Filoctetes
Filoctetes é un dos moitos heroes da mitoloxía grega. Era o fillo do rei Peante de Melibea, en Tesalia, e de Metone. Filoctetes era famoso polo seu arco e frechas, obxectos que lle foron entregados por Heracles. Filoctetes foi un dos pretendentes de Helena de Troia antes do seu matrimonio con Menelao. Aínda que partiu cos buques gregos para participar na guerra de Troia, a mordedura dunha serpe impediría que desempeñase esta misión. Cando Filoctetes se recuperou e acudiu á guerra, o seu arco mitolóxico disparou a frecha que acabaría coa vida de Paris.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Hixino: Fábulas (Fabulae).
- 102: Filoctetes (Philoctetes).
- Texto inglés no sitio Theoi.
- Texto latino no sitio da Bibliotheca Augustana (Augsburgo).
- Ed. de 1872 en Internet Arquive: texto latino en facsímile electrónico.
- Texto inglés no sitio Theoi.
- 102: Filoctetes (Philoctetes).
Outros artigosEditar
- Filoctetes, traxedia de Sófocles.
Ligazóns externasEditar
A Galicitas posúe citas sobre: Filoctetes |