Disney Channel é unha canle internacional de The Walt Disney Company, que emite en gran parte do mundo.

Disney Channel
Inicio das emisións 18 de abril de 1983
Propiedade de The Walt Disney Company
Formato da imaxe 16:9 e 4:3
Datos de audiencia 2,1% (outubro de 2010, FormulaTV (España))
País España España
Lingua Castelán
Área de emisión Mundial
Sede central Estados Unidos
Nome(s) anterior(es) Canal Disney, DISN, Disney
Canle/s irmá(s) Disney XD
Playhouse Disney
Disney Cinemagic
Intereconomía Televisión (TDT con Net TV)
Intereconomía Business (TDT en Madrid)
Dispoñibilidade
Terrestre
TDT 68

Na rede
DisneyChannel.com
IMDB: co0022105 Facebook: DisneyChannel Twitter: DisneyChannel Instagram: disneychannel VK: disneyplay Youtube: UC0mNlP9a11C-ngodV-_cucg Editar o valor em Wikidata

A súa programación está destinada ao público infantil e xuvenil. Emite como canle de pago en todos os países, excepto en España, onde o 1 de xullo de 2008, comezou a emitir en aberto na TDT.

Historia editar

Década dos 80 editar

A canle iniciou as súas transmisións o 18 de abril de 1983 nos Estados Unidos, como canle de pago nas redes de cable. O seu primeiro programa emitido foi "Good Morning, Mickey!". Dende o seu inicio de transmisións ata decembro de 1986 era unha canle con transmisión de 18 horas; entre as 07:00 e as 01:00. A partir de 1986 comezou a emitir as 24 horas do día. En 1989 a canle lanza ao aire "The All-New Mickey Mouse Club", un programa musical que emitiuse ata mediados de 1996, conformado por nenos, algúns dos cales se converteron en famosos cantantes, como Christina Aguilera, Britney Spears e Justin Timberlake. Tamén nos seus primeiros anos a canle emitiu series como Los Mapaches, Paddington Bear e Five Mile Creek.

Década dos 90 editar

No inicio da década de 1990, a canle limitouse a emitir series e películas clásicas de Disney, ademais dalgunhas series e películas orixinais, e tamén, neste tempo, emitiu series animadas como Los Osos Gummi, Patoaventuras, Chip y Dale al Rescate, Aventureros del Aire, Bonkers e Aladdín. No 1995, a canle era visto por máis de 8 millones de hogares en Estados Unidos. Ese mesmo ano, a canle é lanzado en Reino Unido. En 1997, a programación cambia por completo. Lánzanse 3 bloques diferenciados, un Playhouse Disney, dirixido ao público preescolar, que posteriormente pasaría a ser unha canle independente, Zoog Disney, para o público preadolescente e xuvenil e Vault Disney, adicado aos clásicos da compañía. En 1998, comezaron a producirse as "Disney Channel Original Series" (Series Orixinais Disney Channel) e "Disney Channel Original Movies" (Películas Orixinais Disney Channel). Ese ano tamén foi lanzada a canle irmán Toon Disney, adicado unicamente á animación, así como Disney Channel España.

Século XXI editar

No ano 2000, foi lanzada Disney Channel Latinoamérica , para o mercado suramericano, como canle premium, pasando en 2004 a ser unha canle básica. No Brasil, Disney Channel tivo o nome "Disney Weekend" de 1997 a 2001.

En setembro de 2002 a versión americana volve ser modificada. A programación clásica coñecida como "vintage", emitida en Vault Disney, é descontinuada. Nese momento añádense películas en prime time, de programación orixinal e externa. A canle tamén inicia a produción de series non animadas. O logo Zoog Disney foi cambiado ao logo actual o seguinte mes. En 2004, Anne Sweeney tomou o control de Disney-ABC Television, cambiando radicalmente a imaxe da canle, adicándoo a etapas diferentes.

Dende 2007, Disney Channel, está lanzando versións en Alta Definición, en varios países do mundo, como Estados Unidos, Reino Unido e Latinoamérica.

En 2008, The Walt Disney Company Iberia entrou no accionariado de "Sociedad Gestora de Televisiones Net TV", unha das 6 concesionarias da TDT en España, conseguindo a xestión dunha das canles do multiplex, e convertendo, o 1 de xullo de 2008 a Disney Channel España na única cadea Disney Channel en aberto do mundo.[1]

Logotipos editar

Notas editar

  1. "Disney Channel elixe España como o primeiro país para lanzar en aberto". Arquivado dende o orixinal o 10 de febreiro de 2012. Consultado o 18 de xaneiro de 2011.  (en castelán)

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar