Jane Campion
Elizabeth Jane Campion,[1] nada en Wellington o 30 de abril de 1954 é unha directora, produtora e guionista cinematográfica neozelandesa establecida en Australia.
Traxectoria
editarCampion naceu en Wellington, segunda filla de Edith Beverley Georgette Hannah, actriz, escritora e herdeira, e Richard M. Campion, director de teatro e ópera.[2][3][4] Campion creceu dentro do mundo do teatro neozelandés.[3] Os seus pais fundaron o grupo de teatro New Zealand Players.[5] Inicialmente rexeitaba a idea de ter unha carreira no teatro ou na interpretación[3] e graduouse en antropoloxía na Universidade de Wellington en 1975.[3] En 1976 asistiu á Chelsea Art School en Londres e viaxou por Europa. Graduouse en pintura na Sydney College of the Arts en 1979. Finalmente cambiou ao cinema e creou a súa primeira curtametraxe, Tissues, en 1980. En 1981 comezou a estudar na Australian Film, Television and Radio School, onde realizou máis curtametraxes e se graduou en 1984.[6]
A súa primeira curtametraxe profesional, Peel (1982) gañou a Palma de Ouro á Curtametraxe no Festival de Cannes.[7] Dirixiu neses anos tamén series de televisión e telefilmes.
Sweetie (1989) foi a súa primeira longametraxe e co seguinte, An Angel at My Table (1990), conseguiu máis recoñecemento. A este seguiu a Palma de Ouro que logrou con The Piano,[8] co que ademais gañou o Oscar ao mellor guión orixinal e se converteu na segunda muller candidata ao Oscar á mellor dirección na 66ª edición dos premios.
O traballo posterior de Campion provocou opinións polarizadas: The Portrait of a Lady (1996), baseada na novela de Henry James; Holy Smoke! (1999) con Harvey Keitel e Kate Winslet; In the Cut (2003), suspense erótico baseado no bestseller de Susanna Moore protagonizado por Meg Ryan; Bright Star, drama biográfico sobre o poeta John Keats.
Campion foi produtora executiva do documental Abduction: The Megumi Yokota Story (2006) e traballou na serie Top of the Lake.[9] A miniserie conseguiu gran recoñecemento [10][11] e gañou premios, especialmente para a súa protagonista, Elisabeth Moss.
Filmografía
editarDirectora
editar- Tissues (1980)
- Mishaps: Seduction and Conquest (1981)
- Peel: An Exercise in Discipline (1982)
- Passionless Moments (1983)
- A Girl's Own Story (1984)
- After Hours (1984)
- Dancing Daze- serie de televisión (1985)
- Two Friends (1986)
- Sweetie (1989)
- An Angel at My Table (1990)
- The Piano (1993)
- Portrait of a Lady (1996)
- Holy Smoke! (1999)
- In the Cut (2003)
- 8 - segmento The Water Diary (2006)
- Bright Star (2009)
- Top of the Lake[12] - miniserie (2013)
- The Power of the Dog (2021)
Produtora
editar- Soft Fruit (2000)
- Abduction: The Megumi Yokota Story (2006)
Notas
editar- ↑ Fox, Alistair (2011). Jane Campion: Authorship and Personal Cinema. Indiana University Press. p. 32. Consultado o 6 de agosto de 2013.
- ↑ Fox. Jane Campion. p. 25.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 McHugh, Kathleen (2007). Contemporary Film Directors: Jane Campion. Estados Unidos: Urbana : University of Illinois Press. ISBN 978-0-252-03204-2.
- ↑ Canby, Vincent (30 de maio de 1993). "FILM VIEW; Jane Campion Stirs Romance With Mystery". The New York Times.
- ↑ Fox. Jane Campion. p. 41.
- ↑ Mark Stiles, "Jane Campion", Cinema Papers, decembro de 1985 p434-435, 471
- ↑ Awards - 1986 Arquivado 01 de xullo de 2015 en Wayback Machine., Cannes Film Festival. Consultado o 13 de maio de 2010.
- ↑ "Festival de Cannes: The Piano". festival-cannes.com. Arquivado dende o orixinal o 03 de outubro de 2009. Consultado o 22 de agosto de 2009.
- ↑ Guthrie, Marisa (4 de novembro de 2011). "Jane Campion to Write, Direct Sundance Channel Miniseries Starring Elisabeth Moss". The Hollywood Reporter. Consultado o 6 de agosto de 2013.
- ↑ http://www.rottentomatoes.com/tv/top-of-the-lake/
- ↑ http://www.metacritic.com/tv/top-of-the-lake
- ↑ "Entertainment: Top of the Lake". Sydney Morning Herald (Fairfax). 18 de marzo de 2013. Consultado o 19 de marzo de 2013.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jane Campion |
Bibliografía
editar- Cheshire, Ellen: Jane Campion. Londres: Pocket Essentials, 2000.
- Fox, Alistair: Jane Campion: Authorship and Personal Cinema. Bloomington–Indianápolis: Indiana University Press, 2011. ISBN 978-0-253-22301-2.
- Gillett, Sue: 'Views for Beyond the Mirror: The Films of Jane Campion.' St.Kilda: ATOM, 2004. ISBN 1 876467 14 2 NLA citation
- Hester, Elizabeth J.: Jane Campion: A Selective Annotated Bibliography of Dissertations and Theses. ISBN 978-1-4848-1838-1, ISBN 1-4848-1838-5.
- Jones, Gail: 'The Piano.' Australian Screen Classics, Currency Press, 2007.
- Margolis, Harriet (ed): 'Jane Campion's The Piano.' Cambridge University Press, 2000.
- McHugh, Kathleen: 'Jane Campion.' Urbana e Chicago: University of Illinois Press, 2007.
- Radner, Hilary, Alistair Fox e Irène Bessière (eds): 'Jane Campion: Cinema, Nation, Identity.' Detroit: Wayne State University Press,2009.
- Verhoeven, Deb: Jane Campion. Londres: Routledge, 2009.
- Wexman V. W.: Jane Campion: Interviews. Roundhouse Publishing. 1999.
Ligazóns externas
editar- Jane Campion's Agent
- Jane Campion na IMDb (en inglés).
- Jane Campion Bibliography (vía UC Berkeley
- Senses of Cinema: Great Directors Critical Database
- Campion, Jane en The Encyclopedia of Women and Leadership in Twentieth-Century Australia