Shia LaBeouf

actor estadounidense

Shia Saide LaBeouf, nado nos Ánxeles o 11 de xuño de 1986, é un actor e director estadounidense.

Shia LaBeouf
Nome completoShia Saide LaBeouf
Nacemento11 de xuño de 1986
LugarOs Ánxeles
NacionalidadeEstados Unidos de América
Relixióncatolicismo
Educado enAlexander Hamilton High School
Cónxuxe(s)Mia Goth
Profesiónhumorista, director de cinema, actor de dobraxe, actor de cinema, actor de televisión, guionista, produtor de cinema, rapeiro e artista de performance
Na rede
IMDB: nm0479471 Allocine: 94482 Rottentomatoes: celebrity/shia_labeouf Allmovie: p350236 TCM: 1122659 Metacritic: person/shia-labeouf TV.com: people/shia-labeouf
Facebook: ShiaLaBeouf Twitter: thecampaignbook Dialnet: 2639345 Bandcamp: shialabeouf Last fm: Shia+LaBeouf Musicbrainz: 41d7a049-a826-49a8-a961-fad2eb00c6fd Discogs: 2626687 Allmusic: mn0001859332 Genius: Shia-labeouf Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

LaBeouf comezou a actuar ós doce anos, en 1998 apareceu nun episodio de Caroline in the City, fíxose coñecido entre a audiencia máis nova por protagonizar a serie Even Stevens de Disney Channel e tamén apareceu en varias películas para televisión da Disney. En 2003 debutou no cinema con Holes, e nese ano protagonizou The Battle of Shaker Heights e participou en Charlie's Angels: Full Throttle.

A partir de 2005, con The Greatest Game Ever Played e Constantine deixou de facer papeis xuvenís, en 2007 protagonizou Disturbia e Transformers, e ó ano seguinte apareceu en Indiana Jones and the Kingdom of the Crystal Skull como o fillo de Indiana e en Eagle Eye. LaBeouf volveu intepretar a Sam Witwicky en Transformers: Revenge of the Fallen, e tamén apareceu en New York, I Love You en 2009. En maio de 2009 dirixiu un vídeo musical para o rapeiro Cage, a finais dese ano apareceu en New York, I Love You, e protagonizou xunto a Michael Douglas Wall Street: Money Never Sleeps (2010).

Vida persoal editar

En setembro de 2018, anunciouse que a parella se separou e solicitou o divorcio.[1] Porén, en febreiro de 2022, informouse de que Goth estaba embarazada do seu primeiro fillo.[2] Teñen unha filla, nada en marzo de 2022.[3][4]

Notas editar

  1. Fernández, Alexia (2018-09-25). "Shia LaBeouf's Rep Reveals He and Wife Mia Goth Filed for Divorce as He Steps Out with FKA Twigs". People. Consultado o 2022-04-29. 
  2. Balagtas, Tristan (2022-02-01). "Shia LaBeouf and Mia Goth Expecting First Baby". People. Consultado o 2022-02-03. 
  3. "Shia LaBeouf and Mia Goth Welcome First Baby Together". Consultado o 2022-06-15. 
  4. Slater, Georgia (August 26, 2022). "Shia LaBeouf Reveals He and Wife Mia Goth Are Parents to a Baby Girl, Shares Her Name". People. Consultado o 2022-08-26.