O octante é un instrumento de reflexión inventado polo inglés John Hadley en 1731 para observar a altura dos astros sobre o horizonte do mar. O arco do octante consta de corenta e cinco graos ou unha oitava parte do círculo, de onde vén a súa denominación.

Octante xunto a un caderno.

A idea de aplicarlle o principio da reflexión á medida de ángulos tívoa Robert Hooke en 1684. Non obstante, o seu procedemento foi modificado despois por Newton, e Hadley non fixo máis que poñer estas ideas en práctica.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar