John Harrison
John Harrison, nado en Foulby, West Yorkshire (Inglaterra) en 1693[1] e finado en Londres o 24 de marzo de 1776, foi un reloxeiro inglés famoso por ter deseñado e facer funcionar o primeiro cronómetro mariño de alta precisión, suficiente para determinar a lonxitude no mar cando se percorren grandes distancias. Tamén construíu 4 cronómetros que permitían o cálculo da lonxitude mediante a diferenza entre a hora local (calculada cunhas táboas e facendo medidas astronómicas co octante) e a hora dun meridiano orixe, por exemplo Greenwich (mantida polo cronómetro).[1]
John Harrison | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 3 de abril de 1693 e 24 de marzo de 1693 |
Lugar de nacemento | Foulby |
Falecemento | 24 de marzo de 1776 |
Lugar de falecemento | Londres |
Soterrado | St John-at-Hampstead |
Nacionalidade | Reino de Gran Bretaña |
Ocupación | clockmaker, enxeñeiro, astrónomo, inventor e deseñador |
Fillos | William Harrison |
Premios | Medalla Copley |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Primeiros anosEditar
John Harrison, naceu en Foulby, sendo o primeiro dos cinco nenos da súa familia, e foi bautizado o 31 de marzo na igrexa parroquial.[1] O seu pai traballou como carpinteiro en Nostell Priory, unha leira achegada. Aínda que hai unha placa no lugar que se cre que puido ser a casa da familia, hoxe sábese que a casa foi construída posteriormente.[1]
Contra o ano1700, a familia Harrison mudouse a unha aldea de Lincolnshire. Alí aprendeu e continuou o oficio de seu pai, carpinteiro, e xa comezou a realizar reloxos, de madeira, no seu tempo libre.
Os cinco cronómetros de HarrisonEditar
Modelo H-1 | Modelo H-2 | Modelo H-3 | Modelo H-4 | Modelo H-5 |
NotasEditar
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 "John Harrison: Timekeeper to Nostell and the world!". bbc.co.uk. 08-04-2009. Consultado o 03-04-2018.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: John Harrison |
BibliografíaEditar
- John Harrison and His Timekeepers, Gould, Rupert T.. National Maritime Museum, Londres, 1978.
- The Mariner Chronometer, J. D. Potter, Londres, 1923.