Vanilla Sky

filme de 2001 dirixido por Cameron Crowe

Vanilla Sky é un filme estadounidense dirixido por Cameron Crowe que se estreou no 2001. Está protagonizado por Tom Cruise, Cameron Diaz e Penélope Cruz.

Vanilla Sky
Ficha técnica
Título orixinalVanilla Sky
DirectorCameron Crowe
ProdutorCameron Crowe
Tom Cruise
Paula Wagner
GuiónCameron Crowe
Alejandro Amenábar
Mateo Gil
IntérpretesTom Cruise
Penélope Cruz
Kurt Russell
Cameron Diaz
Jason Lee
Noah Taylor
Shalom Harlow
Ivana Miličević
MúsicaNancy Wilson
FotografíaJohn Toll
MontaxeJoe Hutshing
Mark Livolsi
EstudioCruise/Wagner
Vinyl Films
DistribuidoraParamount Pictures
Estrea2001
Duración136 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroDrama, Intriga
Orzamento$68 000 000[1]
Recadación$203 400 000
Na rede
IMDB: tt0259711 Filmaffinity: 774600 Allocine: 29260 Rottentomatoes: m/vanilla_sky Mojo: vanillasky Allmovie: v255994 TCM: 452610 Metacritic: movie/vanilla-sky TV.com: movies/vanilla-sky Netlix: 60021786Editar o valor em Wikidata

Sinopse editar

David Aames (Tom Cruise) é un mozo rico e ben parecido que traballa nunha importante empresa de publicidade de Nova York. Mais sente que lle falta algo na súa vida. Unha noite coñece a Sofía Serrano (Penélope Cruz) e namórase dela ó instante. Cando a súa moza Julie (Cameron Diaz) o sabe, tola polos celos, lanza o seu coche por unha ponte: ela morre e a cara de David queda desfigurada. Varios meses despois ningún cirurxián conseguiu reconstruírlle a faciana, e Sofía non sae máis con el porque o carácter del volveuse insoportable. Porén, Sofía dálle unha oportunidade e volven a saír xuntos. É entón cando os médicos atopan a solución para refacerlle a cara, e Sofía volve a amalo igual que antes. Inesperadamente Sofía desaparece e no seu lugar aparece Julie, que asegura que é Sofía e o proba coa súa documentación. David, perturbado pola situación, non sabe moi ben si perdeu o xuízo ou se é vítima dunha conspiración.

Personaxes editar

Galardóns e nomeamentos editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar