Indiana Jones and the Kingdom of the Crystal Skull
Indiana Jones and the Kingdom of the Crystal Skull é un filme estadounidense dirixido por Steven Spielberg que se estreou no 2008.
Indiana Jones and the Kingdom of the Crystal Skull | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Indiana Jones and the Kingdom of the Crystal Skull |
Director | Steven Spielberg |
Produtor | Frank Marshall George Lucas Kathleen Kennedy |
Guión | David Koepp |
Intérpretes | Harrison Ford Shia LaBeouf Cate Blanchett Karen Allen Ray Winstone John Hurt Jim Broadbent |
Música | John Williams |
Fotografía | Janusz Kamiński |
Montaxe | Michael Kahn |
Estudio | Lucasfilm Ltd. |
Distribuidora | Paramount Pictures |
Estrea | 2008 |
Duración | 122 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Aventuras |
Orzamento | $185 000 000[1] |
Recadación | $786 636 033 |
Filme anterior | Indiana Jones e a última cruzada |
Filme seguinte | Indiana Jones and the Dial of Destiny |
Na rede | |
https://www.lucasfilm.com/productions/indiana-jones-and-the-kingdom-of-the-crystal-skull/ | |
Sinopse
editarA última aventura de Indiana Jones (Harrison Ford) comeza no deserto do suroeste de Estados Unidos en 1957, en plena guerra fría. Indy e o seu amigo Mac (Ray Winstone) acaban de escapar polos pelos das gadoupas duns axentes soviéticos nun remoto aeroporto. O decano da Universidade (Jim Broadbent) confésalle ó seu amigo o profesor Jones que as últimas misións de Indy fracasaron e que está a piques de ser despedido. Nestas circunstancias, Indiana coñece a un xove rebelde chamado Mutt (Shia LaBeouf) que lle propón un trato: se lle axuda a resolver un problema persoal, el, en troques, podería levalo a facer un dos descubrimentos máis espectaculares da historia: a Caveira de Cristal de Akatur, que se atopa nun lugar remoto do Perú. Pero axiña descobren que non están sós; tamén os axentes soviéticos, dirixidos pola fría e fermosa Irina Spalko (Cate Blanchett), queren apoderarse da Caveira, convencidos de que axudará ó seu país a dominar o mundo.
Personaxes
editar- Harrison Ford como Indiana Jones
- Shia LaBeouf como Henry "Mutt Williams" Jones III
- Cate Blanchett como Irina Spalko
- Karen Allen como Marion Ravenwood
- Ray Winstone como George "Mac" McHale
- John Hurt como Harold "Ox" Oxley
- Jim Broadbent como Dean Charles Stanforth
- Igor Jijikine como Coronel Ruso Dovchenko
Galardóns e nomeamentos
editar- 2008: Nomeada ó BAFTA: Mellores efectos especiais.
- 2008: Premio Razzie: Peor precuela, remake, copia ou secuela.
Notas
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)