Abrir o menú principal

Lucasfilm (nome completo en inglés: Lucasfilm Limited ou Lucasfilm Ltd.) é unha produtora de películas fundada por George Lucas en 1971, localizada no condado de Marin (California). É internacionalmente coñecida por producir sagas como Star Wars ou Indiana Jones entre outros proxectos recoñecidos.

Lucasfilm Ltd.
Lucasfilm logo.svg
Letterman Digital Arts Center, Building B (side view).jpg
Sede de Lucasfilm en San Francisco
TipoSubsidiaria
Fundación1971
LocalizaciónLetterman Digital Arts Center, Presidio of San Francisco, California, Estados Unidos de América Estados Unidos
FundadorGeorge Lucas
IndustriaCinematográfica
ProdutosFilmes e series de televisión
Número de empregados2 000 (2015)
Páxina weblucasfilm.com
editar datos en Wikidata ]

A compañía é líder en desenvolver nova tecnoloxía en canto a efectos especiais, son e animación computarizada.

Recentemente, Lucasfilm declarou as súas intención de abandonar a industria cinematográfica pura, para especializarse na produción de series televisivas.

No 2005, Lucasfilm e as súas división de mercadotecnia, online e licenzas trasladáronse ao Letterman Digital Arts Center, localizado en Presidio (San Francisco). Entre as súas subsidiarias máis importantes atópanse: Skywalker Sound, Industrial Light & Magic, Lucas Licensing, Lucas Arts, Lucasfilm Animation e Lucas Online.