misioneiros, e alí medrou ata que marchou aos Estados Unidos a estudar, deixando os estudos de dereito na Universidade de Columbia ao participar na segunda guerra mundial.
Trala guerra comezou a traballar na televisión, ata chegar a dirixir o seu primeiro filme en 1963.
En 1968 obtivo un grande éxito, tanto de público como de crítica con O planeta dos simios e coa súa seguinte película, Patton, gañou o oscar ao mellor director.
Obra
editar- 1963 - The Stripper
- 1964 - The Best Man
- 1965 - The War Lord
- 1967 - O meu doble nos Alpes
- 1968 - O planeta dos simios
- 1970 - Patton
- 1971 - Nicholas and Alexandra
- 1973 - Papillon
- 1976 - Islands in the Stream
- 1978 - The Boys from Brazil
- 1980 - A esfinxe
- 1982 - Yes, Giorgio
- 1987 - Lionheart
- 1989 - Welcome Home
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Franklin J. Schaffner na IMDb (en inglés).