Gladiator

Filme de 2000 dirixido por Ridley Scott

Gladiator é un filme estadounidense dirixido por Ridley Scott que se estreou no ano 2000. Pertence ó xénero cinematográfico peplum, ou filmes de romanos. Está protagonizado por Russell Crowe, Joaquin Phoenix, Connie Nielsen, Ralf Möller, Oliver Reed, Djimon Hounsou, Derek Jacobi, John Shrapnel e Richard Harris. Crowe interpreta o Xeneral romano Maximus Decimus Meridius, que é traizoado cando o ambicioso fillo do Emperador, Cómodo, asasina o seu pai e toma o poder. Convertido nun escravo, Maximus gaña gloria como gladiador coa intención de vingar o asasinato da súa familia e do seu emperador.

Gladiator
Ficha técnica
Título orixinalGladiator
DirectorRidley Scott
ProdutorDavid Franzoni
Branko Lustig
Laurie MacDonald
Terry Needham
Walter F. Parkes
Douglas Wick
Ridley Scott.
GuiónDavid Franzoni
John Logan
William Nicholson
IntérpretesRussell Crowe
Joaquin Phoenix
Connie Nielsen
Richard Harris
Oliver Reed
Derek Jacobi
Ralf Moeller
Djimon Hounsou
Spencer Treat Clark
Tommy Flanagan
Sven-Ole Thorsen
Tony Curran
MúsicaHans Zimmer
Lisa Gerrard
FotografíaJohn Mathieson
MontaxePietro Scalia
EstudioScott Free Productions
Red Wagon Entertainment[1]
DistribuidoraDreamWorks SKG / Universal Pictures
Estrea2000
Duración155 minutos[2]
OrixeReino Unido Reino Unido[3]
Estados Unidos de América Estados Unidos[3]
XéneroAcción, Drama, Peplum
Orzamento$103 000 000[4]
Recadación$457 640 427[4]
Na rede
IMDB: tt0172495 Filmaffinity: 392075 Allocine: 24944 Rottentomatoes: m/gladiator Mojo: gladiator Allmovie: v184587 TCM: 341478 Metacritic: movie/gladiator TV.com: movies/gladiator Netlix: 60000929Editar o valor em Wikidata

Foi estreado nos Estados Unidos o 5 de maio de 2000. Gladiator foi un éxito de recadación, recibindo críticas positivas, e foi acreditado como o filme que reavivou o interese pola épica histórica. O filme gañou varios galardóns, destacando os cinco Premios Oscar da 73ª edición, incluíndo o premio ó mellor filme e o mellor actor para Crowe.

Sinopse editar

No ano 185, o Imperio Romano domina o mundo coñecido. Trala vitoria sobre os bárbaros xermanos, o ancián emperador Marco Aurelio (Richard Harris) decide transferir o poder a Máximo (Russell Crowe), un valente xeneral dos seus exércitos e leal militar ó imperio, pero o seu fillo Cómodo (Joaquin Phoenix) non o acepta e mata o seu pai e ordena matar o xeneral Máximo, e a súa familia. Pero este loita contra os seus executores e consegue viaxar malferido ó seu fogar en Hispania. Ó chegar atopa a súa muller e o seu fillo mortos, e farto pola pena e o cansazo desvanécese no chan. Tempo despois esperta nunha caravana de escravos no norte de África, e é obrigado a loitar como gladiador.

Personaxes editar

Influencias editar

A trama está influída por dous filmes de Hollywood dos anos 60, Spartacus e The Fall of the Roman Empire, compartindo moitos puntos chave do argumento do segundo. Nel, cóntase a historia de Livius, que, ó igual que Maximus en Gladiator, é o sucesor do emperador Marco Aurelio. Livius está namorado de Lucilla e pretende casar con ela, mentres Maximus, que está felizmente casado, tivo un romance xuvenil coa filla do emperador. Ámbolos dous filmes retratan a morte de Marco Aurelio coma un asasinato.

Banda sonora editar

A banda sonora nomeada ó Oscar foi composta por Hans Zimmer e Lisa Gerrard, e dirixida por Gavon Greenway. Orixinalmente, Zimmer elixiu a vocalista israelí Ofra Haza para a banda sonora, despois do seu traballo con ela en The Prince of Egypt. Porén, Ofra morreu traxicamente en febreiro do 2000, antes de que puidese gravar nada, polo que Gerrard foi elixida no seu lugar. A voz de Lisa Gerrard é semellante á doutro traballo seu na banda sonora do filme The Insider.[5] A música das escenas de batalla ten semellanzas coa feita por Gustav Holst para "Mars: The Bringer of War", e en xuño de 2006, a Fundación Holst emprendeu accións legais contra Hans Zimmer por plaxio.[6][7]

Premios editar

  • 2000: 5 Oscars: Mellor película, mellor actor (Russell Crowe), vestiario, son, efectos visuais.
  • 2000: 2 Globos de Ouro: Mellor película: Drama, banda sonora. 5 nomeamentos.
  • 2000: 5 Premios BAFTA, incluíndo mellor película, fotografía, montaxe. 15 nomeamentos.
  • 2000: 2 premios National Board of Review: Mellor deseño de produción, actor secundario.

Notas editar

  1. NYTimes.com (ed.). "Gladiator - Cast, Crew, Director and Awards". Consultado o 30 de xullo de 2010. 
  2. British Board of Film Classification (ed.). "Gladiator". Arquivado dende o orixinal o 17 de maio de 2014. Consultado o 2 de xuño de 2013. 
  3. 3,0 3,1 British Film Institute (ed.). "Gladiator (2000)". Arquivado dende o orixinal o 12 de novembro de 2013. Consultado o 20 de xullo de 2013. 
  4. 4,0 4,1 Box Office Mojo (ed.). "Gladiator (2000)". Consultado o 16 de marzo de 2015. 
  5. "Zimmer and Gladiator". Reel.com. Arquivado dende o orixinal o 10 de febreiro de 2008. Consultado o 27 de febreiro de 2009. 
  6. Priscilla Rodriguez (12 de xuño de 2006). KNX 1070 NEWSRADIO, ed. ""Gladiator" Composer Accused of Copyright Infringement". Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2008. Consultado o 27 de febreiro de 2009. 
  7. Michael Beek (xuño de 2006). "Gladiator Vs Mars – Zimmer is sued:". Music from the Movies. Arquivado dende o orixinal o 18 de xuño de 2008. Consultado o 27 de febreiro de 2009. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar