Hefesto
Na mitoloxía grega, Hefesto (en grego Ἥφαιστος Hêphaistos, quizais de φαίνω phainô, ‘brillar’) é o deus do lume e da forxa, así como dos ferreiros, os artesáns, os escultores, os metais e a metalurxia. Era louvado en tódolos centros industriais e manufactureiros de Grecia, especialmente en Atenas. O seu equivalente na mitoloxía romana era Vulcano.
Hefesto | |
---|---|
![]() | |
Ocupación | ferreiro |
Pai | Zeus e Talus |
Nai | Hera |
Cónxuxe | Afrodita e Aglaia |
Fillos | Eufeme, Euténia, Eucleia, Filofrósine, Palici, Periphetes, Broteus, Cadmilus, Erictónio de Atenas, Ardalus, Cercyon of Eleusis, Radamantis, Talía, Aethiops, Pylios, Eurymedon, Palemon e Olenus |
Irmáns | Ares |
[ editar datos en Wikidata ] | |

Hefesto era feo e tolleito. Mesmo o mito di que, ó nacer, Hera -súa nai- viuno tan feo que o tirou do Monte Olimpo e deixouno eivado. Tanto é así, que camiñaba coa axuda dunha vara e, nalgunhas vasillas pintadas, os seus pés aparecen do revés. Na arte, é representado coxo, suorento, coa barba desaliñada e o peito descuberto, inclinado sobre a súa bigornia, a miúdo traballando na súa forxa.
A aparencia física de Hefesto indica arsenicose, é dicir, envelenamento crónico por arsénico que provoca coxeira e cancro de pel. O arsénico engadíase ó bronce para endurecelo e a moitos dos ferreiros da Idade de Bronce padeceron esta enfermidade.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hefesto ![]() |