París (mitoloxía)

personaxe mitolóxico grego, fillo de Príamo
(Redirección desde «Paris»)
Esta páxina é sobre a figura mitolóxica. Para a cidade capital de Francia vexa París.

París[1] é unha figura da mitoloxía grega, fillo de Príamo (rei de Troia) e de Hécuba, e irmán de Heitor.

París (mitoloxía)

Tipopersonaxe da mitoloxía grega Editar o valor en Wikidata
Venerado pormitoloxía grega Editar o valor en Wikidata
Obra
Representado porFountain of Paris (en) Traducir e Paris (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Biografía
Asasinado porFiloctetes Editar o valor en Wikidata
Sexohome Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpastor Editar o valor en Wikidata
ConflitoGuerra de Troia Editar o valor en Wikidata
Familia
NaiHécuba Editar o valor en Wikidata
PaiPríamo Editar o valor en Wikidata
CónxuxeEnone (pt) Traducir e Helena Editar o valor en Wikidata
ParellaHelena Editar o valor en Wikidata
Irmá/nPolixena (pt) Traducir, Heitor, Deífobo e Casandra Editar o valor en Wikidata
Fillo/aCorythus (en) Traducir, Idaeus (en) Traducir, Bunicus (en) Traducir, Aganus (en) Traducir e Helena (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Descrito pola fonte
Wikidata ]

Segundo a profecías dos oráculos, había causar desasosego na cidade, pois Hécuba, súa nai, tivera un soño no cal vía saír lume das súas pernas; así pois, foi abandonado no monte Ida, mais aleitouno unha osa (compárese o caso de Rómulo e Remo, aleitados por unha loba). Logo foi adoptado por un matrimonio e medrou como pastor.

Xuízo de París

editar
 
Xuízo do Monte Ida, mosaico de sol,110-150, vila do Atrium, Antioquía

Era considerado polos deuses o home máis fermoso do mundo, e por iso o requiriu Hermes, que fora enviado Zeus, para que xulgase quen era a máis fermosa das deusas Atenea, Hera e Afrodita. A vencedora gañaría a mazá de ouro de Eris (deusa da discordia que non fora convidada á voda de Peleu e Tetis, pais de Aquiles; ela botara a mazá da discordia durante a cerimonia, na que figuraba escrito: "Á máis fermosa"). París escolleu a Afrodita, como a máis bela das tres, no xuízo levado a cabo no Monte Ida.

Guerra de Troia

editar

Afrodita, agradecida, prometeulle a París o amor da fermosa Helena. Helena sería seducida por París, que lla roubou ao seu marido, Menelao, rei de Esparta, e marchou con ela a Troia. Isto causou a guerra (Guerra de Troia). Durante ela París matou a Aquiles, pero despois foi morto por Filoctetes, que posuía o arco máxico de Heracles (Hércules).

Na mitoloxía grega, e especialmente na Ilíada, é coñecido tamén polo nome de Alexandre.

Véxase tamén

editar
  1. "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-23.